31 de agosto de 2023

Aforismos de Leonardo

564.- E ao saír da auga do mencionado piélago, as ondas expándense e estenden cara á saída; ao caer no aire, a auga adquire ímpeto que a fai penetrar, mesturada co aire, na auga, abríndoa até o fondo e reflectíndose sobre este; a espuma que se forma entón na superficie, contén fragmentos de madeiras e outros residuos máis lixeiros que a auga, ao redor dos cales inicia a formación de ondas cun circuíto que aumenta co seu movemento. A amplitude crecente do circuíto vai acompañada dunha diminución na altura das ondas, de modo que estas acaban por desaparecer á vista. Pero se as ondas tropezan contra algún obxecto, sofren un movemento retrógrado, describindo, en torno do obxecto, circuítos análogos aos recentemente mencionados. 


30 de agosto de 2023

Xornada de Proba. E ti de quen ves sendo?

Este sábado aproveitando o Día da Familia que se celebra no Parque de Eiris (A Coruña) imos estar un rato promovendo a realización de árbores xenealóxicas.

Unha forma de pasar un rato divertido lembrando ou coñecendo os nomes dos teus bisavós e o que nos buscamos é que a xente se interese primeiro pola súa propia historia e por extensión coa do seu entorno.

Ao ser ao aire libre non levarmos os escaner para facer dixitalización de fotos, pero permanece atento á nosa web para coñecer os distintos sitios onde levaremos a cabo esta acción.

Sábado 2 de setembro. Día da Familia. Parque de Eiris.

29 de agosto de 2023

Cambios nas webs

Estes últimos días andamos a cambiar algunhas pequenas cousas nos nosos espazos en internet. Un deles afectará ao noso espazo de efemérides (www.palaestra.info) que dende agora incluirá as actividades de fomento da historia baseadas en promover a realización de árbores xenealóxicas e dixitalizar as fotografías antigas.

Estas accións están recollidas no proxecto "E ti, de quen vés sendo?" apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude.

Os cambios van supoñer que dende o próximo 1 de setembro, que cada ano marca para a entidade o inicio do novo curso, nesta web recolleremos de xeito habitual aspectos sobre o que poderíase chamar "historia familiar".

28 de agosto de 2023

Cuberto o cupo de participantes.

Cando o delegado do equipo do Casino solicitou facer un torneo de lentas non estaba claro que fora a ter éxito... pero este domingo, a falta dunha semana para o torneo chegamos aos 32 xogadores anotados.

Como dixemos o torneo vai ser unha proba para torneos de lentas mais ambiciosos e realmente a primeira impresión xa é positiva. Se case sen premios cubrimos as 32 prazas parece que podemos ir pensando en algo mais longo e con maiores premios.

Ademais tamén ten sucedido estes días que por fin tivemos noticia da familia de González March. A pesar de levar uns anos homenaxeando a este home non tíñamos moitos datos, Nos próximos días agardamos saber mais e estudar o xeito de facer deste torneo un dos referentes do xadrez coruñés.

O formulario segue aberto por se algún desexa anotarse en lista de espera. Mandaremos estes días un recordatorio aos inscritos por se algun ten problemas para asistir.

De entrada a todos grazas por anotarse e animar a seguir facendo este tipo de probas.

26 de agosto de 2023

Inicio de Tenda e trastenda

Tenda e trastenda

Baldomero Lillo

Case ao final da avenida atopei o número indicado na folla impresa  que levaba no peto. Pasei á beirarrúa de en fronte e examinei a fachada do edificio, na cal se ostentaba en grandes caracteres en letreiro que dicía:

"O Anzol de Prata-Gran tenda e Paquetería-Vendas por maior e menor". 

Non cabía dúbida, era o que buscaba. Atravesei a rúa, crucei a ancha porta e avancei timidamente cara ao mostrador e preguntei ao dependente que, tomándome sen dúbida por un fregués, saía ao meu encontro co sorriso nos beizos.

-Podo falar co xefe da casa? 

O empregado volveuse para mirar a través dunha vidreira que había ás súas costas e, deseguido, renovando a tarefa de despachar ao único cliente que había no almacén, díxome: 

-O señor Pirayán está neste momento ocupado, pero non tardará en vir. 

Apoieime no mostrador e esperei. 

...


25 de agosto de 2023

Cuarta fin de semana

As actividades nesta fin de semana estarán centralizadas pola promoción do xadrez na Romaría do Parque de Santa Margarida.

Aquí tes as actividades:

Venres 25: Os que o desen poden achegarse polo Centro Comercial Los Rosales dende 19,30 para botra unhas partidas.

Domingo 27: De 17,30 a 19,30 estaremos nos soportais da Casa das Ciencias e de 18,30 a 19,30 relizaremos un amigable de rápidas.

O premio para os primeiros será unha taza con motivo de xadrez... será a primeira actividade na que entreguemos este modelo.

Mais actividades:

Lembra que Palaestra e o Casino están a organizar a Copa AGAX do 4 ao 8 de setembro.

Nos próximos meses teremos moitísimas actividades como anos pasados así que pasa por aqui o polas nosas redes sociais para ir coñecendo as distintas actividades.

24 de agosto de 2023

Aforismos de Leonardo

563.- Pero esta auga desbordada irá arremuiñandose no piélago que a pecha, e con retrocesos vertixinosos, producidos ao chocar contra diversos obxectos, saltará en fangosa espuma, volvendo caer logo e proxectando no aire a auga por ela golpeada. E as ondas circulares que foxen do punto en que chocaron, camiñando oblicuamente sobre as outras ondas circulares que veñen ao seu encontro, xorden no alto sen despegarse das súas bases. 

23 de agosto de 2023

Boa marcha na inscrición na Copa González March

Do día 4 ao 8 de setembro organizaremos co Sporting Club Casino a Copa Gonzalez March de xadrez.
A idea dunha competición de partidas lentas non parecía unha opción moi segura coa xente xogando mais rápidas e lóstrego, mais en dous días xa estaban cubertas a metade das prazas (aínda que son poucas; so 32) e a falta de 10 días para a súa celebración temos 26 de 32 prazas cubertas.

Se queres disputar este torneo apurate e anótate en:


Podes ver a información dos inscritos en: https://info64.org/copa-gonzalez-march

22 de agosto de 2023

Constantino Cavafis - LA GLORIA DE LOS PTOLOMEOS

Constantino Cavafis
LA GLORIA DE LOS PTOLOMEOS 
(1911) 

Soy un Lágida. Dueño absoluto 
(por mi fuerza y mi riqueza) del placer. 
Nadie hay, macedonio o bárbaro 
que me iguale o se me acerque lo más mínimo.
 
Qué ridículo el Seléucida con su lujo chabacano. 
Pero si es otra cosa lo que buscáis, aquí está y bien clara. 
La ciudad maestra, cima de toda Grecia, 
en cada campo, en cada arte, la más sabia. 

21 de agosto de 2023

Vocabulario médico galego

xeonlleira 








s.f. Prenda ortopédica de material máis ou menos ríxido, que se axusta ó xeonllo para protexelo e comprimilo. 

19 de agosto de 2023

Inicio de Thanatopia

Thanatopia

Rubén Darío


-O meu pai foi o soado doutor John Len, membro da Real Sociedade de Investigacións Psíquicas, de Londres, e moi coñecido no mundo científico polos seus estudos sobre o hipnotismo e a súa soada Memoria sobre o Old. Morreu non hai moito tempo. Deus téñao en gloria.

(James Len baleirou no seu estómago gran parte da súa cervexa e continuou):

-Rístes de min e do que chamades as miñas preocupacións e ridiculeces. Perdóovos porque, francamente, non sospeitades ningunha das cousas que non comprende a nosa filosofía no ceo e na terra, como di o noso marabilloso William.

Non sabedes que sufrín moito, que sufro moito, aínda as máis amargas torturas, por mor das vosas risas... Si, repíto: non podo durmir sen luz, non podo soportar a soidade dunha casa abandonada; tremo ao ruído misterioso que en horas crepusculares brota dos boscajes nun camiño; non me agrada ver revolar un moucho ou un morcego; non visito, en ningunha cidade onde chego, os cemiterios; me martirizan as conversacións sobre asuntos macabros, e cando as teño, os meus ollos agardan para pecharse, ao amor do soño, que a luz apareza.

Teño o horror da que oh Deus! terei que nomear: da morte. Xamais me farían permanecer nunha casa onde houbese un cadáver, así fose o do meu máis amado amigo. Mirade: esa palabra é a máis fatídica das que existen en calquera idioma: cadáver... Rístes, rides de min: sexa. Pero permitídeme que vos diga a verdade do meu segredo. Eu cheguei á República Argentina, prófugo, despois de estar cinco anos preso, secuestrado miserablemente polo doutor Len, o meu pai, o cal, se era un gran sabio, sospeito que era un gran bandido. Por orde súa fun levado á casa de saúde; por orde súa, pois, temía quizais que algún día me revelase o que el pretendía ter oculto... O que ides saber, porque xa me é imposible resistir o silencio por máis tempo.

...

18 de agosto de 2023

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 

28.- Antonio Pío, en clemencia; 
Marco Aurelio, en igualdad 
del semblante; 
Adriano, en elocuencia; 
Teodosio, en humanidad 
e buen talante. 
Aurelio Alexandre fue 
en disciplina e rigor 
de la guerra; 
un Constantino, en la fe; 
Camilo, en el grand amor 
de su tierra. 

17 de agosto de 2023

Aforismos de Leonardo

559.- Tropas de gando azoutadas pola saraiba, os raios e o vento arremuiñado. 

16 de agosto de 2023

Inicio de Universo deserto

Andrés Díaz Sánchez

Universo deserto

O Heroe, enfundado na súa negra e brillante armadura, alzou a visera do helmo para contemplar mellor o panorama. O Gran Deserto, a desolación absoluta, o mar das dunas, estendíase cara ao infinito sobre un ceo eternamente azul escuro. Sabía que, outrora, aquela gran bóveda apareceu salpicada de constelacións, de lúas e marabillosos planetas fulxentes.

Agora non quedaba nada daquilo. O País da Area Vermella fluía baixo as súas botas e rodeábao en todas direccións, como unha titánica gaiola da que el non podía escapar. 

A suor introduciuse nos seus ollos de cor violeta claro e parpadeou varias veces. Mirou a Pedra Guía, na palma da súa man, cuxa punta afiada permanecía quieta, apuntando sempre cara á mesma dirección. Debía seguir os ditados da súa Pedra-Guía. Achegouse ao zezzari e lle palmeó o escamoso pescozo. O animal lambeu co seu rasposa lingua bífida o brazo cuberto de ferro, mostrando dúas fileiras de mortais cabeiros. A besta, como o seu amo, parecía cansada, abatida.

...

15 de agosto de 2023

TROYANOS

Constantino Cavafis
TROYANOS 
(1905) 

Son nuestras fatigas, las de los infortunados, 
son nuestras fatigas como las de los troyanos. 
A poco que triunfemos; a poco que orgullosos 
nos sintamos, comenzamos ya 
a tener ánimo y buenas esperanzas. 

Pero siempre ocurre algo y nos detiene. 
Aquiles surge en la trinchera ante nosotros 
y a grandes voces nos espanta. 

Son nuestras fatigas como las de los troyanos. 
Pensamos que con arrojo y decisión 
vamos a mudar la hostilidad de la fortuna 
y nos echamos fuera a pelear. 

Mas cuando llega el momento decisivo, 
el arrojo y decisión se desvanecen; 
se turba nuestra alma y paraliza; 
y en derredor corremos de los muros 
buscando salvarnos en la huida. 

Nuestra derrota es, sin embargo, segura. Arriba, 
en las murallas, el treno ya ha empezado. 
De nuestros días lloran recuerdos y pasiones. 
Con amargura lloran por nosotros Príamo y Hécuba. 

14 de agosto de 2023

Copa González March

Imos comezar o curso 2023-2024 con varios cambios e un deles é o valor asignado á Copa González March que nesta edición vai ser unha proba para torneos maiores nos que estamos pensando no Sporting Club Casino, a entidade que historicamente mais torneos importantes acolleu na Coruña.

Por este motivo a Copa González March deste 2023, organizada polo Sporting Club Casino e Palaestra con cargo aos seus propios orzamentos, vai servir para evaluar a posible recuperación dun torneo de lentas, lembrando aos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial que se celebraron no último tercio do século XX nas nosas instalacións.

BASES COPA GONZALEZ MARCH 2023

Organizan: Sporting Club Casino e SCD Palaestra.

Datas: Do luns 4 ao venres 8 de setembro de 2023.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.

Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: Venres 8 de setembro as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2200.

Inscricións:

A cota será de 10 euros. 

Os socios do Sporting Club Casino e de Palaestra terán bonificada a cota nun 50%.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 31 de agosto ou ata que se complete o aforo previsto.

Ata o día 20 terán preferencia na inscrición os xogadores federados polo Sporting Club Casino.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado socio do Sporting Club Casino: 20 euros.

1º clasificado da Universidade da Coruña: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha taza cun motivo de xadrez como agasallo.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.


12 de agosto de 2023

Inicio de Huitzilopoxtli

Huitzilopoxtli 

Rubén Darío

Lenda mexicana

Tiven que ir, hai pouco tempo, nunha comisión xornalística, dunha cidade fronteira dos Estados Unidos, a un punto mexicano no que había un destacamento de Carranza. Alí déronme unha recomendación e un salvoconducto para penetrar na parte de territorio dependente de Pancho Vila, o guerrilleiro e caudillo militar formidable. Eu tiña que ver un amigo, tenente nas milicias revolucionarias, o cal me ofreceu datos para as miñas informacións, asegurándome que nada tería que temer durante a miña permanencia no seu campo.

Fixen a viaxe, en automóbil, até un pouco máis aló da liña fronteiriza en compañía de míster John Perhaps, médico, e tamén home de xornalismo, ao servizo de diarios ianquis, e do Coronel Reguera, ou mellor devandito, o Pai Reguera, un dos homes máis raros e terribles que coñecese na miña vida. O Pai Reguera é un antigo frade que, mozo en tempo de Maximiliano, imperialista, naturalmente, cambiou no tempo de Porfirio Díaz de Emperador sen cambiar en nada do demais. É un vello frade vasco que cre en que todo está disposto pola resolución divina. Sobre todo, o dereito divino do mando é para el indiscutible.

-Porfirio dominou dicía-porque Deus quíxoo. Porque así debía ser.

...

11 de agosto de 2023

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 

27.-En ventura, Octaviano, 
Julio César, en vencer 
e batallar; 
en la virtud, Africano; 
Aníbal, en el saber 
e trabajar; 
en la bondad, un Trajano; 
Tito, en liberalidad, 
con alegría, 
en su brazo, Aureliano; 
Marco Atilio, en la verdad 
que prometía. 

8 de agosto de 2023

Torneo Día da Xuventude

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos un novo Torneo, que coma as outras actividades da nosa entidade ven con intención de quedarse.

O Día Internacional da Mocidade
A Asemblea Xeral da ONU en 1965, tratou por vez primeira a importancia de potenciar entre a xuventuden os valores de convivencia. ideais de paz,  O Día Internacional conmemórase todos os anos o 12 de agosto para chamar a atención sobre os problemas da mocidade e para axudar a desenvolver o potencial dos mozos como socios da sociedade actual. 

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DIA DA XUVENTUDE

Data: 12 de agosto de 2023.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Senior (55 anos), Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. Segundo o número e variedade dos participantes poderán xogar en unha ou varias categorías todos xuntos.
 
Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
Libro de agasallo para os asistentes.

Partcipantes: Ata 40 participantes.

Inscricións: Abertas ata o venres 11 ou completar aforo. 
Deben facerse neste formulario:


Cota: Gratuito. 

Actividade complementaria: O venres 11 teremos ás 20,15 no mesmo lugar un torneo de partidas rápidas.


Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

7 de agosto de 2023

Disputado este pasado sábado 5, tivo como vencedor a Brais Martínez, no que era a súa última participación en torneos en España antes de viaxar por estudos a México durante cinco meses. 

O torneo era un adestramento para o Torneo do Día Mundial da Xuventude que se celebrará o próximo sábado.

A clasificación foi a seguinte:

1º Brais Martínez
2º Iago Soto
3º Félix García
4º José Pardo
5º Francisco Cánovas
6º Roberto Blandón


5 de agosto de 2023

Cantiga

O que non canta nen baila
que vai facer no serán?
aprender catro mentiras
para contar pola mañán

4 de agosto de 2023

Torneos sábados de agosto

Este primeiro sábado de agosto teremos un pequeno torneo amigable cun trofeo e o sábado 12 celebraremos o Torneo do Día Mundial da Xuventude que agardamos sirva para dar inicio tamén a un novo programa xuvenil da nosa entidade.

Se te apetece simplemente pasa este sábado ás 17,00 polo Centro Comercial Los Rosales.

E podes anotarte no torneo do Día da Xuventude onde teremos un trofeo para o mellor das categorias senior, absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub8. 

Xa sabes dous sábados para botar unhas partidas.

SÁBADO 5 DE AGOSTO
Centro Comercial Los Rosales
17,00 horas
Partidas a 15 minutos finish.
Trofeo para o mellor clasificado.

1 de agosto de 2023

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 

26.- Amigo de sus amigos, 
¡qué señor para criados 
e parientes! 
¡Qué enemigo de enemigos! 
jQué maestro de esforzados 
e valientes! 
¡Qué seso para discretos! 
¡Qué gracia para donosos! 
¡Qué razón! 
¡Qué benigno a los sujetos! 
¡A los bravos e dañosos, 
qué león!