30 de xullo de 2020

Aforismos de Leonardo

415.- Ves, en efecto, que a pintura feita sobre un plano mostra cousas que parecen destacarse, e o espello, tamén sobre un plano, realiza o mesmo. A pintura é unha soa superficie e analogamente o espello. A pintura é impalpable en canto os obxectos que nela parecen redondos e saíntes non poden circundarse coas mans; e o mesmo pasa co espello. O espello e a pintura mostran as imaxes das cousas envoltas en sombra e luz; unha e outra aparecen bastante máis aló das súas superficies. 

29 de xullo de 2020

Novela semanal. 22ª entrega.

Os dous homes camiñan a paso acelerado pola rúa. Ao pasaren ao lado do Peugeot Amans decátase de que Duchamps está a mirar o coche. Déixao aí, dille, seguramente teña un localizador. Dous cruces de rúa despois chegan ao coche de Amans, un discreto Lamborghini rosa. O condutor introduce a chave e comeza a saír un ruído enxordecedor polo tubo de escape. Pisa o acelerador a fondo e saen lazados cara á avenida principal da cidade. 

O detective, que non falara nada desde que saíran do café, rompe o seu silencio. Que está pasando aquí? Quen é esa xente que foi ao meu despacho? Quen es ti? Amodo, raparigo. Vaime estoupar a cabeza con tanta pregunta. De acordo, de acordo. En primeiro lugar, quen era esa xente? Esa xente que foi facer unha visita ao teu despacho é xente do goberno. Bueno, non exactamente o goberno, senón o Corpo Secreto de Intelixencia. Sospeito dende un tempo que teñen relación cos asasinatos acontecidos en Vaillard estes derradeiros meses. E ti fas que en medio de todo isto? Pregunta Duchamps impacientemente. Direicho cando cheguemos ao sitio de destino, pero porque sei que es amigo de Gérard e eu confiaba moito nel. Encóllese o corazón de Duchamps ao escoitar falar do Comisario en pasado.

 

Continuará...


27 de xullo de 2020

Vocabulario medico galego

acromatopsia 













s.f. Falta de percepción das cores, visión en gris.
// A. parcial. Daltonismo. 

23 de xullo de 2020

Aforismos de Leonardo

414.- Debes tomar ao espello por mestre -falo dun espello plano-, porque sobre a súa superficie as cousas aseméllanse en moitas partes á pintura. 

22 de xullo de 2020

Cita

Ás veces de noite, acendo a luz para non ver a miña propia escuridade. 








(Antonio Porchia)

20 de xullo de 2020

16 de xullo de 2020

Aforismos de Leonardo

413.- Cando queiras ver se a túa pintura en conxunto está conforme co obxecto que ela tomou do natural, procúrache un espello e feixe que nel se reflicta a cousa viva, parangonando coa túa pintura a imaxe reflectida no espello; e observa ben se as dúas descricións, a da cousa mesma e a da pintura, son conformes entre si. 

15 de xullo de 2020

Cita

A ninguén lle costa mais que a aquel que moito desexa. 





(R. y Cajal) 

13 de xullo de 2020

9 de xullo de 2020

Aforismos de Leonardo

412.- Hai toda unha xeración de pintores que, por mor do seu pouco estudo, pásanse a vida baixo a mostra do ouro e azul da beleza, declarando neciamente que, se non pon en obra boas cousas, é porque llas pagan pobremente, pero que eles tamén farían os que outros, se fosen ben pagos. Oh, xente estúpida! Por que non ofrecen unha boa obra, dicindo: esta é de alto prezo; e despois outra de prezo mediano, e outra, en fin, de ínfimo prezo! Así demostrarían que as teñen de todos os prezos. 

8 de xullo de 2020

Citas

A cotío os grandes son descoñecidos ou peor, mal coñecidos.




(Thomas Carlyle) 

2 de xullo de 2020

Aforismos de Leonardo

411.- Escucha, pois, con paciencia a opinión doutros xuíces; e
examina e pensa con empeño se o teu censor ten ou non razón para censurarche.
Se atopas que a ten, corríxeche. En caso contrario, feixe coma se non o ouviches, ou demóstralle con argumentos -se é home digno do teu
estima- o porqué do seu engano. 

1 de xullo de 2020

Cita

Aos que corren nun labirinto, a súa mesma velocidade confundeos. 


(Séneca)