23 de novembro de 2014

JOÁN FERNÁNDEZ DE ARDELEIRO

JOÁN FERNÁNDEZ DE ARDELEIRO [B 1327 / V 933]

O que seja no pavío,
que me fez perder Pavía,
de que m'eu nada non fío,
al m'er fez, con sa perfía:
de noite, con mui gran frío,
que tangess'en pela fría;
mais aínda m'end'eu río
como s'end'el nunca ría.

Nen uas graças non rendo
a quen lhi deu tan gran renda,
perque m'eu del non defendo
nen acho quen me defenda;
e pois que eu non .mendo
nen me faz outren emenda,
ao Demo o acomendo
que o haja en sa comenda.

Coida-me lançar a mato;
mais o que me del máis mata
é que no meu desbarato
ele faz i gran barata;
se mia fazenda desato,
por quanto sei, el ma ata;
mais o de que m'eu percato,
d'el-Rei querer-mi, non cata.

Que mi ha de poer no pao,
esto diz que viu na paa;
e por én quanto ten, dá-o,
e a mia lavoira dá-a;
mais, pois eu non acho vao
a meu feito, sempre vaa
sa fazenda en ponto mao
e el muito en ora maa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario