TEMPLARIO
De Michael Bentine
-Cando cheguen os nosos invitados sarracenos, Nion Braz -respondeu Belami.-Debemos ser hospitalarios. O aire nocturno adoita ser moi frío por estas latitudes. Brindarémoslles unha boa fogueira rugiente para que quenten os seus ósos pagáns.
Naquel momento, a forza principal sarracena enviou unha onda da cabalaría pesada, cubríndoa cun manto de frechas, que se estrelaban contra as murallas da cidade.
-Ao castelo! -gritou o veterano servidor templario-. Que os pagáns ataquen a porta co ariete.
Os sarracenos levaban escudos colocados na clásica testudo romana, ou formación «tartaruga». Así protexidos, empuxaban un pesado ariete diante deles e procederon a embestir a dobre porta.
Torrentes de frechas escitas varrían as murallas da cidade, que agora se atopaban desertas. Ninguén saiu ferido.
-Retirada! -gritaba Belami.
A súa reducida forza retrocedeu pola rúa, en tanto os arqueiros cubrían as portas que se astillaban. Belami sabia que para que a súa trampa tivese efecto, non había de espertar sospeitas. Tiñan que simular que defendían con uñas e dentes cada palmo de terreo.
Ao ceder as portas baixo os repetidos golpes do ariete con punta de ferro, un feixe de infantes sarracenos ululantes precipitouse por elas. A maioría eran arqueiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.