10 de agosto de 2026
3 de agosto de 2026
29 de xullo de 2026
CADMO
Mentres buscaba á súa irmá Europa, que fora raptada, chegou ao oráculo de cidade de Delfos.
Alí vaticinóuselle que debía fundar unha nova cidade onde se topase cunha vaca botada no chan.
Así foi como fundou a acrópole de Tebas. Para conseguir auga tivo que matar a unha serpe.
A deusa Atenea aconselloulle que sementase os dentes do animal: ao facelo, viu con asombro que deles brotaban un exército de homes armados que se puxeron a loitar entre si.
Só sobreviviron cinco, que foron os antepasados da nobreza de Tebas.
Casou con Harmonía, a filla de Ares e de Afrodita. Atribúeselle a difusión do alfabeto e a arte da fundición.
27 de xullo de 2026
22 de xullo de 2026
15 de xullo de 2026
CALIPSO
Raíña da illa de Ogigia, situada nos confíns do mar, xunto ás Columnas de Hércules.
Nela desembarcou Ulises cando regresaba de Troia.
Calipso retenlle durante sete anos e promételle a inmortalidade se queda a vivir con ela.
Pero o heroe prefire partir.
A ninfa axúdalle entón a atopar o seu barco.
Segundo certas versións, tivo varios fillos con Ulises, entre eles, Ausón, heroe que daría nome á terra latina de Ausonia.
8 de xullo de 2026
1 de xullo de 2026
CASANDRA
Filla do rei Príamo e irmán de Héctor e Paris.
Apolo namorouse dela e regaloulle o don da profecía, mais ao non corresponder Casandra ao seu amor, o deus castigouna a que ninguén lle crese, a pesar de que os seus vaticinios íanse a cumprir.
Unha ocasión soada foi cando avisou aos troianos de que non desen acollida na cidade ao Cabalo de Troia.
Tampouco entón fixéronlle caso, e o consecuente desenlace foi que do interior do cabalo saíron os soldados que acabaron coa cidade.
29 de xuño de 2026
24 de xuño de 2026
22 de xuño de 2026
15 de xuño de 2026
10 de xuño de 2026
Cousas do Breviario de Eladio Rodríguez
8 de xuño de 2026
1 de xuño de 2026
27 de maio de 2026
Informe do Coronel House
O documento parte da idea de que os Estados Unidos son, na práctica, unha antiga colonia británica cuxa independencia formal non impide unha crecente dependencia real. O obxectivo central sería restaurar a “unidade imperial” anglo-americana, facendo que os EUA acepten un papel semellante ao doutros dominios británicos, aínda que mantendo unha aparencia externa de soberanía.
Un dos eixes fundamentais do plan sería o control cultural e educativo. O texto destaca a importancia de introducir profesores, directivos universitarios e intelectuais formados en Gran Bretaña ou afíns ao pensamento imperial británico nas universidades estadounidenses. Tamén se subliña o papel de fundacións filantrópicas (como as ligadas a Carnegie ou Rockefeller) e programas de intercambio académico como ferramentas para moldear as elites futuras.
Outro elemento clave sería o control da información e da opinión pública. O informe afirma que a prensa estadounidense estaría fortemente influenciada por editores e xornalistas de orixe británica ou simpatizantes do Imperio, así como polo control dos cables internacionais e das axencias de noticias. Isto permitiría presentar os acontecementos internacionais desde unha perspectiva favorable a Gran Bretaña e illar aos lectores estadounidenses doutros puntos de vista.
No plano financeiro, o documento concede unha enorme importancia a J. P. Morgan & Company, presentada como principal axente británico nos Estados Unidos. A través da colocación de débeda, o financiamento da guerra e o control de sectores estratéxicos, o capital financeiro serviría para crear intereses económicos estadounidenses ligados á supervivencia e expansión do Imperio Británico. O control de recursos clave, especialmente o petróleo, aparece como unha ferramenta decisiva de presión económica e xeopolítica.
A Primeira Guerra Mundial é interpretada como unha oportunidade crucial para afianzar esta dependencia. O texto sostén que os Estados Unidos entraron na guerra ao servizo dos intereses británicos, asumindo custos económicos e humanos sen obter beneficios territoriais, mentres Gran Bretaña consolidaba o seu dominio colonial noutros lugares do mundo.
Unha parte central do documento dedícase á Sociedade de Nacións (Liga das Nacións), presentada como o instrumento definitivo para integrar os Estados Unidos no sistema imperial. Segundo o informe, a Liga sería, na práctica, o Imperio Británico ampliado, cunha estrutura supranacional que permitiría transferir competencias do Congreso estadounidense a un órgano executivo internacional. O presidente Woodrow Wilson é descrito como unha figura clave, facilmente manipulable mediante a adulación, o prestixio simbólico e o culto á personalidade.
O texto analiza con detalle o carácter psicolóxico de Wilson, insistindo na necesidade de satisfacer o seu ego e de asociar o seu nome a grandes ideais morais e slogans, para lograr que defenda políticas contrarias á independencia real dos EUA sen que a poboación o perciba como unha traizón. Mesmo se suxire nomealo primeiro presidente da Liga das Nacións e concederlle amplos recursos económicos e poderes pouco definidos.
Finalmente, o informe describe un amplo aparato de propaganda: igrexas, universidades, asociacións profesionais, congresos, publicacións, películas e campañas públicas destinadas a presentar a Liga das Nacións como garante da paz mundial. O obxectivo sería neutralizar calquera oposición e facer que a entrada dos Estados Unidos neste sistema se perciba como un avance moral inevitable.
O documento conclúe afirmando que o proxecto iniciado por Cecil Rhodes —a reunificación do mundo anglosaxón baixo a hexemonía británica— estaría preto de culminarse, e que a aceptación da Liga das Nacións por parte dos Estados Unidos sería a batalla final para consumar esa unión imperial.
25 de maio de 2026
20 de maio de 2026
18 de maio de 2026
13 de maio de 2026
CLITEMNESTRA
Un dos caracteres femininos máis dramáticos da saga grega.
Irmá de Helena e esposa de Agamenón, é por tanto raiña da importante cidade de Micenas.
Mentres o seu marido está na guerra de Troia, comete adulterio co primo deste, Egisto, menor que ela e ambos asasinan alevosamente ao marido cando regresa de Troia.
Mais o destino ten previsto que ela mesma morra a mans do seu fillo Orestes, que se erixe así en vengador da morte do seu pai.

















