29 de abril de 2026

CASTOR


Xunto ao seu irmán xemelgo, Pólux, reciben o nome de Dioscuros.

Segundo algunhas versións foron fillos de Zeus e de Leda e por tanto irmáns de Helena e Clitemnestra.

Ambos xemelgos asócianse coa constelación de Xémini.

Cástor participou en varias fazañas colectivas: como a cazaría do xabaril de Calidón ou na Viaxe dos Argonautas, entre outros.

25 de abril de 2026

Cita

"...E necesito verte, pero non che vexo, e necesito escoitar, pero non escóito, e necesito tocarche, pero non tócoche, e necesito pensarche, e é o único que fago..."

Charles Bukowski.

22 de abril de 2026

Sempre en Galiza 4

Eu sabía de moitos que libraron de quintas por seis mil reás e podían librar por parvos, como sei de moitos que chegaron a ser xubilados pola edade e que padecían de incapacidade conxénita cando se lles regalou a credencial. Sabía que os imbéciles mais fenomenaes que pareu a nosa terra andan ben vestidos, e que moitas veces chegan a Excelentísimos Señores polo rigoroso turno de antigüedade. Cheguei a saber que algúns parvos de nacencia badúan enfonchados en cadeiras de Universidade. Eu sabía todo esto; pero sempre logrei fuxir de semellantes antroidos.

18 de abril de 2026

cita

Es á vez a tranquilidade e a confusión do meu corazón;  imaxina os latexados do meu corazón cando está neste estado.

Franz Kafka.

11 de abril de 2026

Cita

Supoño que esa é a beleza dos libros. Cando terminan, realmente non terminan

- Markus Zusak

8 de abril de 2026

CREONTE


Irmán de Iocasta, raíña de Tebas, nai e esposa de Edipo cando aparece a Esfinxe.

Ás portas da cidade, prometeu a man da raíña e o propio goberno a quen adiviñase o enigma da "cadela cantora".

Entón apareceu Edipo quen coa súa intelixencia logrou adiviñar o enigma.

Máis tarde, Creonte ocupou dúas veces o trono de Tebas: a primeira, tras o desterro de Edipo e a segunda vez despois do falecemento dos dous fillos que a súa irmá Iocasta tivo con Edipo, os herdeiros Eteocles e Polinices.

Á súa vez condenou a Antígona, irmá dos mencionados a ser sepulta viva. Diversas obras de traxedias realizáronse sobre a base deste último desgraciado suceso.

4 de abril de 2026

Cita

"Todos levamos dentro unha insospeitada forza que emerxe cando a vida ponnos a proba".

Isabel Allende