30 de xuño de 2022

Aforismos de Leonardo

512.- Escorpión.- A saliva, cuspida en xaxún, mátao. De igual modo a abstinencia dos praceres do padal leva e mata as enfermidades que deles proveñen e abre o camiño da virtude. 

29 de xuño de 2022

Vocabulario médico galego

xinecoide 




adx. Semellante a unha muller, ou que presenta caracteres femininos. 

28 de xuño de 2022

Cita

Ninguén sabe o que fai mentres actúa correctamente, pero do que está mal un sempre é consciente.



Johann Wolfgang Goethe (1749-1832) Poeta e dramaturgo alemán. 

27 de xuño de 2022

Crónica Torneo Candidatos

O Torneo de Candidatos está cada día máis emocionante. A tensión respirase na sala de xogo. Os xogadores son conscientes de que esta pode ser unha das oportunidades máis importantes da súa vida, no que ao mundo xadrecística se refire. Tras superar o ecuador do torneo, estes 8 reis do xadrez aspiran ao trono mundial, como se unha de una serie de ficción se tratase. 

O que máis preto está de conseguilo é o anterior retador Ian Nepomniachtchi. O ruso ten este día un match ball frente a Fabiano Caruana, o seu perseguidor, que se encontra a 1 punto. Con todo, Nepo pretende redimirse da súa decepcionante actuación no Campionato do Mundo, contra o noruego Magnus Carlsen, perdendo cun global de 7½ contra 3½ e deixando erros impropios do seu nivel. Non obstante, as partidas neste Torneo de Candidatos deste Gran Mestre son absolutamente marabillosas. 

Para exemplo, a partido que tivo con pezas negras contra Richard Rapport. O húngaro, tras pensar durante más de tres cuartos, decide seguir unha liña certamente ariscada e Nepo non fallou, fixo as xogadas que propoñía o mesmo Stockfich e gañou. Foi un veni, vidi, vinci en toda regra. 

Pola outra banda, os claros favoritos para gañar este torneo están a desilusionar, tanto o chinés Ding Liren como o franco-iraní Firouzja. Ambolos dous están encontrando moitas dificultades para pasar das tablas. Actualmente, teñen 3½ e 3 puntos respectivamente. Estes resultados escapan ao entendemento xeneralizado pois Ding Liren está xogando un xadrez moi preciso e o xoven iraní introduce moitas novidades nas aperturas, axudado pola preparación do seu analista Cheparinov. Este último excedese no tempo que utiliza para cada xogada e ten demasiados nos apuros de tempo. Deste xeito, non consegue materializar esas oportunidades que posúe. 



Así, os resultado con 8 roldas xogadas son os seguintes: 

Posición

Nome

Puntuación

ELO

1

Nepomniachtchi, Ian   

6/8

2766

2

Caruana, Fabiano 

5/8

2783

3

Nakamura, Hikaru 

4½/8

2760

4

Rapport, Richard 

4/8

2764

5

Ding, Liren 

3½/8

2806

6

Duda, Jan-Krzysztof 

3/8

2750

7

Radjabov, Teimour 

3/8

2753

8

Firouzja, Alireza 

3/8

2793

Quedaremos pendentes do que poida pasar no mellor torneo do ano porque, non esquezamos, o xadrez é un deporte máxico na que os estados de ánimo son brutais. Todo o que suceda contarémollo aquí, neste blog. 


Un saúdo a todos dende o Palacio de Santoña,

Brais. 

25 de xuño de 2022

A era do capitalismo da vixilancia

A era do capitalismo da vixilancia

Shoshana Zuboff

Os nosos artistas, do mesmo xeito que os nosos mozos, son canarios na mina de carbón.

Que a necesidade de facernos invisibles sexa o tema dunha brillante vangarda artística é outra especie de mensaxe nunha botella que arroxamos ao océano desde a liña da fronte do loito e da repulsión. A vida de cristal é intolerable, pero tamén o é o axustar máscaras aos nosos rostros ou envolver os nosos corpos en tecidos dixitalmente resistentes para frustrar o funcionamento de máquinas alegais ubicuas. Como ocorre con todas as contradeclaracións, ocultar os riscos convértese nunha adaptación mesma cando, en realidade, debería ser un motivo de concienciación para a indignación. Estas condicións son inaceptables. Non basta con cavar túneles por baixo desa parede: a parede mesma debe ser derrubada.

O maior perigo é que terminemos sentíndonos como en casa xa sexa na vida de cristal ou agachándonos dela. Ambas as opcións róubannos esa interioridade que sustenta a nosa existencia, que nace nun asilo sacro e que é a que termina por diferenciarnos das máquinas. Ese é o manancial do que extraemos as capacidades de prometer e de amar, sen as que os lazos privados da intimidade e os vínculos públicos da sociedade se marchitan e morren. Se non cambiamos este rumbo xa, estaremos a deixar pendente un traballo ciclópeo para as xeracións que nos sigan. O capitalismo industrial expropiou a natureza e as xeracións posteriores hivemos que soportar a carga dun planeta que se consome.

Engadiremos a esa carga a da invasión e conquista da natureza humana por parte do capitalismo da vixilancia? Quedaremos mirando a escena mentres este impón sutilmente a vida da colmea e esixe o sacrificio dos dereitos de asilo e refuxio e ao tempo futuro en proveito da súa riqueza e da súa propio poder?


23 de xuño de 2022

Aforismos de Leonardo

511.- Cigarra.- Co seu canto fai calar ao cuco. Morre no aceite e revive no vinagre. Canta durante as calores ardentes. 

22 de xuño de 2022

21 de xuño de 2022

Cita

Como mala persoa son un completo desastre. Hai cheas de xente que afirman que non fixen nada malo en toda a miña vida. Por suposto só se atreven a dicilo ás miñas costas.





Óscar Wilde (1854-1900) Dramaturgo e novelista irlandés. 

20 de xuño de 2022

Inicio de A filla da árbore

A filla da árbore
por Miriam Allen DeFord

Se tivese que xogarme algo nunha aposta sobre cal dos dous acabará afundíndose antes, se a Rocha de Xibraltar ou Miriam Allen DeFord, escollería o primeiro e comezaría a buscar acomodo para os monos de Xibraltar no zoológico de San Francisco. Co seu oitenta anos ben cumpridos, Miriam pode
máis que calquera parella de nós nas reunións mensuais que celebra Mystery Writers of America en Rocca's de San Francisco. Ábreseme a boca só de pensar o que debeu ser cando estaba na flor da vida..., très formidable, como dirían os franceses. Se despois destas palabras imaxínanlla como unha grande dáme de impoñente figura que atafega á xente co seu aire de ter un contacto directo co arcanxo Gabriel polo menos, descarten esa idea. É unha muller miúda, case recatada , de voz suave e cun excitante sentido do humor.
Nunha carta dime que a este relato, o primeiro que publicou en «The Magazine of Fantasy and Science Fiction», seguiulle logo outro conto sobre unha árbore Gathi, a raíz do cal Tony Boucher acusouna de dendrofilia. Ela recoñece francamente esta peculiar afección. «Até o punto en que o raparigo se atopa co indio?escribe?, todo isto sucedeulle ao meu marido, exactamente tal e como está escrito, cando se trasladou de Baltimore a Seattle na súa primeira mocidade.»

O que máis lle oprimía a Le era o silencio. Na súa casa, en Boston, aprendera de memoria a Longfellow: «O murmurio dos piñeiros e os abetos». Alí habia piñeiros e abetos do Canadá, aínda que a maior parte do bosque estaba formado por abetos correntes e, sobre todo, abetos vermellos; pero ningún deles murmuraba. Non había paxaros cantores e só de cando en vez escoitaba a
chamada dunha tórtola. Mesmo botaba de menos o rumor do río Snoqualmie que tanto lle había importunado a primeira noite. O raparigo depositou no chan o hornillo de latón e as tixolas e latas, para dar un descanso aos seus ombreiros, e bebeu un longo grolo da súa botella de auga. Pensou que, talvez, a final de contas, fora unha insensatez non tentar cruzar esa ponte a medio terminar.

Pero xamais puidese cruzalo. Todas as bromas e burlas de Watt sobre os covardes jovenzuelos de dezaoito anos incapaces de manter o equilibrio só serviron para acenderlle a cara; non puideron obrigarlle a pór un pé sobre ese dispositivo tambaleante coas enormes fendas que se abrían no medio. Nunca soportara a altura. Certa vez, cando era un renacuajo e o seu pai levoulle a Vermont no verán, descubriu que se mareaba e sentía náuseas cando non tiña un terreo sólido baixo os pés.

Arranxaríallas moi ben só. Tiña unha machada para cortar a maleza se as matogueiras e os rododendros facíanse demasiado espesos. Se se topaba cun puma, ou mesmo cun oso, o
máis probable era que este retrocedese apresuradamente ao verlle. Non tiña medo.

Só que todo estaba tan terriblemente calado.

...

19 de xuño de 2022

Palabras para Julia - Paco Ibañez.


Palabras para Julia

Tú no puedes volver atrás
porque la vida ya te empuja
como un aullido interminable.
Hija mía es mejor vivir
con la alegría de los hombres
que llorar ante el muro ciego.
Te sentirás acorralada
te sentirás perdida o sola
tal vez querrás no haber nacido.
Yo sé muy bien que te dirán
que la vida no tiene objeto
que es un asunto desgraciado.
Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.
La vida es bella, ya verás
como a pesar de los pesares
tendrás amigos, tendrás amor.
Un hombre solo, una mujer
así tomados, de uno en uno
son como polvo, no son nada.
Pero yo cuando te hablo a ti
cuando te escribo estas palabras
pienso también en otra gente.
Tu destino está en los demás
tu futuro es tu propia vida
tu dignidad es la de todos.
Otros esperan que resistas
que les ayude tu alegría
tu canción entre sus canciones.
Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti
como ahora pienso.
Nunca te entregues ni te apartes
junto al camino, nunca digas
no puedo más y aquí me quedo.
La vida es bella, tú verás
como a pesar de los pesares
tendrás amor, tendrás amigos.
Por lo demás no hay elección
y este mundo tal como es
será todo tu patrimonio.
Perdóname no sé decirte
nada más pero tú comprende
que yo aún estoy en el camino.
Y siempre siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.
        José Agustín Goytisolo


18 de xuño de 2022

A era do capitalismo da vixilancia

A era do capitalismo da vixilancia

Shoshana Zuboff

Paradiso chámao revolución e Pentland di que é a morte da individualidade. Nadella e Schmidt avogan pola colmea das máquinas como modelo de conduta para nós, coa súa confluencia coercitiva e as súas harmonías anticipativas. Page e Zuckerberg entenden a transformación da sociedade como un medio para os seus propios fins comerciais. Hai disidentes entre nós, desde logo, pero a declaración dunha vida sen paredes non conseguiu até o momento desencadear unha retirada masiva do noso consentimento. Isto débese, en parte, á nosa dependencia e, en parte tamén, a que non sabemos calcular aínda a extensión e a fondura do que os arquitectos teñen preparado para nós, nin, menos aínda, as consecuencias que esa «revolución» pode entrañar.

As nosas sensibilidades están cada vez máis entumecidas, máis indiferentes á monstruosidade do Gran Outro, mentres este vai desenvolvendo, probando, elaborando e normalizando os seus elementos e características. Volvémonos xordos ao arrullo das paredes. Ocultarse das máquinas e dos seus amos vai deixando de ser unha obsesión da vangarda para converterse nun tema normal do discurso social e, finalmente, até das nosas conversas familiares durante a cea. Cada paso que damos por esa senda descendente está envolvido en algo moi parecido á proverbial néboa da guerra: fragmentos e incidentes dispersos que aparecen súbitamente, a cotío envolvidos na escuridade. Hai pouca marxe para percibir o patrón xeral, e non digamos xa as súas orixes e o seu significado. No entanto, cada borrado da posibilidade de asilo deixa un baleiro que enchen sen solución de continuidade (e sen levantar ruído) as novas condicións do poder instrumentario.

17 de xuño de 2022

Xadrez estes días

Actividades destes días, nos que estamos a pechar o curso.

VENRES 17

16,00 - 17,00: Final do Torneo Escolar do CBIS e remate do curso.

20,30 - 21,30: Torneo do Circuito de Rápidas no Centro Universitario de Riazor. 

SABADO 18 

11,00 - 20,00: Torneo de Promoción en Narón

16,00 - 17,00: Liga AGAX Sub12 Online

Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #glczZrId • lichess.org

17,00 - 20,00: Liga das Mariñas por equipos. Ritmo rápido. Vila Concepción.

16 de xuño de 2022

Aforismos de Leonardo

510.- Xustiza.- Pódese comparar a virtude da xustiza co rei das abellas, o cal ordena e dispón todas as cousas razoablemente; manda a algunhas que vaian ás flores, a outras que traballen, a outras que pelexen contra as avispas, a outras que quiten as inmundicias, a outras que acompañen e escolten ao rei. Cando é vello e perde as ás, transpórtano, e se algunha falta a este deber, castígana sen remisión. 

15 de xuño de 2022

14 de xuño de 2022

Cita

Cando se pode evitar un mal é necedade aceptalo.




Publio Terencio Afer (195 AC-159 AC) Autor cómico latino. 


13 de xuño de 2022

Resultados Torneo de Primavera

Medio centenar de participantes neste Torneo, que marca a recuperación dos Torneos de Palaestra despois da COVID. O último dos Torneos realizados na Coruña antes da COVID fora o Torneo de Entroido de 2020.

Aínda con algunhas cousas que aínda seguen pola COVID (menos saúdos coas mans, medallas entregadas pero non colgadas...) o Torneo xa recuperou a normalidade doutros anos.


Satisfeitos pola proba, na que destacaron os representantes do Mirko de Cambre (cmapións nas categorías absoluta e sub10) e os do Smyslov (campións nas categorías sub12 e sub8). 


CATEGORIA ABSOLUTA
1 SERGIO LÓPEZ, 5 10.5 15.0 15.0
2 ADRIAN QUEVEDO, 4 9.0 16.0 12.0
3 IAGO SOTO, 4 6.5 13.0 13.0
4 ANGEL DE BLAS, 1300 3.5 8.0 15.0 11.5
5 NOA GRACIA-MUÑOZ, 3 8.0 14.0 8.0
6 VERA GARCIA-MUÑOZ, 1244 3 7.5 12.5 8.0
7 HÉCTOR RAFAEL ARRESE, 1096 3 6.0 11.5 8.0
8 ALVARO ROGET, 3 5.5 10.0 10.0
9 RODRIGO LOPEZ, 1700 2.5 8.0 13.5 7.5
10 ROBERTO BLANDON, 1172 2 9.5 15.5 9.0
11 MIRZA WASFI, 2 7.0 11.5 7.0
12 MATEO BARREIRO, 2 6.5 10.0 4.0
13 ALBERTO GARCÍA, 1292 2 6.0 10.5 6.0
14 PAULA CANO, 1 8.5 14.5 4.0
15 NECO SANTISO, 1 7.0 10.5 1.0
16 ANABEL CANO, 1 6.5 11.5 3.0
17 BRAIS MARTINEZ, 1300 0.5 2.5 8.0 1.5


CATEGORIA SUB14
1 DAVID XIAO NOVO
2-3-4 PABLO ABEAL
2-3-4 MATEO NUÑEZ
2-3-4 GABRIEL DEL RIO
5 DIEGO ABEAL


CATEGORIA SUB10
1 ÓLIVER BORRAZÁS, 5 8.5 14.0 15.0
2 ÓLIVER SÁNCHEZ, 4.5 8.5 14.0 14.0
3 ZOE RODRÍGUEZ, 3.5 9.5 16.5 13.0
4 MARCOS ÁLVAREZ, 3 9.0 14.5 10.0
5 GUILLE FENTE, 3 8.0 13.5 9.0
6 NUNO GIL, 3 8.0 13.0 10.0
7 ALEJANDRO LOPEZ, 3 7.5 12.5 10.0
8 SIMÓN GARCÍA, 3 6.5 11.5 8.0
9 SARA LAPIDO, 3 4.5 7.0 6.0
10 LEO COBAS, 2 8.5 12.0 7.0
11 LUCAS CORDERO, 2 8.0 13.5 7.0
12 LUCAS LORENZO, 2 8.0 13.0 6.0
13 ROMAN FANDIÑO, 2 7.5 12.5 5.0
14 ÀLEX ESPERON, 2 5.0 8.5 4.0
15 PABLO MARIÑO, 1 7.0 11.5 2.0
16 DANIEL ADRIAN REDGRAVE, 1 4.0 12.0 2.0
17 NUNO GARCIA, 1 3.0 7.0 3.0
18 MARTIM MOURA, 0 8.0 13.0 0.0


CATEGORIA SUB8
1 AVARO CARRIL, 5 8.5 15.0 15.0
2 DENYS DEMYDOV, 4 8.0 15.0 12.0
3 JOAQUÍN DEL RÍO, 3.5 6.5 13.0 8.0
4 MAR RODRÍGUEZ, 3 5.5 9.5 7.0
5 EMMA ETTERBEEK, 2.5 9.5 16.5 9.0
6 CLAUDIA RUIZ, 2.5 8.0 13.0 9.0
7 NAZARET BALBOA, 2.5 7.0 13.5 9.5
8 MATEO FREIJEIRO, 2 7.5 11.5 5.5
9 ARIADNA LÓPEZ, 2 5.5 9.0 5.5
10 IAGO RAMOS BARALLOBRE, 1.5 7.5 11.0 4.5
11 HECTOR RODRIGUEZ, 1.5 7.0 12.0 5.0
12 JOSE LUIS LLEO, 0 6.5 11.0 0.0


Grazas a todos por participar e sobre todo ao Centro Comercial Los Rosales que unha vez mais acolleu esta proba.

11 de xuño de 2022

Shoshana Zuboff

Shoshana Zuboff
, autora do libro A era do capitalismo da vixilancia, que leva como subtítulo o clarificatorio de A loita por un futuro humano fronte ás novas fronteiras do poder, dedica o seu estudo a refelxionar como na actualidade mércanse e véndense predicións sobre o noso comportamento e iso pode levar a medios de modificación de conduta.

Non só estamos encadeados, estamos contentos de estalo.

Hai que mobilizar novas formas de acción colaborativa.

10 de xuño de 2022

XADREZ FIN DE SEMANA

Fin de semana con distintas actividades:

VENRES 10 DE XUÑO.

17,00: Entéga dos premios do Torneo de Xadrez do aniversario do CIDU - INCUDE na súa categoría lúdica escolar celebrada no Coruña British International School.

20,00: Torneo de partidas lóstrego no Centro Comercial Los Rosales.

SÁBADO 11 DE XUÑO.

Non haberá Liga Online por ter ás 17,00 o Torneo de Primavera.



LUNS ULTIMO DIA PARA ANOTARSE NO TORNEO DE NARON, DO CIRCUITO PROMOCION (ATA CATEGORÍA SUB14).

O mesmo día que o Torneo de Narón (sábado 18) teremos pola tarde para os maiores e os que non queran ir a Liga das Mariñas na súa versión rápida.

9 de xuño de 2022

Aforismos de Leonardo

509.- Tarántula.- A mordedura da tarántula mantén ao home na disposición de espírito en que se achaba cando foi mordido. 

8 de xuño de 2022

7 de xuño de 2022

Cita

Ao home perverso coñéceselle nun só día; para coñecer ao home xusto fai falta máis tempo.




Sófocles (495AC-406AC) Poeta tráxico grego. 

3 de xuño de 2022

Torneo de Primavera de XADREZ

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos o Torneo de Primavera para este 2022, no que tentaremos recuperar as actividades previas á COVID.

Agardamos a vosa presencia!

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA

Data: 11 de xuño de 2022.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.

Partcipantes: Ata 60 participantes.

Inscricións: Abertas ata o xoves 9 de xuño. Exclusivamente a través do formulario ligado:

Actividade complementaria: O venres 10 teremos ás 20,00 no mesmo lugar un torneo de partidas rápidas.

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: Gratuito.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

2 de xuño de 2022

Aforismos de Leonardo

508.- Araña.- Saca de si mesma a obra mestra da súa artificiosa tea, que lle dá como premio do seu traballo a presa nela prisioneira.