28 de febreiro de 2022

Vocabulario médico galego

aerografía







s.f. 1. Descrición da calidade do aire. 2. Radiografia que emprega o aire como contraste. 

26 de febreiro de 2022

Adestramento de xadrez

luns 28 de febreiro imos facer un adestramento para os socios de AGAX e xogadores federados do CIDU e do Sporting Club Casino.

Centro Comercial Los Rosales

17,00 - 19,30: Suizo a 5 roldas ritmo 15 min. finish

19,30 - 20,30: Xogos de mesa

20,30 - 21,30: Suizo a 5 roldas ritmo 15 min. finish

21,30 - 22,00: Partidas de pasapezas

O horario poderá variar se as roldas vanse adiantando.

Para os que queiran participar: 1 euro ou un kilo de comida.

25 de febreiro de 2022

Quantos og' andam eno mar aquí

Quantos og' andam eno mar aquí

Pai Gomez Charinho

Quantos og' andam eno mar aquí
coidan que coita no mundo non á
senón do mar, nen an outro mal ia.
Mais doutra guisa contece oie a mi:
coita d' amor me faz escaecer
a muy gran coita do mar, e tÊer
pola mayor coita de quantas son
coita d' amor a quen a Deus quer dar.
E é gran coita de mort' a do mar
mas non é tal, e por esta razón
coita d' amor me faz escaecer
a muy gran coita do mar, e tÊer
pola mayor coita, per boa fe,
de quantas foron, nen son, nen serán.
E estes outros que amor non an
dizen que non, mas eu direi qual é:
coita d' amor me faz escaecer
a muy gran coita d' amor, e tÊer
por mayor coita a que faz perder
coita do mar, que muitos faz morrer.

24 de febreiro de 2022

Aforismos de Leonardo

494.- Víbora.- A femia ataca ao macho -e isto é exclusivamente propio da súa especie- abrindo a boca e mordéndoo cos seus agudos dentes até matalo. Os fillos saen do seu corpo desgarrándolle o ventre e causando así a súa morte. 

23 de febreiro de 2022

Frase

Non hai discusión máis parva que a que se fai cunha persoa que entende do tema. 

19 de febreiro de 2022

Pai Soarez

Cuidava-m' eu, quando non entendia

Pai Soarez de Taveirós

Cuidava-m' eu, quando non entendia
que mal sen era de vós ben querer,
senhor fremosa, que m' én partiria
atanto que o podess' entender;
mais entend' ora que faç' i mal sen
de vós amar, pero non me part' én,
ante vos quero melhor todavia.
En mi cuidava que non poderia
de vós viir, mha senhor, se non ben,
ca non cuidei que me de vós verria
tan muito mal como m' agora ven;
e fazia dereito, ca non al,
en non cuidar que me veesse mal,
senhor fremosa, d' u o non avia.
E por mui gran maravilha terria,
senhor, que ora soubesse de qual
guisa mi ven -e dereito faria-,
ca nunca vistes maravilha tal,
ca me ven mal d' u Deus non o quis dar,
senhor, e coita mui grand' e pesar
de vós, de que mi viir non devia.
Poren, senhor, cousimento seria
e mesura grand' -assi Deus m' ampar!-
de mi fazerdes vós ben algun dia,
pois tanto mal me fazedes levar;
e se mi ben fezessedes, senhor,
sabed', a vós xe estaria melhor;
e demais Deus vo-lo gradeceria.


18 de febreiro de 2022

Cantares de cando o amor era novo

O amor foi o primeiro tema da literatura escrita en galego, hai xa 900 anos. A través de diferentes xéneros poéticos, formados a partir da vella raigame da tradición oral e dos salóns das cortes aristocráticas, os poetas da lírica galego-portuguesa compuxeron centos de cantigas dedicadas ao máis fecundo dos temas literarios da historia.

Ome que gran ben quer molher
Vasco Fernandez Praga de Sandin

Ome que gran ben quer molher
gran dereit' á de trist' andar;
ca se lh' ela non quer prestar,
al do mundo non lh' á mester.
Mais ¿que mester lhe pod' aver
o que lhe non pode tolher
tal cuita como sigo ten?
E se est om', a que Deus quer
per algÛa ventura dar
d' ela algun ben, log' a cuidar
dev' esto (se scient' ouver')
ca inda o á de perder,
e creo que dev' a morrer,
se o cuidar', con pesar én.
E tod' ome que se poder'
per algÛa guisa guardar
de nunca molher muit' amar,
fará bon sen, se o fezer';
que, enos dias que viver',
¿que pesar pode já prender
eno mundo per outra ren?
Mais quen s' én ben guardar quiser',
guarde-se ben de ir a logar
u veja o bon semelhar
da mia senhor, se lhe Deus der',
que a tal fez, end' o poder;
ca se o vir', log' á d' aver
mui gran cuita sen neun ben.

17 de febreiro de 2022

Aforismos de Leonardo

493.- Crueldade.- O basilisco é tan cruel que, cando non pode matar os animais cos seus ollos velenosos, vólvese contra as herbas e as árbores, e os deseca cos efluvios da súa mirada. 


16 de febreiro de 2022

15 de febreiro de 2022

Os nosos equipos na Liga de Xadrez

Victoria del equipo con más experiencia por un contundente 0-4, que sin embargo no refleja lo visto en los tableros.

Especialmente la partida de Diego contra Marcos, donde sólo un despiste privó a Diego del punto. Pero lo cierto es que en tres tableros en un momento u otro de la partida hubo ventaja de material para los jugadores de la escuela.


Acta del encuentro:


Próxima semana:

SPORTING CLUB CASINO - ESCOLA XADREZ CLUBEXA A

CIDU UDC - SPORTING CLUB CASINO 1890

14 de febreiro de 2022

Vocabulario médico galego

xordo-a 






adx. e s. 1. Privado do sentido do oído. // adx. 2. Relativo á dor persistente, non aguda. 3. Relativo ó son apagado, pouco vibrante. 

12 de febreiro de 2022

Pulp Fiction

O camiño do home recto está por todos lados rodeado polas inxustizas dos egoístas e a tiranía dos homes malos. Bendito sexa aquel pastor que en nome da caridade e da boa vontade saque aos débiles do Val da Escuridade, porque é o auténtico gardián do seu irmán e o descubridor dos nenos perdidos. E asegúrovos que virei castigar con gran vinganza e furiosa cólera a aqueles que pretendan envenenar e destruír aos meus irmáns, e o teu saberás que o meu nome é O Señor cando caia a miña vinganza sobre ti!!

Pulp Fiction

Unha escea mítica


11 de febreiro de 2022

Xadrez venres e sábado

Este sábado comeza a Liga Galega de Xadrez. Pero tamén temos outras actividades.

VENRES DE 18,00 A 18,30
Clases de iniciación no CC Los Rosales. Gratuitas. Para nados en 2008 ou seguintes.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 18,30 A 19,30
Torneo de partidas rápidas para nados en 2008 ou seguintes, tamén no Centro Comercial Los Rosales.
Información AQUI (PREME)

VENRES DE 20,15 A 21,15
No Centro Universitario de Riazor. Circuito de Inverno de partidas rápidas.
A información do circuito podela atopar AQUI (PREME)

SÁBADO DE 16,00 A 17,00
Liga AGAX Online Sub12
Ligazón desta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #bJrcAM9a • lichess.org

SÁBADO DE 17,00 EN ADIANTE
Liga Galega de Xadrez
Información do seu desenvolvmento: www.fegaxa.org 

10 de febreiro de 2022

Aforismos de Leonardo

492.- Donisela.- Descobre a cova do basilisco polo cheiro dos seus ouriños derramados, e mátao; pero moitas veces ese mesmo cheiro mata á donisela.

9 de febreiro de 2022

Kubrick

No 1968 a revista Playboy realizou unha entrevista a Kubrick, quen entón tiña 40 anos, aproveitando o furor e a controversia que a estrea da súa recente película 2001: Odisea no espazo desatara. Kubrick despachouse cunha estupenda reflexión sobre a existencia e o seu sentido.
 
Playboy: Se a vida carece de propósito, sentes que vale a pena vivir?

Kubrick: Si, para aqueles que dalgunha forma argallan o xeito de facer fronte á nosa mortalidade. A mesma falta de sentido da vida forza ao ser humano a crear o seu propio sentido. Os nenos, por suposto, comezan a vida cunha capacidade de asombro pura, poden experimentar total alegría con cousas sinxelas como o verdor dunha folla; pero ao crecer vanse dando conta do inevitable da morte e o seu envellecemento comeza a afectar esa consciencia e súbitamente erradica a súa alegría por vivir, o seu idealismo e a asunción da súa propia inmortalidade.

Cando un neno madura, mira morte e dor o seu redor e comeza a perder a fe, a maior bondade no humano. Pero se é razoablemente forte, e afortunado, pode emerxer deste tropezón da alma e renacer con novo impulso vital.

Grazas e a pesar de ser consciente do sinsentido da vida, pode construír un renovado sentido afirmativo do seu propósito. Talvez nunca poderá reapropiarse daquel sentido puro do asombro, pero pode moldear algo moito máis permanente e substancial.

O feito mais aterrorizante do universo non é que poida ser hostil senón que é indiferente; pero se podemos confrontar esa indiferenza e aceptar os retos da vida dentro dos límites da morte -sen importar que tan flexibles poidamos convertelos- a nosa existencia como especie pode atopar un xenuíno sentido e realización. Sen importar que tan basta poida ser a escuridade, debemos proxectar nosa propia luz.

8 de febreiro de 2022

Unamuno

Non che entenden? 
Pois que che estuden ou que che deixen; non has de rebaixar a túa alma ás súas entendedeiras.


Miguel de Unamuno

7 de febreiro de 2022

Vocabulario médico galego

xugulación 







s.f. Cesamento súbito dunha enfermidade trala aplicación das medidas terapéuticas oportunas. 


5 de febreiro de 2022

Dostoievsky

Non te mintas a ti mesmo. O home que se mente a si mesmo e escoita a súa propia mentira chega a un punto en que non pode distinguir a verdade dentro del, nin á súa ao redor, e por tanto perde todo respecto en por si e polos demais. E ao non ter respecto, deixa de amar. Por iso, por enriba de todas as cousas: non te mintas a ti mesmo.

Fiódor Dostoievski | Os irmáns Karamazov

4 de febreiro de 2022

Xadrez no fin de semana

En primeiro lugar lembramos que se publicaron este xoves os calendarios da Liga Galega de Xadrez, así que recomendamos que a xente vaia mirando cando pode ou non xogar.

VENRES 4 DE FEBREIRO

* 18,00 - 18,30: Clases de iniciación en CC Los Rosales. Gratuitas. Para nados en 2008 ou seguintes.

* 18,30 - 19,30: Torneo de partidas rápidas para nados en 2008 ou seguintes, tamén no Centro Comercial Los Rosales.

A información destas dúas actividades podela atopar AQUI (PREME)

* 20,15 - 21,15: empezamos hoxe o Circuito de Inverno.

Será no Centro Universitario de Riazor. Nesta ocasión o circuito so é para membros da Comunidade Universitaria ou membros do club de xadrez.

A información do circuito podela atopar AQUI (PREME)

SABADO 5 DE FEBREIRO

* 16,00 - 17,00: Liga AGAX Online Sub12

Para nados en 2010 ou seguintes.

Ligazón deste venres: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #aWIObFSg • lichess.org

3 de febreiro de 2022

Aforismos de Leonardo

491.- Basilisco.- É nativo da provincia Cirenaica. Non mide máis de doce dedos. Ten na cabeza unha mancha branca a maneira de diadema. Valéndose do seu asubío, caza toda clase de serpes. Aseméllase a unha cobra, pero non se move tortuosamente, senón manténdose ríxido, do medio do corpo á cabeza. Dise que, cando un xinete mátao dun lanzazo, o veleno do basilisco sobe ao longo da lanza e mata ao cabalo, pero non ao xinete. Destrúe os cereais que toca e aínda aqueles que só reciben o seu alento. 

2 de febreiro de 2022

V Concurso de Microrrelato

A Real Academia Galega e Puntogal Dominio Galego convocan o V Concurso de Microrrelatos co obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. 

O prazo de presentación dos contos de ata 200 palabras permanecerá aberto durante todo o mes de febreiro a través da páxina web https://relatos.gal/, onde se poden consultar tamén as bases e a composición dos xurado. Animádevos! 

1 de febreiro de 2022

Ela foise

Ela dixo que se iría e que levaría todo o que era seu. 

Ela foise. E non me levou a min. E eu era seu.

Jaime Sabines