30 de decembro de 2021

Aforismos de Leonardo

488.- Avaricia.- O sapo nútrese de terra, e está sempre fraco, porque non come nunca até saciarse: tanto é o seu temor de que chegue a faltarlle o alimento. Foxe da luz do sol; e cando a ela é exposto con violencia, se axita e oculta a cabeza para resgardala dos seus raios. Tal fai o inimigo da clara e esplendente virtude, cando o seu rebelde espírito é obrigado a enfrontala. 

29 de decembro de 2021

ANDROMACA

Esposa do príncipe herdeiro troiano Héctor. Tras a caída da cidade, coñeceu os desastres do que é unha guerra que arruína tanto aos vencedores como a vencidos. Tivo que ver a morte do seu marido e do seu fillo Astiniacte. A soada pasaxe do canto VI da Ilíada no que Héctor -co seu tremolante casco- despídese da súa muller e do seu fillo para acudir ao combate, no que atopará a morte, segue sendo unha escena tan actual como patética.

27 de decembro de 2021

Última semana de 2021

Grazas ao apoio da Deputación da Coruña e do Centro Comercial Los Rosales propoñemos as seguintes actividades para esta semana:

LUNS 27 DE DECEMBRO

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes. Trofeo para os tres mellores.

MARTES 28 DE DECEMBRO

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub10 reservado a nados en 2011 ou seguintes. Trofeo para os tres mellores.

MERCORES 29 DE DECEMBRO

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupomáximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub12 reservado a nados en 2009 ou seguintes. Trofeo para os tres mellores.

XOVES 30 DE DECEMBRO

17,00 a 20,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, xornada en grupo máximo de 8 participantes de xogos de mesa.

20,00 a 21,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, torneo de partidas rápidas de xadrez.

ANOTARSE NAS ACTIVIDADES NO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES

25 de decembro de 2021

24 de decembro de 2021

23 de decembro de 2021

Aforismos de Leonardo

487.- Castidade.- A tórtola non engana xamais ao seu compañeiro. Se este morre, o outro observa perpetua castidade, e non se pousa máis sobre as ramas verdes, nin bebe auga clara. 

22 de decembro de 2021

AS AMAZONAS

Lendario pobo de mulleres belicosas, non en balde eran fillas do deus da guerra, Ares.
O seu nome parece que significa "sen un peito" ou "mulleres lúa."
Contra elas combateron os máis soados guerreiros, dada a fama que tiñan de invencibles.
Un dos Doce Traballos de Hércules (Heracles) foi precisamente enfrontarse a Hipólita, a raíña das Amazonas. Máis tarde, tamén o rei de Atenas Teseo derrotounas cando invadiron o Atica.

20 de decembro de 2021

Vocabulario médico galego

xugulante 



adx. Relativo ó método terapéutico que consiste en facer aborta-la doenza. 

18 de decembro de 2021

Confucio

- Entristécete non porque os homes non saiban de ti, senón porque ti non coñeces aos homes.  

Confucio

17 de decembro de 2021

XADREZ NO NADAL

Grazas ao apoio da Deputación da Coruña, do Centro Comercial Los Rosales e do Sporting Club Casino temos este ano unha intensa actividade de xadrez.

Estas son as nosas suxerencias ata final de ano:

VENRES 17

17,30 a 18,30 no Sporting Club Casino-Zapateira (só para socios): Torneo González March de partidas a 5 minutos.

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales: Continúa as fases previas do Torneo Sub18 iniciado o día 3 co cuarto grupo de clasificación.

18,30 a 20,00 no CC Los Rosales: Liga final do Torneo Sub18. Clasificados os 8 mellores.

Se queres mais xadrez, o CIDU ten actividade a partir das 20,15 no Centro Universitario de Riazor (www.xadrezuniversitario.org)

SABADO 18

12,00 a 14,00 no Sporting Club Casino-Zapateira (só para socios): Torneo González March de partidas a 10 minutos.

17,30 a 19,30 no CC Los Rosales: En colaboración co CIDU. Torneo Aniversario (información en www.xadrezuniversitario.org)

DOMINGO 19

Non temos nada, pero AGAX e Xadrez das Mariñas organizan o torneo máis antigo da cidade; o LXXIII Torneo de Navidad. Información en www.agax.org.

MERCORES 22 E XOVES 23

Estes días non faremos actividade para animar á xente a participar no Torneo Nadal en Cambre que organizan Sihgrás e Xadrez das Mariñas dentro do Circuito Xadrez das Mariñas de AGAX.

DOMINGO 26

AGAX organiza o Torneo Ludo e o Torneo Senior Cidade da Coruña. Información en www.agax.org.

LUNS 27

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes.

MARTES 28

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupo máximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes.

MERCORES 29

17,00 a 18,30 no CC Los Rosales. Clases de Iniciación en grupomáximo de 8 participantes dirixida especialmente aos nados en 2013 ou seguintes. Agasallo dunha máscara anti COVID para os participantes.

18,30 a 20,00 (hora máxima de finalización) no CC Los Rosales. Torneo Sub8 reservado a nados en 2013 ou seguintes.

XOVES 30

17,00 a 20,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, xornada en grupo máximo de 8 participantes de xogos de mesa.

20,00 a 21,00 no CC Los Rosales. En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, torneo de partidas rápidas de xadrez.

VENRES 31

AGAX organiza o Torneo Aninovo. Información en www.agax.org.

E no 2022 teremos actividades tamén durante os días de vacacións no Centro Comercial Los Rosales e retomaremos a actividade da nosa escola.

ANOTARSE NAS ACTIVIDADES NO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES

16 de decembro de 2021

Aforismos de Leonardo

486.- Temor ou covardía.- A lebre treme de temor perpetuamente. Basta para asustala e facela fuxir o ruído das follas que caen das árbores no outono. 

15 de decembro de 2021

ALCINOO

Rei dos feacios, pobo mítico da Odisea.
A súa filla Nausicaa descubriu a Odiseo na praia á que chegara como náufrago.
Conduciuno ao palacio, onde o seu pai acolleuno cos dons da espiritualidade, facilitándolle posteriormente continuar a viaxe de regreso á súa illa de Itaca.

13 de decembro de 2021

10 de decembro de 2021

Imitación

Toufik, de 37 anos que chegou hai 13 anos do seu Lille natal e é pai de tres fillos "Cando cheguei cruzaba polos pasos de peóns en vermello se non pasaba ningún coche. Deime conta das miradas de reprobación e de que os alemáns non o facían. Así que lles imitei"

O contaba tras chegar a Alemaña

9 de decembro de 2021

Aforismos de Leonardo

485.- Paz.- Escribiuse que o castor, cando os cazadores perségueno por mor da virtude medicinal dos seus testículos, sabéndoo, detense, se non pode fuxir, os curta cos seus afiados dentes, e abandónaos aos seus inimigos. 

8 de decembro de 2021

AGAMENON


Rei de Micenas e xefe supremo da expedición grega, denominada tamén como aquea, que foi combater a Troia.

Era o irmán de Menelao, o marido de Helena, a que foi responsable última da guerra mencionada.

Cando Agamenón regresou a Micenas despois de dez anos de ausencia morreu asasinado pola súa esposa Clitemnestra.

O fillo de ambos, Orestes tivo que cargar coa obrigación moral de vingar a morte do seu pai, acto que executa coa axuda da súa irmá Electra.

6 de decembro de 2021

X TORNEO DE NADAL

X XADREZ DE NADAL


Grazas á Deputación da Coruña e ao Centro Comercial Los Rosales presentamos un ano mais o Torneo de Nadal.

Como xa pasou o ano pasado a COVID marca este torneo, co que chegamos á décima edición do torneo. O cambio fundamental neste ano é que o torneo será sub12 (para nados en 2009 ou seguintes).

A actividade ten a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatoria contar coa licenza federativa de 2021.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que naceran en 2009 ou seguintes. Haberá un máximo de 32 xogadores. Estarán divididos por categorías pero en función do número de inscritos poderán xogar nun mesmo grupo.

2. Modalidade.
Partidas en sistema suizo en 6 roldas.

3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. A criterio do árbitro podería non colocarse reloxo nas partidas ou ao principio das mesmas.

4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales. Planta Alta

5. Data e horario.
SABADO 11/12/2021 
1ª Rolda: 11,30 / 2ª Rolda: 12,15 / 3ª Rolda: 13,00 
4ª Rolda: 17,00 / 5ª Rolda: 17,45 / 6ª Rolda: 18,30 

6. Premios.
Recibirán trofeo os tres mellores de cada categoría.
Sub12 (2009-2010) Sub10 (2011-2012) Sub8 (2013 ou seguintes)
Ademais todos os participantes recibirán unha medalla e unha máscara de protección COVID.

7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Solicitamos a entrega de alimentos non perecedeiros.
Se non estás federado o Centro Comercial Los Rosales ofrece a posibilidade de pagar a ficha federativa. De ser este o caso escribide a asociacion@palaestra.net para realizar a federación no noso club.

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus tutores) autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). É aconsellable que cada xogador leve un frasco de xel.
3. Tamén será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

PREME PARA ANOTARSE

4 de decembro de 2021

Confucio

- Se non podes gobernarche a ti mesmo... como saberás gobernar aos demais?  

Confucio

3 de decembro de 2021

O final da paciencia

O final da paciencia é un libro dunha xuíza de menores de Berlin que se suicidou días antes da publicación e é como unhas memorias nas que describe a "capital que non ven os turistas" e na que aparecen menores traídos de Palestina e Líbano para vender droga na rúa, aproveitando certa impunidade legal. A autora desespérase ao ver como a rede de protección social alemá é incapaz non xa de reeducarlos senón sequera de controlar a estes rapaces.


2 de decembro de 2021

Aforismos de Leonardo

484.- Pantera.- Coas entrañas fóra loita aínda cos cans e os cazadores. 

1 de decembro de 2021

ADONIS

Mozo de singular beleza, fillo do rei de Chipre Ciniras e do seu incestuosa unión coa súa filla Mirra.

A propia Afrodita -deusa do amor- namorouse del pero a súa vida foi curta. Morreu esnaquizado por un xabaril que lle enviou Ares por celos. A deusa converteu o seu sangue en flores.

Zeus dispuxo que xa morto pasase seis meses do ano con Afrodita e os outros seis nos Infernos, con Perséfone. O seu culto estivo asociado á vexetación e as colleitas: a flor que leva o seu nome comparte a súa beleza e curta vida.

O mito alude aos ciclos da morte e renacemento da natureza.