31 de maio de 2021
Vocabulario médico galego
30 de maio de 2021
Nick Kamen - I promised myself
29 de maio de 2021
28 de maio de 2021
27 de maio de 2021
Aforismos de Leonardo
26 de maio de 2021
Inicio de Unha filla de Ramsés
Lord Dunsany
Hai días en que a atmosfera está sobrecargada. Ataféganos até o punto de que o noso humor languidece. Non é culpa da nosa filosofía; ocorre sinxelamente que non estamos feitos para soportar o atroz peso do aire, polo menos cando se axita mentres a Terra dorme e pésanos máis do que estamos afeitos. Recordo que un día camiñaba cara ao club completamente fatigado e oprimido a causa, segundo crin entón, das perplexidades dos asuntos da raza humana. Debería buscar unha causa máis importante, pero un lóstrego que atravesou o ceo como un pranto desgarrado pronto me indicou que a miña sensación dos problemas en marcha procedía do inminente esforzo da Terra por desprenderse de parte da electricidade que dalgunha maneira estaba a molestarlle ou ameazando. Pero cheguei ao club antes que o lóstrego, de maneira que seguía sen saber que era o que me atafegaba. Así é que, no canto de mirar o barómetro para ver realmente de que ía a cousa, busquei o paliativo máis a man preguntándolle a Jorkens, que estaba sentado pesadamente entre varios socios silenciosos.
25 de maio de 2021
Nova entidade
...O fin xenérico da asociación será o de recoller, difundir e fomentar os feitos de calquera orixe ou as obras de todo autor que signifiquen unha exaltación para Galicia e un enriquecemento do seu acervo cultural ou das súas posibilidades vitais, auspiciando ou creando seccións e organismos que tendan ao mellor coñecemento dos valores históricos e actuais de Galicia e ao estudo e solución dos problemas que lle afecten.
Nos próximos días agardamos informar de actividades previstas por esta entidade.
24 de maio de 2021
Vocabulario médico galego
23 de maio de 2021
22 de maio de 2021
21 de maio de 2021
ACTIVIDADES DE XADREZ ESTE FIN DE SEMANA
SÁBADO ÁS 16,00
Só para os nados en 2009 ou seguintes.LIGA AGAX SUB12 ás 16,00
https://xogandocoxadrez.blogspot.com/2021/01/liga-agax-online-sub12.html
Torneo deste sábado:
Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #B5ORwKYF • lichess.org
SÁBADO ÁS 17,30
Adestramento presencial ao aire libre na Casa das Ciencias con máximo de 12 xogadores de calquera idade.FEDERARSE
Lembra que se queres federarte para xogar xadrez presencial podes pasar polo espazo do CIDU (PREME) ou de Xadrez das Mariñas (PREME)
20 de maio de 2021
Aforismos de Leonardo
19 de maio de 2021
Sendeiro polo entorno do Mosteiro de Carboeiro
Imos facer mentras dure a situación actual grupos pequenos, de 2 a 8 persoas, que é mellor pola situación, polo medio ambiente e por organización.
O destino e a Fervenza do Toxa e o Mosteiro de Carboeiro (este último xa o visitamos hai anos como podedes ver en http://www.visitacultural.com/2017/10/mosteiro-de-san-lourenzo-de-carboeiro.html)
Iremos en coches particulares, cada cal ao seu ritmo con idea de chegar entre 12,00 e 13,00 e comer na ruta.
Entre xoves e venres determinaremos a hora e se queres unirte escribenos a incude@udc.es
As características desta ruta, que buscaremos facer no futuro con mais xente é a que podes ver na folla informativa.
Visitas previstas no 2021: Castro de Elviña, Castelo de Santa Cruz, Pazo de Mariñán, Pazo de Tor (Monforte), Ponte Furelos (Melide), Celanova...18 de maio de 2021
O nome Brigantium
As comunicacións entre os finis-terraes do atlántico serviron no seu día para crear unha comunidade céltica oceánica, na que os brigantinos, asentados no noroeste de Galicia e tamén no centro de Britania, era un dos pobos principias.
O territorio que despois sería Gallaecia mantiña difíciles comunicacións cos seus veciños por terra, mais acontecía todo o contrario coas comunicacións marítimas que resultaban moi doadas. Así as relacións entre Galicia e as Illas Británicas comezaron nos tempos do Paleolítico, aumentaron no Neolítico e foron aínda maiores na Idade dos Metais.
Nun lugar estratéxico desta rede de comunicacións intercélticas aparecía a antiga cidade de Brigantia dos ártabros ou arrotrebas, no corazón do gran Golfo dos Ártabros. O céltico porto de Brigantia veuse transformado en Flavia Brigantium, en época romana. Era un punto de unión da Península Ibérica coas Illas Británicas e coas Galias atlánticas.
Diferentes historiadores sinalan o papel dos portos do norte de Galicia como punto de partida das migracións que levaron a cultura das mámoas ás Illas Británicas. Un dos puntos de partida destas emigracións prehistóricas foia Illa de Faro onde os celtas levantarían o santuario relixioso de Brigantia e os romanos organizarían o porto militar, Flavia Brigantium.
Os gregos deixaronos unha fermosa lenda de Hércules e Xerión, que tivera por escenario a Illa de Faro.
As primeiras noticias que temos por historiadores gregos e romanos anteriores á nosa era, dos primitivos poboadores das comarcas marítimas galegas, que tiñan no seu centro a actual cidade de A Coruña, informan de que estaban habitadas polos ártabros, que outras veces se chamaban arrotrebas, e que unha das grandes tribos deste gran pobo do noroeste era a dos brigantinos, que ocupaban o Portus Magnus Artabrorum (onde estaba a cidade ou pobo de Brigantia), e as bisbarras veciñas.
Estes vellos historiadores dan a entender que o pobo dos ártabros e o dos arrotrebas eran o mesmo. No noroeste de Francia debe estar unha rama deste mesmo pobo, que alí se chama Atrebate e tíñase pola tribo principal dos galos belgas.
A capital destes galos belgas era Nemetacum, máis tarde coñecida por Arras, cidade que en na Idade Media foi a capital do condado de Artois.
Mais difícil é precisar a relación que existía entre os brigantinos, que ocupaban a parte central das terras dos ártabros e estes mesmos, porque estes dous pobos aparecen como distintos e ocupando terras diferentes noutras partes de Europa, pero asociados un pouco a eles, como se foran da mesma familia. E moi posible que os brigantinos foran unha das ramas do grande pobo dos ártabros, pero un tanto diferentes e separados deles.
Brigantia era o grande santuario marítimo de Galicia nos vellos tempos celtas.
No centro dese mundo céltico estaba o maior lago da Europa occidental, coñecido hogano coma Lago Constanza. Ese lago coñecíase no mundo céltico como Lago Brigantino e alí desembocaba o río Brigantino, hoxe vemos este orixe no nome da austríaca Bergantz. Máis tarde o lago recibiu o nome de Lago dos Suevos.
En Galicia son dous os deuses que se conservaron en dúas cidades Lugh, na forma latinizada de Lugus, deus común a todos os pobos celtas e Brigantia, deusa nai dos brigantinos.
En Irlanda tomaba a o nome de Brighd, a cal ó cristianizarse identificouse como Santa Brígida. A península da Torre, xa sagrada na época neolítica ou na Idade do Bronce, volveu a ser cos celtas un santuario aínda mais importante.
Os grandes santuarios mai vellos de Galicia son marítimos como San Andrés de Teixido, Nosa Señora da Barca en Muxía e o de Brigantia debeu de ser un dos mais famosos, pois na súa busca veu Publio Licinio Craso e mais tarde Julio César.
A Torre de Hércules ergueuse nun promontorio ao xeito dun castro. É un lugar visible dende boa parte dos castros das Mariñas.
Segundo lendas irlandesas Mil, tamén coñecido como Mileadh ou Milesio, era o neto de Breogán, fundador da alta Torre en Brigantia, e de alí partiu cos conquistadores de Irlanda. O historiador irlandés O'Clery ó darnos conta en 1893 da chegada á Coruña do seu biografiado, Hugo Roe O'Donnell, conta que un dos seus primeiros actos foi visitar a Torre de Hércules, de onde partiran os seus antergos. «Hai una fortaleza no reino de Galicia, en España. Alí está a Torre de Breogán, chamada Brigantia. Foi edificada, hai moitos séculos, por Breogán, pai de Bratha, e foi deste lugar de onde partiron os fillos de Milesio, fillo de Bratha para tomar Irlanda ós Tuatha De Danann»
Julio César tras vencer a lusitanos e galegos ó sur do Douro marcha ó norte coa flota en dirección a Brigantia, o Portus Magnus dos Ártabros. Era mais unha exploración que unha conquista. Á vista da poderosa escuadra os habitantes de Brigantia sometéronse sen loita ó poder de Roma.
Nembargantes o auténtico dominio de Galicia non chegou ata Augusto, sobriño e sucesor, quen veu a dirixir a campaña contra os pobos do norte (29 a 25 a. de C.). Brigantia quedou algo marxinada e asi a calzada XIX non chegou ata aquí.
Houbo de agardarse á dinastía Flavia. Tivo nova vida como consecuencia das campañas para incorporar ao Imperio ás Illas Británicas.
Vespasiano, primeiro emperador dos Flavios concedeu o dereito do Lacio a moitas cidades hispanas.
O Faro construído chegou a variar o nome de Flavia Brigantia, que ás veces aparece como Farum Brigantium e este nome de Faro pervivirá logo. Aínda hoxe na organización eclesiástica de Galicia aparece o arciprestazgo de Far.
É probable que Vespasiano levantara o seu faro nun lugar no que se levantaba a antiga torre precéltica, como os brochs das illas Shetland.
A calzada XX, coñecida por «Per loca marítima» chegou por fin a Brigantia, convertida nun poderoso porto. Esta vía, a máis nova era a máis vella de Roma onde se coñecía por Augusta ou Hercúlea.
Mentres existiu o Imperio romano de occidente, Flavia Brigantia servía como gran centro de comunicación. Alí estaba acantonada unha cohorte de tropas auxiliares preparadas para saír rapidamente.
Cando o imperio empeza a caer en Brigantia estaba a Cohorte Celtibera que é enviada a Julióbriga na Cantabria, con vistas á defensa das invasións polo Pirineo.
Non volveu a Brigantium a Cohorte Celtibera, destruída polos invasores e a cidade sumiuse no silencio da Historia.
(Pensamos que este texto que atopamos é unha tradución recollida dun artigo de Emilio Fernández López)
17 de maio de 2021
A "verba" dos canteiros (Xaquin Lourenzo)
Oreta é auga
chumar é beber
mingueno é centeo
legún é día
marreira é galiña
caxenas é ferreiro
fustaxe é madeira
nende é non
gumarreira do mouco é perdiz
muriar é traballar
faxoteiro é borracho
arteleira é bruxa
gambela é chaqueta
xais é diñeiro
baduar é falar
estafador de rufieiras é machado
iscaino é muíño
racha é noite
cubicar é saber
ardoa é viño
16 de maio de 2021
15 de maio de 2021
14 de maio de 2021
Inicio de Ironías do destino
-Pero o feito é inefable e as estatísticas non son máis que iso, estatísticas. O feito máis notable é que son os mesmos da "última vez"...
13 de maio de 2021
Aforismos de Leonardo
12 de maio de 2021
INICIO DE CYRION EN BRONCE
Tanith Le
Máis preto do ceo que as árbores, a torre elevábase no manto verde do oasis. Baixo ela unha charca en repouso, adelfas, canas, columnas de palmeiras coas súas rotas celosías de frondas, que o sol, no seu percorrido cara ao oeste, desgarrara con diminutos dardos avermellados. Máis aló, en todas direccións, as secas dunas do deserto, tinguidas de cobre nas súas ladeiras occidentais.
Profetas e demos.
11 de maio de 2021
Inicio de O gato negro
Uns douscentos escalóns tiña eu que subir para chegar á primeira plataforma da torre. As anduriñas que aniñaban no verán debaixo dos canelóns de pedra entre o brión e a parietaria, non se asustaban coa miña presenza; sabían que de min nada podían temer. Polas tardes, pouco antes de tocar a Ave María, cando o sol chegaba ao seu ocaso, asomaba a unha das xanelas para contemplar o magnífico panorama que á miña vista presentábase, o cal sempre era novo para min, aínda cando o facia todas as tardes.
En efecto, a posta do sol, xa se contemple cen anos seguidos desde un mesmo sitio, sempre ofrece un espectáculo distinto cada vez, aumentando os seus encantos e a súa maxia. As tintas varían moito; as sombras presentan a cada instante un novo aspecto, e o colorido engalánase sempre con mil tons inesperados, debidos ao fecundo pincel da natureza. Daquela este poético cadro complétase enchéndose máis e máis de harmonía co ruído da brisa entre as árbores do bosque, as voces dos campesiños, o cencerro dos gandos, o murmurio do río, o aroma acre da selva, e pechando tan sublime conxunto, como a última nota nunha frase musical, a campá que dobra na torre, cuxo son se prolonga agradablemente no espazo até perderse do todo.
10 de maio de 2021
Vocabulario médico galego
9 de maio de 2021
8 de maio de 2021
7 de maio de 2021
6 de maio de 2021
Aforismos de Leonardo
5 de maio de 2021
INICIO DE HOMES DE BOA VONTADE
Ben Boba e Myron R. Lewis
Por que estaba a Lúa en paz cando todo o resto do Sistema Solar achábase en guerra?
Non tiña Idea de que a base lunar dos Estados Unidos fose tan grande e estivese tan perfectamente ben equipada - dixo o representante da ONU mentres cruzaba a escotilla da entrada.
os computadores e calculadores.
4 de maio de 2021
INICIO DE NON ACABARÁ CUN ESTALIDO
Dez meses despois de pasar por encima o último avión, Rolf Smith soubo sen dúbida que só sobrevivira outro ser humano. Esoutro ser humano chamábase Louise Oliver, e estaba sentada á mesa, fronte a el, na cafetaría dun drugstore en Salt Lake City. Comían salchichas de Viena enlatadas e bebían café.
A luz do sol golpeaba como unha sentenza a través do vidro roto dunha xanela. Non se ouvían ruídos nin dentro nin fóra; só un sufocante rumor de ausencia. O son de pratos na cociña, o ruído xordo e pesado dos tranvías: nunca máis. Había sol; e silencio; e os ollos acuosos, asombrados, de Louise Oliver.
Rolf inclinouse sobre a mesa e tentou atraer por un instante a atención daqueles ollos de peixe.