11 de novembro de 2014

A BRÉTEMA de Manuel María

De San Martiño a Febreiro
son días de neboeiro.

Non hai brétema como esta:
é fría como a xeada.
Brétema pingona e mesta
como a noite de pechada.

Néboas que non se dan ido
mentres que dura o Inverno.
¡Semellan fume saído
das entrañas do inferno!

De San Martiño a Febreiro
son días de neboeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario