31 de marzo de 2011
30 de marzo de 2011
Resumo do libro "As 48 leis do poder" do escritor Robert Greene
A desdicha dos demais pode conducilo á morte: os estados de ánimo son tan contaxiosos e tóxicos como unha enfermidade infecciosa. A miúdo, os perdedores son os artífices da súa propia desgraza e terminan por transmitila a quen quere axudalos. Evíteos e, en cambio, frecuente a individuos gañadores e felices.
29 de marzo de 2011
Retranca Edicións lanza unha revista de banda deseñada infantil
Cinco mil exemplares en galego e dez mil en castelán distribuídos cada dous meses en quioscos e dirixidos para os máis novos. Esta é a aposta que fai Retranca Edicións con Fiz a nova revista de banda deseñada que presentará no vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. Na súas 36 páxinas podemos atopar traballos de Kiko da Silva (director da iniciativa) que recupera o personaxe que lle dá título ao proxecto, canda a outros autores galegos como José Domingo e Fernando Iglesias ou Víctor Rivas así como colaboradores foráneos. O proxecto, que entra en imprenta a finais desta semana, chegará aos quioscos a mediados do vindeiro mes de abril.
Máis info.
Máis info.
28 de marzo de 2011
Cambios para o mes de abril
No mes de abril, cumpliremos seis meses do cambio do blog e a publicación diaria de novas culturais. Temos prevista a inclusión de novos colaboradores, fortalecendo a recensión e crítica de libros. Nas ideas baralladas para o futuro está a posta en marcha de concursos literarios e a difusión das publicación realizadas polas entidades pertencentes á Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia.
27 de marzo de 2011
Páxina de poesía
Hai dúas semanas que abriu ao público poesiagalega.org. Promovida polo grupo Alea de análise poética da Universidade de Santiago, e abeirada nos dominios do portal do Consello da Cultura Galega, a nova páxina conta cunha publicación semestral -"revista líquida", definiuna o coordinador do proxecto, Arturo Casas- dedicada á crítica. Pero a Revista de poesía, que supervisan as investigadoras Margarita Candeira, María López Sández, Montse Pena e María do Cebreiro Rábade, non incorpora ferramentas de interacción cos lectores nin procura un xénero particular para a análise na Rede. Porque estas son dúas das características que prescriben varios críticos literarios con práctica na Internet.
Mais
Mais
26 de marzo de 2011
26 de marzo. Día da fundación de Palaestra.
Tal día coma hoxe, pero en 1989, tivo lugar a xuntanza fundacional da Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra.
A Sociedade celebra, en calquera caso, o seu aniversario o 18 de maio, coincidindo coa legalización da entidade e pola coincidencia desa data coa creación da Federación Galega de Béisbol, auspiciada por Palaestra, e o Día Internacional dos Museos, asi como pola cercania do Día das Letras Galegas que permite a organización de actividades en máis días.
25 de marzo de 2011
Ex libris Gallaeciae
A Cidade da Cultura acolle ata finais do mes de febreiro a exposición titulada Ex libris Gallaeciae, unha mostra que percorre a través de case 100 exemplares bibliográficos, entre códices, manuscritos e primeiras edicións, a construción da identidade cultural galega.
Os organizadores da mostra realizaron unha selección de obras bibliográficas de alto valor prestadas por unhas 20 institucións, arquivos, bibliotecas e particulares, algunhas delas nunca expostas anteriormente e todas representativas de momentos e elementos clave na cultura galega. A mostra está concibida como un libro, cun prólogo, onde poden verse os primeiros libros e xornais editados en Galicia, e catro capítulos, dedicados respectivamente, á constitución da identidade de Galicia, a lingua galega, as investigacións realizadas en Galicia e a vida cotiá.

24 de marzo de 2011
Nova web de Baia Edicións
A empresa galega Baía Edicións vén de introducir unha serie de melloras na súa face web. Ás incorporacións precisas para achegarlles aos internautas visualizacións do interior dos libros do seu catálogo (co fin de axudar aos usuarios da Rede a facerse unha idea clara do conxunto total da obra, case igualiño que se estiveran na libraría remexendo e esculcando nos volumes), incorporacións postas en marcha ao longo deste ano, hai que sumarlle agora un novo reclamo para os seareiros da lectura en galego. Falamos da posta en funcionamento, na sección de narrativa da web de Baía Edicións, dun servizo que nos permite introducírmonos nun capítulo de cada un dos libros de narrativa que a editorial ten habilitados en liña.
Preme
Preme
23 de marzo de 2011
Resumo do libro "As 48 leis do poder" do escritor Robert Greene
Lei 9: Gañar a través da acción, nunca da discusión.
Calquera triunfo momentáneo obtido por unha discusión non é máis que unha vitoria pírrica: o resentimento e a animadversión que se crean son máis fortes e duradeiras que calquera cambio momentáneo de parecer. Ten moito máis poder facer que os demais cambien de opinión a través das accións, sen dicir unha palabra. Hai que demostrar, non explicar da mesma maneira. Se se engana ou se manipula a determinadas persoas, pasarán o resto da súa vida buscando vinganza. Son lobos vestidos coa pel de ovella. Por tanto, é necesario elixir ben as vítimas e os opoñentes: nunca se debe ofender ou enganar á persoa equivocada.

22 de marzo de 2011
V premio de literatura xuvenil Fundación Novacaixagalicia - Claudio Sanmartín
Edicións Xerais de Galicia convoca a quinta edición do PREMIO FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA-CLAUDIO SAN MARTÍN DE LITERATURA XUVENIL en lingua galega, dotado con 10.000 euros, que se rexerá polas bases que podes atopar premendo aqui.
21 de marzo de 2011
Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial
Todas aquelas accións, condutas, actitudes que teña por obxecto a discriminación, distinción, exclusión ou restrición a que toda persoa se desenvolva en condicións de igualdade dos dereitos humanos, é un acto de racismo.
O racismo é unha violación dos dereitos humanos e da dignidade humana.
Porqué celebrar o 21 de marzo?
A Organización das Nacións Unidas, co obxectivo de renovar o seu compromiso de traballar contra o racismo, celebra cada 21 de marzo o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. O motivo desta data é que ese día no ano 1960, a policía disparou contra unha manifestación pacífica que se realizaba en Sharpeville, Sudáfrica para protestar contra as leis de pases do apartheid.
20 de marzo de 2011
A Fundación Barrié dixitaliza os fondos da Real Sociedade de Amigos do País
Os fondos da Real Sociedade Económica de Amigos do País, unha das asociacións máis antigas do noso país, están en proceso de dixitalización. O arquivo desta entidade, nada a finais do século XVIII en Compostela, comprenden máis de 162.000 documentos dos séculos XIX e XX e agora serán accesibles en formato dixital na rede da man da Fundación Barrié, que investiu 100.000 neste proceso no marco do seu programa Patrimonio Vivo. Dentro do material que se conserva destacan os diferentes informes que elaboraron os membros da Sociedade sobre cuestións como a pesca, a agricultura ou a emigración, así como documentos sobre a implantación do ferrocarril en Galicia ou as publicacións Revista Económica e El Centenario editadas por esta entidade.
19 de marzo de 2011
Día do Pai
O Día do Pai é un día conmemorativo no cal se celebra ao pai dentro da familia. A data de celebración do Día do Pai varía de país a país.
Como curiosidade sinalar que en Alemaña, hai dúas celebracións asociadas co Día do Pai. Por unha banda Vatertag, día da Ascensión de Xesús e é festivo nacional. Polo outro, Herrentag é unha celebración tradicional consistente en facer unha viaxe só de homes subindo por unha montaña con carros con viño ou cervexa e comida rexional.

18 de marzo de 2011
Bombardeos
Cando estase a bombardear Libia, podemos lembrar que tal día como hoxe, pero en 1944, as forzas aliadas deixaron caer según se conta 3000 torneladas de bombas sobre Frankfurt.
Coñece máis sobre Frankfurt
Coñece máis sobre Frankfurt
17 de marzo de 2011
16 de marzo de 2011
Resumo do libro "As 48 leis do poder" do escritor Robert Greene
Se obrigamos aos demais a actuar, tense o control. Sempre é mellor facer que o noso opoñente veña cara a nós e que abandone os seus propios plans no camiño. Hai que atraerlle con ricas ganancias, e logo atacar. Nós temos as cartas.
15 de marzo de 2011
poesiagalega.org
poesiagalega.org é o rótulo identificador dunha base de datos e dun repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos. Representa o resultado inicial dun traballo de colaboración en proceso que, a medida que incremente contidos e información, está chamado a constituírse nun dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galegas contemporáneas no espazo cultural de seu e nun marco amplo de relacións interculturais. E isto non só por facilitar documentación en acceso directo senón tamén por instaurar redes informativas que contribuirán a producir ideas, coñecemento, método e interrelacións non sempre previsíbeis de antemán.
Preme para entrar.
Preme para entrar.
14 de marzo de 2011
Cita
Percorre a miúdo a senda que conduce á casa do teu amigo; non sexa que creza a maleza e impídache ver o camiño.
Proverbio Indio
Proverbio Indio
13 de marzo de 2011
Nova web
A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra colocou hoxe en internet unha nova web, que tentará recoller todo o contido nos diferentes blogs que se foron creando en torno ás actividades da Asociación.
Ao entrar no web a primeira noticia que aparece será a do Club de Lectura, debido a que é o blog máis activo á hora de publicar novas.
Preme aqui para ver a páxina.
Ao entrar no web a primeira noticia que aparece será a do Club de Lectura, debido a que é o blog máis activo á hora de publicar novas.
Preme aqui para ver a páxina.
12 de marzo de 2011
20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XVIII).
Nada que se asemellase a un narval xigantesco, nin a un illote submarino, nin a un resto de naufraxio, nin a un escollo fugaz nin a nada sobrenatural.
A previsible reacción a tanto entusiasmo baldío produciuse inevitablemente. O desánimo apoderouse de todos e abriu unha brecha á incredulidade. Un novo sentimento embargounos a todos, un sentimento que se compuña de tres décimas de vergoña e sete décimas de furor. Había que ser estúpidos para deixarse seducir por unha quimera, e esta reflexión aumentaba o noso furor. As montañas de argumentos acumulados desde facía un ano derrubábanse lamentablemente. Cada un pensaba xa unicamente en desquitarse, nas horas do soño e das comidas, do tempo que sacrificara tan estúpidamente.Coa versatilidade inherente ao espírito humano, pasouse dun exceso ao extremadamente oposto. Os máis ferventes partidarios da empresa convertéronse fatalmente nos seus máis ardentes detractores. A reacción subiu desde os fondos do navío, desde os postos dos panoleiros até os da oficialidade, e, certamente, sen a moi particular teima do capitán Farragut, a fragata puxese definitivamente proa ao Sur.
Con todo, non podía prolongarse moito máis tempo esa procura inútil. O Abraham Lincoln non tiña nada que reprocharse, pois fixera todo o posible por logralo. Nunca unha tripulación dun buque da mariña norteamericana hera máis mostras de celo e de paciencia, e en ningún caso podía imputárselle a responsabilidade de fracaso. Xa non quedaba máis que regresar, e así se lle comunicou ao comandante, quen se mantivo firme na súa intención de persistir no seu empeño. Os mariñeiros non ocultaron entón o seu descontento, do que se resentiu o servizo, sen que iso queira dicir que se producise unha rebelión a bordo. Despois dun razoable período de obstinación, o comandante Farragut, do mesmo xeito que Colón noutro tempo, pediu tres días de paciencia. Se nese prazo non aparecese o monstro, o temoneiro daría tres voltas de roda e o Abraham Lincoln poría rumbo aos mares de Europa.
Tal promesa foi feita o 2 de novembro, e tivo por resultado inmediato reanimar á abatida tripulación. De novo volveu a escrutarse o horizonte coa maior atención, empeñados todos e cada
un en consagrarlle esa última mirada na que se resume o recordo. Apuntáronse os catalexos ao horizonte cunha ansiedade febril. Era o supremo desafío ao xigantesco narval, e este non podía razoablemente deixar de responder a esta convocatoria de «comparecencia».
Transcorreron os dous primeiros días. O Abraham Lincoln navegaba a presión reducida. Empregáronse todos os medios posibles para chamar a atención ou para estimular a apatía do animal, no caso de que se achase naquelas paraxes. Botáronse ao mar, á rastra, enormes anacos de touciño, para a maior satisfacción das quenllas, debo dicilo. Botáronse á auga varios botes para explorar en todas direccións, nun amplo radio de acción, o mar en torno ao Abraham Lincoln, deixado á expectativa.
Pero a noite do 4 de novembro chegou sen que se desvelara o misterio submarino.
Ao día seguinte, 5 de novembro, expiraba ao mediodía o prazo de rigor. Tras fixar a posición, o comandante Farragut, fiel á súa promesa, debía pór rumbo ao Sueste e abandonar definitivamente as rexións setentrionais do Pacífico.
11 de marzo de 2011
Editado o tríptico para 2011
Presentamos hoxe a versión descargable do tríptico de promoción desta actividade para 2011, que agardamos ir repartindo a partires da vindeira semana.
Os que queiran colaborar co sostemento económico, teñen a opción de facerse "membros do club".
A cota marcada é de 5 euros e os apuntados poderán escoller agora ou no futuro dalgún dos libros presentados na Colección de Libros de Peto de Asencudega.
Descarga

10 de marzo de 2011
9 de marzo de 2011
O mércores de Cinza
O mércores de Cinza é o primeiro día da Coresma nos calendarios litúrxicos católico, protestante, e anglicano. Celébrase corenta días antes do inicio de Semana Santa, é dicir, do Domingo de Ramos.
Este día cae en diferentes datas ano a ano, de acordo á data móbil de Pascua. Pode acontecer entre o 4 de febreiro e o 10 de marzo.A imposición de cinza é un costume que lembra aos que a practican que algún día imos morrer e que o corpo se ha a converter en po.
Pero tamén é o día do enterro da sardiña, unha cerimonia coa que se anuncia o fin dos entroidos. Adoita consistir nun desfile que parodia un cortexo fúnebre.
8 de marzo de 2011
Entroido V
Pero si hai que recomendar un roteiro para os días do Entroido non dubidariamos en ofrecer o da provincia ourensán, onde estes se poden aproveitar en toda a súa tensión festiva: Xinzo, Verín, Laza e Viana do Bolo serán o escenario para un representativo e variado Entroido galego. Convén, como norma elemental, estar disposto a todo, os sentidos rebosaran en sensacións.
En terras ourensás, perto do que foi lagoa de Antela, paraxe de historía e leenda, riveirado por torres, dunhas das que se dí procedía a fermosa Isabel de Castro, está Xinzo, aínda as lendas falan da cidade luxiorosa de Antioquía, asolagada polas augas, igual que un exército artúrico castigado a ser neboada de mosquitos...a lagoa desecouse hai décadas, poucas rás fican co seu croar, e a lenda antiga perdeu parte do seu misterio. Non esquezamos que o Limia, limieira da entrada en Galicia, era o río Letheo ou do esquecemento do que falaban os cronistas da Antiguedade, así no 130 a. C., Decimo Xuño Bruto pasou e desafiou a superstición de perder a memoria, chamando polo seu nome a un por un dos seus soldados. Dende entón a "Gallaecía", terra acochada entre neboas, montañas e rios entrou na Historia. Xinzo celebra como ningunha outra vila o Entroido, "Urco", un xigantón choqueiro de palla, farrapos e cartón preside a Praza Maior, lugar de encontro, namentres as bandas de "Pantallas" de tódalas idades brincan polas rúas batendo as binchas de porco inchadas, arrodean a quen queren e nono soltan ata que lle ofrece unhas cuncas no bar... Trátase dun curioso disfrazo, careta rematada nun teso gorro frixio, e coma sempre o cinto leva penduradas as esquilas, o demais é unha camisa e unhas cirolas brancas tipo "Peter Pan" metidas nas polainas negras... e a capa tamén negra ou roxa cuberta de cintas dedicadas...Ninguén atinou aínda con dar coa orixe e a significación de tan singular disfrazo que anima a vila ourensán de Xinzo de Limia, aínda que nel podemos anunciar que vemos semellanzas con máscaras do altiplano Boliviano con herdos de tradicións incas.
Nos derradeiros anos a veciña localidade de Sarreaus, recupera o disfraz noputrora popular de "Vergalleiros", curiosamente ataviados de branco, pequenas esquilas ao cinto sobre o refaixo, chaleque broslado e unha máscara branca con coloretes coroada por unhas cornamentas, tipo bufón das que tamén pinduran unhas pequenas chocas. É símbolo do seu poder e da súa casta a vergalla ou báculo rematado nunha cola de vulpe que porta na mau. Semellante é tamén nas terras do Limia o "Fargalleiro" de Vilar de Santos.
Baixando as curvas das Estivadas atopámonos en terras de Monterrei, presididas por o castelo medieval dos Zúñigas, un dos mellores liñaxes de Galicia, o tempo pode concedernos a visita, alí polo 1493, cúmprese tamén agora o quinto centenario, imprentóuse o primeiro libro de Galicia, a Biblia de Monterrei, hoxendía no Museu Diocesano de Ourense. Os viños diste val teñen boa sona, igual que as augas dos balnearios de Fontenova, Cabreiroá...rivales da veciña Chaves trasmontana e portuguesa...Terras nas que na protohistoria se lle rendía culto ao verraco, ao porco bravo, Taboada Chivite foi un dos grandes etnógrafos de Galicia, coñecedor desta súa terra, Verín.
Laza é un pobo pequeno e labrego do val de Monterrey, na caida da serra de Queixa, presume de conservar ben a as festas populares: o Adan e Eva pola Santa Cruz, no comenzo de Maio, e sobre todo o ciclo do Entroido, onde os "Peliqueiros", e non se lle cham,e de outro xeito, son a máscara tradicional e das máis fermosas e con sona de Galicia, o que se debe á tradición rigurosa e puntual dos viciños. O reparto da bica, a solta do touro ou "morena", hoxe falseado, o testamento do burro, o enterro da sardiña son diferentes partes do seu Entroido, acompañado de batallas sen piedade guindando fariña e formigas que espavilan a mozos e mozas. Velaquí, novamente os ritos lúdicos de iniciación. A forza bruta da tradición invade as normas e costumes do pobo. A sátira e a crítica esta nos cantares e nas escenificacións parateatrais, o teatro máis puro e participativo, onde aínda é posible a catarses esta eiquí.
Os peliqueiros de Laza coidan á perfección e con escrúpulo a "lei" da tradición do Entroido e sobre todo a elegancia e o porte do traxe de Peliqueiro, renegan das imitacións e do intrusismo, e xa houbo desgustos por este motivo. O traxe é verdadeiramente fermoso: chaquetiña curta riveteada e broslada en ouro, roxo e negro ao estilo deciochesco de toureiro goiesco; camisa branca con rechamante garabata ao coello; calzón branco e curto de liño con bandas superpostas de tiras de mil pompóns de algodón pendurados, medias de cor e ligas, zapato negro acharoado...e sobre os ombreiros, atado, o tradicional pano con debuxos barrocos de cachimir, como unha concesión feminina, prenda tradicional que non falla nas máscaras galegas, cedida pola moza...a careta antiga está feita en madeira, as trazas son sobrias,o bico roxo lixeiramente arcado cara arriba, coroada por un "chapeau" napoleónico, semicírculo no que campa a faciana dun animal feroz, para infundir respecto e medo...quizais antigamente o motivo foran símbolos astrais... por detrás pendura a pelica que cobre a testa e que lle da nome a esta singular máscara...o cetro do peliqueiro é a fusta ou látego co que castiga a lostregazos a quen se lle pon por diante do seu camiño, a quen couta a súa lei. Brincan e xemen dun xeito especial, abanean os cadrís e fan bater as grandes chocas que levan no cinto...o domingo, respectuosos, en formación agardan a saída de misa, despois igual desfilan en ritmo que se moven en desbandadas fustigando ou enrrabexándose cos miróns...entran no bar e beben convidados.
Os antropólogos ven no "Peliqueiro" como no "Cigarrón" de Verín a caricaturización dos cobradores de impostos de Monterrey, aos que suman herdos de elementos protohistóricos e mais da creación popular.
Perto, Verín vive o Entroido cunha forza incomparable, nos tres días non hai tregua para durmir ou acougar. A fariña cobreo todo, novamente son símbolo da fecundidade, sustituidos polo talco ou o "conffeti", os desfiles, as comparsas, traballados ao longo do ano conviven coa tradición e a xenialidade da improvisación, todo ser vivente está na rúa, moitos acuden ao sinxelo e práctico capuchón, "facendo Entroido"...
Subindo cara a terras de Zamora, xa nos límites están as terras frías de A Gudiña, de alí era o franciscano Sebastián Aparicio, bo exemplo na cristianización de México, alí venerase en Puebla, foi onde ensinou oficios e introduciu no Novo Mundo a roda e o carro.Sempre houbo relación diste extremo de Galicia con México, a arte popular das terras do Bolo, alfombras de plumas coloreadas, tradicións... son herdo traído das Américas, é o caso da máscara tradicional do "Boteiro" ou peliqueiro que lembra aos da danza da pluma de Oaxaca: camisa con rivetes concéntricos de cores, pantalón roxo, polainas, e sobre todo na testa un moi amplo tocado ramificado xeometricamente que orixinariamente puido ser de plumas ou de flores naturais e que hoxendía é de papeliños suxeitos a un complicado armazón de arameo ou madeira que se artella na careta, feita refundindo un toco de castiñeiro ou carballo, pintada de negro, cos beizos roxos e unha salamandra entre o bico e o bigote...esta máscara impresionante leva un báculo sobre o que se apoian, para nos lameiros, dar unha arriscada viravolta...Madamitos, osos, comparsas xúntanse cos "boteiros" no Entroido de Viana do Bolo, recuperado o domingo pola mañá coa celebración da Festa da Androia, unha das grandes cuchipandas da Galicia gastronómica...Folión de carros, grupos vidos das porroquias, os homes cos seus bombos, as mulleres tintineando coas chaves nas gadañas, sachas e fouces...xuntase todos no máis ancestral e enxebre Entroido.
Ofrécese a tarde e a noite para retornar noso camiño e voltar a Verín, Laza ou Xinzo, fican noites e días, Luns, Martes e Mércores de Cinza, cumprimos así cunha parte significativa do máis singular Entroido galego, non se borrará da memoría e acéndese o desexo de voltar cando pase un ano.
7 de marzo de 2011
Entroido IV
Galicia recuperou con forza na derradeira década o máis enxebre dos Entroidos, noutrora perseguido, incluso reducido a xornadas de "adoración nocturna". Tamén houbo mal gosto e violencia nunha e noutra parte. Caracterizado agora pola variedade, as rivalidades na xenialidade, diferencias aínda tribais, case castrexas, pola inxenuidade, pola tradición, a leria e a retranca, polo significado solidario dunha mesa, onde campa a cachucha orlada dunha restra de androias ou chourizos e o ramo floral dos grelos..."facendo guardia" as cuncas de louza cos viños necesarios.
Nas ribeiras do Miño, en Terras de Chantada, Ribeira Sagrada, coñecida así dende o medievo polos seus mosteiros románicos tamén se celebra o Entroido, son os "Volantes" de traxe amplo, raiado, elegante, multicolor como os florentinos das xustas do "Palio", polainas nas pernas, cinguido á cintura o gastado correaxe con ducias de tintineantes esquilas, un deles leva sobre a testa un xigantesco culeiro recuberto de cintas, cheo de monecos... un ancestral símbolo pagán da fartura e a fecundidade. No Entroido galego hai moito de etnoarqueoloxía que no seu estudio remítenos ás raiceiras.
En terras del Ulla de Merza, Ribadulla, Silleda saen os "Xerais", ataviados con vellos traxes militares, charreteras e bocamangas napoleónicas, casacas das "guerras dos avós", quizais atopadas nas arcas dos faiados. Máscara que monta a cabalo, que brande unha espada e se toca dun gorro, con acenos mecánicos de marioneta pronunciando desafíos e sermóns coa mesma cantinela... como noutrora os "Felos" de terras de Garabás e Maside que acudían á praza maior do Carballiño en comparsa militar de trepar de cabalos, xinetes cos seus relucentes uniformes recubertos de cintas multicolores e espelliños de luz...O "Irrio" ancestral e feo coma un demo en Castro Caldelas, os "Gamanchiños" endiañados e chegados ao noso tempo dende as festas gremiais medievais, en Betanzos, as "Sábanas" de Viveiro, onde mozos e vellos, toda a vila se viste de branco e de turbante...para sair á praza e ás rúas, como os "Choqueiros" coruñeses da calle da Torre...e o enterro do Loro Ravachol que pon fín ao Entroido pontevedrés, como o enterro do "Bacallau" en Tui, do "Mexilón" en Aldán y en Redondela o "Mono Paco"...
6 de marzo de 2011
Entroido III
A GASTRONOMÍA PRESIDIDA POLA CACHUCHA DO PORCO AS RISTRAS DE BOTELO.
Así é: a cachucha entre dous lacóns cruzados, orlado de chourizos, botillo ou androias, todo en campo de grelos... é iste o emblema armeiro do Entroido. O cocido esta no seu colmen, é tempo de xantalo, igual que de beber os viños que acadaron a súa madurez, os tintos espesos pingan sobre as xerras de barro dourado de Niñodagía, semellan facer debuxos ou pinturas de Laxeiro sobre os labirintos das táboas das mesas de taberna, refregadas con lexía... as orellas de frade, e as tostadas borrachas, as filloas estan nas fontes de louza acompañadas do mel...son os postres compañeiros imprescindibles do mellor "dedal" de augardente. Todo convida a participar nunha mesa popular de compadres e amigos, denantes de argallar a comparsa e sumarse nas horas da tarde-noite á festa.
É difícil xantar mal neste tempo en calquera lugar de Galicia. A mesa é imprescindible na liturxia festiva do Entroido. Homildes,fidalgos e ri
cos esgazan os minifundios para sumarse á festa compartida.
5 de marzo de 2011
O entroido II
O ALMANAQUE FESTIVO DO ENTROIDO
Cando había vagar, no mundo rural dos avós, o Entroido era a celebración festiva que duraba un mes, días presididos polo ídolo de palla ou cartón pendurado derriba dun poste, o "Meco", "Urco", "Momo" ou "Entroido", segundo as bisbarras...ese mesmo "deus" da retranca, do humor e da grtacia sería chamuscado o día do punto final das festas solidarias, co enterro da Sardiña en Mércores de Cinza, para deseguido, paradóxicamente, entrar no tempo do bacallao e a coliflor, a Coresma da meditación persoal e intransferible, tempo necesario para o espíritu empois de darlle renda solta ao corpo.
A festa comenzaba o Domingo de Fareleiro, os mozos e as mozas no seu necesario rito iniciático botaban grao ou farelo, enseñas da semente, do pan, da vida, da fecundidade que enche horreos, move muiños e quenta fornos...seguían as lerias o Xoves de Compadres, novamente os mozos e as mozas arremetían nas provocacións para continuar o Domingo de Corredoiro, verdadeiro tempo para o pregón do Entroido, así o entenden no Lalín do xenial pintor Laxeiro, vila na que celebran a "Festa do Cocido", ou no Csino do Carballiño coa "Festa da Mimosa". Antigamente neste domingo de vísperas "corríase o galo" detrás do que ían os arriscados mozos sorteando todo tipo de probas. O galo é un símbolo solar, coa seu garbo madrugador e súa crista roxa, co seu canto de mencer anunciando as primeiras raiolas do día...e axiña ven o Xoves de Comadres, un día en paralelo ao xoves anterior, as mozas son as que levan a iniciativa no equilibrio tradicional popular....Domingo, Luns e Martes son os días tradicionais da festa, os que nos quedan na xa do Entroido, onde tódalas cousas se poñen de revés: as mulleres vístense de homes, os homes de mulleres, os soldados de xerais, os xerais de soldados, os monaguillos de arcebispos...uns e outros entre máscaras ancestrais herdadas do pasado, recollidas das arcas xunto coas innovacións importadas polos medios de comunicación, o creadas pola sempiterna sabedoría popular, empeñada na sabia lección de facer guerras de leria e humor, de sátira, de luz e policromia xenial para anovar os malos vicios prendidos nas sociedade. A forza da tradición, da natureza, en forma de touro, de oso, ou de monstro raro invade á refinada sociedade urbana, civilizada, consumista...as normas trocan de senso. No Entroido manda o instinto.
E o o fín no Mércores de Cinza, cun enterro na que participan "viúvas", plañideiras,e esperpénticas e choqueiras choronas enterrase a "sardiña" e paradóxicamente éntrase na Coresma das vixilias, do bacallao e da meditación persoal e intransferible. Tomamos a cinza e o ritual relixioso lémbranos que somos terra e á terra voltaremos. Pasará un ano para voltar ao Entroido, pero a rebeldía revélase novamente e xa no seu derradeiro pulo, agora incorporando o mundo urbano outro domingo máis de festa, o Domingo de Piñata, como unha "repesca" festeira e licenciosa xa entrada a corentena da Coresma. Momo, Meco, Urco, Entroido e tódalas máscaras resucitarán, pasado o tempo, como xa o veñen facendo polos séculos dos séculos, é a forza da tradición.

4 de marzo de 2011
O entroido I
A mellor viaxe festiva polo Entroido de Galicia.
Por Felipe-Senén
Non hai festa na que a paisanaxe galega se exprese mellor que no Entroido, é entón cando a paisaxe reverdece i estoupan en marelos as mimosas e en sangue as camelias... o sangue alporízase. Cadaquén leva prendido da roupa unha flor, volta a nacer a primavera,todo resucita, xa se anunciou o día 2 de febreiro cando "pola Candeloria metade do inverno vai fora", festividade tradicional que perdeu forza na súa liturxia de acender as candeas, de limpar o remol, as cinzas vellas das lareiras e prender o "lume novo"... Poida ainda que nun sétimo ou noveno piso deses rañaceos desconchados e grises dos arrabaldes das cidades galegas, onde o mundo rural se vai facendo urbano, quede unha muller enloitada que cumpra a tradición e acenda unha lampariña ou "mariposa" en lembranza dos defuntiños: sempre en Galicia, país do extremo occidente, as compañas de vivos e os mortos camiñan xuntos.
Todo pregoa a berros a primavera, ¡ ven o Entroido ¡ din nas aldeas, ensaian as comparsas, os felos e os peliqueiros brincan de mañanciña polas congostras aínda enlameiradas polas choivas, máscaras ancestrais fan repicar as ristras de esquilas que levan ao cinto. Nas vilas prepáranse as rúas para os desfiles e as "batallas de fariña"...
Nada mellor para vivir o Entroido Galego que dirixirse apor terras Ourensáns e facer o triangulo máxico do Entroido da Limia, Monterrei e Viana do Bolo, sempre pasando por Laza...

3 de marzo de 2011
2 de marzo de 2011
Resumo do libro "As 48 leis do poder"
Lei 7: CONSEGUIR QUE OUTROS FAGAN O TRABALLO E LEVAR O MÉRITO
Hai que utilizar a sabedoría, o coñecemento e o traballo dos demais en beneficio propio. Este apoio non só aforra tempo e enerxía, senón que produce unha aura divina de eficacia e rapidez. Ao final os axudantes quedarán no esquecemento e nós seremos lembrados. Nunca debemos facer nada que poidan facer os demais por nós.

1 de marzo de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)