28 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

441.- Así se demostra que o escultor, a forza de brazo, vai facendo saltar a golpes no bloque de mármore ou outra pedra dura, materia da obra que realiza, todo o que excede á figura encerrada nel. O seu exercicio, mecánico no alto grao, vai frecuentemente acompañado de copiosa suor, que se mestura co po e convértese en lodo. Co rostro enharinado como o dun panadeiro e todo el corpo cuberto de miúdas escamas de mármore, diríase que lle nevou encima. A súa habitación, chea de fragmentos de pedra, é sucia e porenta. 

21 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

440.- Entre a pintura e a escultura non encontro máis que esta diferenza: que o escultor executa as súas obras con maior fatiga de corpo que o pintor, e o pintor executa as súas con maior fatiga de mente. 

18 de xaneiro de 2021

Vocabulario médico galego

aerografía 



s.f. 1. Descrición da calidade do aire. 2. Radiografia que emprega o aire como contraste. 

14 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

439.- A escultura non é ciencia, senón arte moi mecánica. Produce con suor e fatiga corporal para o operario. Bastan ao escultor as simples medidas dos membros e o coñecemento dos movementos e actitudes, e aí termina o seu dominio; mostrando ao ollo cada obxecto como é, sen provocar a admiración do espectador; mentres que a pintura a conquista, exhibindo, a forza de ciencia, nunha superficie plana, as vastísimas campiñas cos seus afastados horizontes. 

11 de xaneiro de 2021

Vocabulario médico galego

zunido 






s.m. Son continuo, agudo e sibilante, que pode ser obxectivo ou subxectivo. // Z. de oídos Ruído subxectivo semellante ó que se percibe ó zoar un insecto, debido a unha alteración vascular ou dos órganos auditivos. Tamén se di tinnitus aurium. 

7 de xaneiro de 2021

Aforismos de Leonardo

438.- A escultura, con pouco traballo, mostra o que na pintura parece cousa de milagre: dar unha aparencia palpable a obxectos impalpables, relevo ao que é plano, distancia ao que está preto. En efecto, a pintura está ordenada de infinitas especulacións que a escultura descoñece. 

3 de xaneiro de 2021

Queres xogar ao xadrez?

Este ano vai ser seguramente, como o pasado, complicado para as competicións oficiais da Federación Galega de Xadrez.

Os nosos socios da asociación universitaria INCUDE están a buscar xogadores.

Bota unha ollada a súa web

2 de xaneiro de 2021

Inicio das Leis de Robótica

Un 2 de xaneiro naceu o grande Isaac Asimov, escritor e divulagor científico.

Non resulta fácil pensar en computadores sen preguntarse se algunha vez substituirannos, se serán quen de nos remplazar, tras consideraranos anticuados e se librarán de nós do mesmo xeito en que nos sacamos de enriba as lanzas e os chisqueiros de roda?
Se imaxinamos uns cerebros tipo ordenador, dentro das imitacións de metal dos seres humanos aos que chamamos robots, o medo é aínda máis directo. Os robots parécense tanto aos seres humanos que a súa mesma aparencia pode imbuírlles ideas de rebelión.
O mundo da ciencia ficción enfrontou con este problema nos anos vinte e trinta, e foron moitos os contos escritos con cautela respecto a robots que, unha vez construídos, volvíanse logo contra os seus creadores e destruíanos.
Cando eu era mozo empecei a cansarme cada vez máis de todas estas cautelas, posto que me parecía que un robot non deixaba de ser unha máquina e os seres humanos están constantemente construíndo máquinas. Dado que todas as máquinas son perigosas, dunha maneira ou outra, os seres humanos tampouco deixaron nunca de construír proteccións nelas.
...

1 de xaneiro de 2021

VENTUREIRO ANINOVO! E AS SORTES

Se segues as nosas publicacións diarias de efemérides saberás que en moitas partes de Galicia se cre que os primeiros días do ano indican como será o resto do ano. Son as chamadas sortes, os primeiros doce días do mes de xaneiro. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en todo xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro, etc. 

As resortes son os doce días seguintes, do 13 ó 24, e serven para ratificar ou contradicir ó prognóstico que anunciaron as sortes. Hai quen di que hai que fiarse máis do que din as resortes.

Podemos ir vendo que pasa neste ano. De entrada parece que xaneiro vai vir frío.

Hoxe hai 203 anos (1818) que a escritora Mary Shelley publicou a súa novela Frankenstein, ou o Prometeo moderno. 

Tamén se cumpren 138 anos (1892) de que se abrise Ellis Island. É posible que non sexa un nome coñecido para ti, pero se algún da túa familia emigrou hai anos a Estados Unidos, probablemente pasara por este espazo, o máis famoso centro de inmigración dos Estados Unidos.

122 anos de que culminase a loita pola "independencia" de Cuba. Moitos pensan que despois do desastre de 1898 Cuba, Filipinas e demais tornaronse independentes. O certo é que nesta data en 1899 o exército español entregou a illa de Cuba a Estados Unidos, que asumiu o seu goberno durante tres anos. Xusto neste mesmo día pero 60 anos despois Fidel Castro triunfa coa súa revolución.

Van 105 anos de que saise a rúa a revista mensual Suevia en Buenos Aires. Os contidos eran noticias galegas con críticas á situación social do país.

E para falar de algo noso o primeiro día de 1996 organizaouse o primeiro Torneo de Aninovo de Xadrez, xerme das Xornadas Lúdicas de Nadal de Palaestra. A foto é de hai 20 anos con dous xadrecistas xogando ese torneo na madrugada (e comendo polvoróns).