31 de xullo de 2017

Fragmento de Saxo Tenor

Texto de Roberto Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego.

O LANZAO: ¡Ei! ¡Ei! ¡Ei! ¡Non se confunda comigo, señora! Verá, eu entendo que haxa xente coma vostede que aínda lle garda fe ó conto ese da xustiza, pero un é como é e non vai cambiar por unha cousa destas. Eu non lle facilitaría o traballo ós madeiros, nin tan sequera para foder a estes dous lendias.
A SEÑORA ELEGANTE: (Dirixíndose a todos) ¡Vós eráde-los seus amigos! ¿Ides deixar que quede sen explicación a súa morte?
CHONCHONIÑA: Deixe o conto, señora. Se o rapaz morreu polo que eu penso, sabelo ou non, en nada a axudaría a alivia-las súas penas.
O SINATRA: Era o que nos faltaba, ser confidentes da policía.
O TIO SAM: Aquí, señora, a morte nunca lle foi moi dada a explicarse. Vén, sacódenos, e vaise.
...

30 de xullo de 2017

PERO GARCÍA BURGALÉS

PERO GARCÍA BURGALÉS

Ja eu non hei oimais por que temer
nulha ren Deus, ca ben sei eu d'el ja
ca me non pode nunca mal fazer,
mentr'eu viver, pero gran poder ha,
pois que me cedo tolheu quanto ben
eu atendía no mund'e, por én,
sei eu ca me non pode mal fazer.

Ca tan boa senhor me foi tolher
qual el ja .no mundo non fará,
nen ja eno mundo par non pode haver;
e quen aquesta viu ja non veerá
tan mansa e tan fremosa e de bon sén,
ca esta non menguava nulha ren
de quanto ben dona devi'haver.

E pois tan bõa senhor fez morrer,
ja eu ben sei que me non fará mal;
e pois eu d'el non hei mal a prender,
e a gran coita que hei me non val
por ela, pois que mi a fez morrer Deus,
El se seja en poder de Judeus
como se viu ja outra vez prender!

E tod'homen que molher ben quiser,
e m'esto oír, e amen non disser,
nunca veja de quanto ama prazer!

29 de xullo de 2017

Inicio de O CAPITÁN HONARIO HARPPLAYER

O CAPITÁN HONARIO HARPPLAYER
Harry Harrison

As mans entrelazadas detrás das costas, apertando os dentes con furia impotente, o Capitán Honario Harpplayer medía de arriba abaixo o pequeno alcázar do Redundant, navío de guerra da Armada da súa Maxestade. Á súa vista e paciencia, a abatida flotilla francesa retornaba maltreita a porto, en farrapos as velas a mercé dos ventos, as vergas a remolque pola auga, pampos os cascos astillados alí onde o lume dos seus canóns fixese estalar o fráxil maderamen.
- Señor Shrub, mande dous brazos a proa, se me fai o favor - dixo - para que lle boten auga á vela maior. Coas velas molladas aumentaremos a nosa velocidade nun oitavo de nó, e así quizais podamos aínda dar alcance a esas ratas covardes.
- P-pero, señor - tartamudeó o estúpido primeiro oficial Shrub, amedrentado ante o pensamento de discrepar co seu adorado capitán -. Se continuamos sacando brazos das bombas, afundirémonos. Temos trece fendas en diferentes sitios por baixo da liña de flotación, e...
- Voto a bríos, señor! Impartín unha orde, non lle pedín que convoque a un debate. Faga inmediatamente o que se lle ordenou.

...

28 de xullo de 2017

Marilyn

Marilyn
M. Vázquez Montalbán

Algo funciona mal despois de millóns e millóns de anos da Creación, aquela auténtica chapuza elaborada con crueldade e desprezo de sexo, para que os mitos sigan sendo necesarios e xa non se autoxustifiquen pola Gran Ignorancia Orixinal. Ao contrario, os mitos contemporáneos baséanse na lucidez do mitómano escultor de ansiedades, e aí está o de Marilyn Monroe conmemorado corenta anos despois da súa morte, defunción censada, con día e hora, a diferenza da de Eurídice ou a de Cloe, mitos previos ao tempo histórico e non digamos xa ao informativo.
...

27 de xullo de 2017

Aforismos de Leonardo

290.- Todo corpo que se move con rapidez parece tinguir da súa propia cor a súa traxectoria. O lóstrego que rompe as nubes sombrías, aseméllase na rapidez do seu curso a unha culebra luminosa. Imprimide a un tizón un movemento circular, e aparecerá un círculo de lume. Este fenómeno resulta de que a impresión é máis rápida que o xuízo. Cando pasamos da claridade á sombra, esta parécenos máis escura, até tanto que o ollo perdese a impresión da claridade. 

26 de xullo de 2017

Aniversario de Antonio Machado

Antonio Machado Ruiz, nado en Sevilla o 26 de xullo de 1875 e finado en Collioure, Francia, o 22 de febreiro de 1939, foi un poeta español da xeración do 98.

CAMINANTE

Caminante, son tus huellas
el camino, y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino,
sino estelas en la mar.

25 de xullo de 2017

As pirámides exipcias

As pirámides exipcias.

O fundador do IV dinastía, Snefru, mandou construír tres pirámides. A primeira delas, situada ao sur de Gizeh, pasou por diferentes etapas construtivas ata que se cubriu cada un dos seus lados por un plano liso. Esta forma piramidal tan característica responde simbólicamente á consolidación definitiva do rei como divindade.

Ademais, ideáronse varias construcións vinculadas á cámara sepulcral propiamente dita. En primeiro lugar o templo do val, situado xunto ao río; do val partía unha calzada que conducía ao templo funerario situado na parte oriental da pirámide. Desde entón estes elementos arquitectónicos incorporaríanse aos conxuntos funerarios.

As pirámides de Dahshur ilustran outros tanteos na procura dunha fórmula arquitectónica con función funeraria. Alí atópase a pirámide crebada, cuxos lados posúen dous ángulos de inclinación, e a pirámide modelo, a máis antiga das conservadas na actualidade, xa cos planos resoltos en forma triangular, aínda que os seus lados sexan isósceles e non equiláteros.

24 de xullo de 2017

Cita

Ata hoxe as máquinas non abreviaron unha hora o traballo dun só ser humano.

John Stuart Mill

23 de xullo de 2017

PERO DE ARMEA

PERO DE ARMEA

Donzela, quen-quer entendería
que vós mui fremosa parescedes;
se assí é, como vós dizedes,
no mundo vosso par non havía;
ha un que i vosso par houvesse:
quen a meu cuu concela posesse,
de parescer ben vencer-vos-ía.

Vós andades dizend'en concelho
que sobre todas parescedes ben;
e, con tod'esto, non vos vej'eu ren,
pero poedes branqu'e vermelho;
mais, sol que s'o meu cuu de si pague
e poser un pouco d'alvaiade,
reveer-s'-á convosco no espelho.

Donzela, vós sodes ben talhada,
se no talho erro non prendedes
ou en essa saia que vós tragedes;
e, pero sodes ben colorada,
quen ao meu cuu posesse orelhas
e lhi ben tingesse as sobrancelhas,
de parescer non vos devera nada.

22 de xullo de 2017

Inicio de O Funeral de John Mortonson

Ambrose Bierce
O Funeral de John Mortonson


John Mortonson morreu: o seu obituario fora lido e el deixara a escena.

O corpo descansaba nun fino cadaleito de mahogany cunha placa de cristal encaixada. Todos os axustes para o funeral foran tan ben dixitados que sen dúbida, se o defunto soubera, de seguro que os aprobara. O rostro, como se podía ver a través do cristal, non tiña aspecto de desagrado: perfilaba un tenue sorriso, coma se a morte non lle resultara dolorosa, non estando distorsionado máis aló do poder reparador do funebrero. Ás dúas da tarde os amigos foron citados para render o seu último tributo de respecto a aquel quen non tivera maior necesidade de amigos e de respecto. Os membros da súa familia foron pasando cada varios minutos á capela e choraron sobre os restos plácidos baixo o cristal. Isto non foi bo; non foi bo para John Mortonson; pero en presenza da morte a razón e a filosofía permanecen mudas.
...

21 de xullo de 2017

Inicio das ESTATUAS DA NOITE

Clark Ashton Smith
AS ESTATUAS DA NOITE

Limitadas por un horizonte afastado, que desde certo punto atópase moi remoto e parece fundido coa brillantez azul dun ceo metálico, contrastan o negro esplendor das súas formas marmóreas co insuperable resplandor do sol. Construídas no amencer dos tempos, por unha raza cuxas tumbas en forma de torre e cidades de altas cúpulas constitúen agora un só po co dos seus construtores nas lentas evolucións do deserto, permanecen en pé para contemplar os terribles amenceres postremeiros, que xorden noutros países, consumindo os veos da noite nas desolacións infinitas. Ao mesmo nivel
da luz, as súas ceños temibles conservan o orgullo dos reis Titánicos. Nos seus ollos de mirada pétrea, implacables e sen pálpebras, reflíctese a desesperación de quen contemplaron o infinito durante demasiado tempo.

...

20 de xullo de 2017

Aforismos de Leonardo

289.- Así como un corpo que se move con lentitude en sentido contrario á súa tendencia natural vólvese despois en tanto máis empuxe, mentres que aquel que retorna tras frecuentes pero breves percorridos adquire pouco empuxe en cada intervalo, así tamén o estudo dunha mesma materia, feito con longos intervalos de tempo, permite ao xuízo facerse máis perfecto e máis capaz de recoñecer os erros. O mesmo fai o ollo do pintor para criticar a súa obra. 

19 de xullo de 2017

Inicio de O Asasino - Stephen King

O Asasino
Stephen King
 
Repentinamente espertouse sobresaltado, e deuse conta que non sabía quen era, nin que estaba a facer aí, nunha fábrica de municións. Non podía lembrar o seu nome nin que estivera facendo antes. Non podía lembrar nada.
 
A fábrica era enorme, con liñas de ensamblaxe, cintas transportadoras e co son das partes que estaban a ser ensambladas.
 
Tomou un dos revólveres terminados desde unha caixa onde estaban a ser, automaticamente, empaquetados. Evidentemente estivera operando na máquina, pero agora estaba parada.

Recolleu o revólver como algo moi natural. Camiñou lentamente cara ao outro lado da fábrica, ao longo das ramplas de vixilancia. Alí había outro home empaquetando balas.

...

18 de xullo de 2017

A sala hipóstila

A sala hipóstila.

A sala hipóstila é un dos espazos orixinais con maiores logros artísticos pola beleza e variedade das súas columnas. No complexo de Djoser atópanse formas de columnas, que perdurarán na arquitectura de todos os períodos históricos, como as que se achan encostadas aos muros do edificio ao lado norte, que imitan os talos de papiros con fustes de sección triangular e capiteis acampanados. Dentro do recinto hai un conxunto de patios, a modo de prazas, a ambos os dous lados da pirámide.

No lado sur, o patio máis grande está concibido para celebrar a carreira ritual do faraón na que demostra aos seus súbditos que aínda está en plena forma e ten enerxía para prolongar o seu mandato.

Dentro do patio, situados nos dous extremos do eixo lonxitudinal, hai varias construcións: no norte, un pequeno altar con rampla e un templo; no sur, un edificio con planta en forma de B. A pirámide graduada, construída para acubillar o ka do rei, non é senón unha superposición de seis mastabas para dar maior monumentalidade e gardar unha proporción de escala harmónica fronte á gran muralla. Con posterioridade, enchéronse os ocos entre as diferentes terrazas, dando orixe á forma característica das pirámides. Baixo a pirámide atópase a cámara sepulcral, na que se gardaba o sarcófago e o axuar funerario, con outras cámaras adxacentes unidas por un corredor laberíntico.

17 de xullo de 2017

Cita

Calquera cousa que sufoque a individualidade é despotismo, chámese como se chame.

John Stuart Mill

16 de xullo de 2017

PERO DE AMBROA

PERO DE AMBROA

Pero d'Armea, quando composestes
o vosso cuu, que tan ben parescesse,
e lhi revol e concela posestes,
que donzela de parescer vencesse,
e sobrancelhas lhi fostes põer,
tod'est', amigo, soubestes perder
polos narizes, que lhi non posestes.

E, Don Pedro, põede-lh'os narizes,
ca vos conselh'eu o melhor que posso;
e matarei uu par de perdizes,
que atán bel cuu com'esse vosso,
aínda que o home queira buscar,
que o non possan en toda a terra achar
de San Fagundo ata San Felizes.


E, Don Pedro, os beiços lh'er põede
a esse cuu, que é tan ben barvado,
e o granhón ben feito lhi fazede
e faredes o cuu ben arrufado;
e punhade logo de o encobrir,
ca, se vejo Fernand'Escalho vir,
sodes solteiro, e seredes casado.

15 de xullo de 2017

Inicio de Franz

Franz
M. VÁZQUEZ MONTALBÁN

O home é o que come e o que le, dixeron Aristóteles e Pepe Carvalho, en estraña coincidencia por encima dos séculos. E se alguén inventase unha máquina para detectar de que sustancia están feitas as emocións fundamentais de varias xeracións de españois aparecería o TBO como medio de comunicación orgánico, urdidor de ideoloxías e propostas de acción, algo así como Pravda ou Abc, pero con diferentes obxectivos. Un dos máis singulares protagonistas do TBO era o profesor Franz de Copenhague, pseudónimo dun técnico catalán, o señor Ramón Sabatés, o único concidadán que sen facer caso das consignas de Unamuno, estivo a inventar sistematicamente ao longo de máis de 50 anos e ofreceu as súas fazañas imaxinativas a millóns de nenos e adolescentes.
...

13 de xullo de 2017

Aforismos de Leonardo

288.- A pupila do ollo, en pleno aire, cambia de dimensión a cada grao do movemento solar, e coas variedades da pupila prodúcese unha variación na penetración visual do mesmo obxecto, aínda que a comparación dos obxectos que nos rodea impídanos frecuentemente descubrir eses cambios no obxecto que miramos. 

11 de xullo de 2017

O primeiro gran recinto funerario

O primeiro gran recinto funerario.

Construído por Imhotep para albergar a tumba de faraón Djoser -fundador do III dinastía- este gran recinto funerario acollía nun só conxunto todos os edificios e salas necesarios para celebrar os rituais que tiñan lugar para continuar a vida máis aló da morte.

Trátase da primeira vez en que a idea de vida eterna atopa tradución arquitectónica.

Así, moitas das solucións adoptadas serviron de modelo para as construcións funerarias posteriores. O rei Djoser conseguiu imporse sobre o clero e organizar unha política centralizada, de carácter absolutista, sobre todo o territorio exipcio. Impuxo a adopción do culto ao Sol, Ra, con superioridade total sobre os demais deuses. A divinización do monarca transformouse. O rei xa non era fillo ou representante do deus, senón parte da mesma divindade.

O conxunto arquitectónico é un recinto rectangular, rodeado por un perímetro de muralla de dous quilómetros. Encerra no seu interior unha pirámide graduada xunto a outras edificacións que acollían as salas cerimoniais e os almacéns, así como un conxunto de tumbas. A muralla, de dez metros de altura, presenta en todo o seu percorrido acanaladuras verticais de ángulos rectos, que son a transcrición en pedra calcaria dos muros realizados con ladrillos de adobe de épocas anteriores. Ten catorce portas falsas e unha única verdadeira, de pequenas dimensións. A través dela accédese a un corredor estreito, pasadizo procesional, polo que se penetra nunha sala cuberta, que consta de tres naves separadas por columnas acanaladas.

As columnas transcriben en pedra canas que constituían os soportes nas construcións predinásticas. A nave central é máis elevada que as laterais, o que permite a abertura de pequenos vans para a entrada de luz natural. Nas naves laterais as columnas están encostadas á parede, xa que nas primeiras construcións os exipcios non adoptaron as posibilidades da sustentación libre. Por ese motivo as columnas teñen unha función simbólica e non tectónica.

10 de xullo de 2017

Citas

O valor dunha nación non é outra cousa que o valor dos individuos que a compoñen.

John Stuart Mill

9 de xullo de 2017

PERO DE AMBROA

PERO DE AMBROA


O que Balteira ora quer vingar
das deshonras que no mundo prendeu,
se ben fezer, non dev'a começar
en mí, que ando por ela sandeu,
mais começ'ant'en reino de León,
u pres deshonras de quantos i son,
que lh'as deshonras non queren peitar.

Ca en Castela foi-a deshonrar
muito mal home, que non entendeu
o que fazía, nen soube catar
quan muit'a dona per esto perdeu;
e quen a vinga fezer con razón
destes-la vingue, ca en sa prison
and'eu e dela non m'hei d'emparar.

E os mouros pense de os matar,
ca de todos gran deshonra colheu
no corpo, ca non en outro logar;
e outro tal deshonra recebeu
dos máis que ha no reino d'Aragón;
e deste-la vingu'el, ca de min non,
pois ha sabor de lhi vingança dar.

8 de xullo de 2017

Inicio de 2.000.000

2.000.000
M. VÁZQUEZ MONTALBÁN

Os pobos ás veces votan a Hitler ou a Berlusconi porque se cansan de que a realidade non se corresponda co desexo e só quede a esperanza da chegada dun circo, o que sexa, para que as xentes, por fin, poidan verlle o cu á deusa, é dicir, á elefanta. Máis de dous millóns de italianos rexeitaron na rúa ao renacido terrorismo das Brigadas Vermellas e a Berlusconi, ao que xa se lle viu case todo. E ao rexeitar ao terrorismo condenan aquel escuro, tráxico ruído que nos anos setenta impediu o compromiso histórico polo procedemento de asasinar a Aldo Moro e deixar así á Democracia Cristiá máis preto da Mafia que de Cristo, ao Partido Comunista entre o sorpasso e a nada e a todo un país a punto para que unha coalición de aventureiros, racistas económicos e posfascistas acabasen como vencedores obxectivos da guerra fría.
...

7 de xullo de 2017

Fragmento de Habitante Único, de Manuel Álvarez Torneiro

Manuel Álvarez Torneiro, naceu na Coruña o 7 de xullo de 1932, xornalista e poeta galego, gañou o Premio Nacional de Poesía en 2013.

AGRADECEMENTO

A ti, innomeable. 
A ti, de luz de cedo. 
A ti, sinal, ou libro, ou extravío. 
Fatón da tarde que non morre nunca. 
A ti, liña lentísima das aves. 
Cifra de sal e seda dos dormidos. 

...

6 de xullo de 2017

Aforismos de Leonardo

287.- Neste caso, a natureza velou en defensa da facultade visual; cando a ofende unha luz excesiva, restrinxindo a pupila do ollo; e agrandándoa, ao contrario, cando a escuridade de diversos graos a molesta, como se faría coa abertura dunha bolsa. E a natureza procede como o que, recibindo demasiada luz na súa habitación, pecha a medías a súa xanela, máis ou menos, segundo a necesidade; e ábrea completamente cando chega a noite, para poder ver mellor dentro do seu cuarto. E usa aquí a natureza dunha continua adaptación da pupila, a proporción de claridade ou escuridade que penetra no ollo.

5 de xullo de 2017

IV CORUÑA EN SEPIA

A foto non corresponde ao municipio, pero non está moi lonxe.
Por primeira vez unha fotografía desta actividade sae fora.
Onde é?

4 de xullo de 2017

As mastabas

As mastabas

A partir da III dinastía construíuse a necrópole de Saqqarah ou Sakkara, ao oeste da cidade de Menfis, no Delta, onde estaban enterrados os altos funcionarios. Implantouse entón a mastaba como modelo de tumba, aumentando progresivamente o tamaño e a complexidade. As mastabas son sepulturas escavadas no chan rochoso, sobre as que se constrúe unha sala con muros de ladrillo en noiro, decorados no seu interior con baixorelevos. En xeral constaban de dúas zonas independentes, unha capela funeraria e unha cámara sepulcral. Debaixo da capela situábase a cámara funeraria que, posteriormente, incorporouse ao interior. Ao ser un espazo subterráneo, o acceso á cámara sepulcral realizábase a través dun foso vertical, que atravesaba o túmulo de pedra e era cegado tras o enterramento. O sarcófago co axuar funerario e as ofrendas, indispensables para a vida de ultratumba do defunto, quedaban así protexidas.

Nos seus comezos a estrutura exterior da mastaba era totalmente maciza e a capela encostábase na parte oriental do túmulo. Cando esta quedou incorporada ao interior, a partir da III dinastía, a mastaba converteuse paulatinamente nunha edificación máis complexa. A cámara funeraria multiplicouse en diversas cámaras de ofrendas ata alcanzar un gran número de aposentos.

Nas proximidades das mastabas atopábanse outros cemiterios secundarios. Neles acháronse tumbas de serventes, que foron sacrificados para que seguisen servindo aos seus señores na outra vida. O maior número de mastabas agrúpase en Saqqarah e tamén Gizeh, aínda que no seu desenvolvemento histórico e tipolóxico non presentan unha morfoloxía única e existen múltiples variantes cunha estrutura similar.

A existencia de mastabas perpetúa mesmo despois da morte as diferenzas sociais existentes na sociedade exipcia. En contraste coas pobres construcións funerarias da maioría da poboación exipcia, as mastabas dos funcionarios de alto rango eran verdadeiras mansións funerarias con multitude de cámaras de culto, luxosamente decoradas con pinturas cubrindo os muros. Nelas relatábanse os títulos e dignidades que posuía o defunto e reproducíanse escenas da vida cotiá. Multiplicáronse tamén as estatuas do defunto, repartidas nas cámaras, para que os visitantes puidesen admiralas.

3 de xullo de 2017

Aristóteles

Nas argumentacións utilizamos as palabras en lugar das cousas porque non podemos dispor das cousas mesmas.

Aristóteles

2 de xullo de 2017

PERO DE AMBROA

PERO DE AMBROA

Maior García ést'homiziada,
que tanto guarda seu corpo, de pran,
que ja de noite nunca ela man,
como as outras, na súa pousada;
e guarda-se, ja nunca tanto vi:
ca, u man hoje, non marrá cras i,
des i, de noite, nunca dorme nada.

E, con todo esto, assí é custuiada,
que non pode home saber seu talán,
e en máis de cen logares a verán
deitar, mais pouco é i sa ficada;
e, u alberga, direi-vos o que faz:
nunca homen n.ún na casa jaz
que o a meos non cate ua vegada.

E anda-s'ela tan dessegurada,
come se nunca i prendesse afán;
non ést'assí, ca muitos vos dirán
que ben mil vezes lhe meten ciada,
e non a pode nulh'homen colher
na mão, se i a non acha jazer,
ou quando'sté, ou quando é levantada.

E non a poderá homen achar
senón quando se quiser levantar,
ou ao serão ou aa madrugada?

1 de xullo de 2017

Inicio de A Musa de Hyperborea

Smith, Clark Ashton
A Musa de Hyperborea

Demasiado lonxe queda o seu pálido e mortal rostro, e demasiado remotas as neves do seu peito letal como para que os meus ollos poidan contemplalos xamais. Pero hai veces en que me chega o seu murmuro, como un xeado vento de ultratumba, debilitado despois de atravesar os golfos que separan aos mundos, e que xurdiu  sobre os últimos horizontes de desertos rodeados de xeo. E fálame nun idioma que nunca ouvín, pero que sempre coñecín; e fálame de cousas mortais e de cousas marabillosas, fóra do alcance dos desexos estáticos do amor. 
...