16 de novembro de 2014

JOÁN DE GAIA

JOÁN DE GAIA [B 1452 / V 1062]

Eu convidei un prelado a jantar, se ben me venha.
Diz el én est': «E meus narizes de color berengenha?
Vós avede-los alhos verdes, e matar-m'-iades con eles!»

-O jantar está guisado e, por Deus, amigo, trei-nos.
Diz el én est': «E meus narizes color de figos çofeinos?
Vós havedes os alhos verdes, e matar-m'-iades con eles!»

«Comede migu', e dirán-nos cantares de Martín Moxa».
Diz el én est': «E meus narizes color d'escarlata roxa?
Vós havedes os alhos verdes, e matar-m'-iades con eles!»

«Comede migu', e dar-vos-hei ua gorda garça parda».
Diz el én est': «E meus narizes color de rosa bastarda?
Vós havedes os alhos verdes, e matar-m'-iades con eles!»

«Comede migu'e dar-vos-hei temporão figo maduro».
Diz el én est': «E meus narizes color de morec'escuro?
Vós havedes os alhos verdes e matar-m'-iades con eles!»

«Treide migu', e comeredes muitas boas assaduras».
Diz el én est': «E meus narizes color de moras maduras?
Vós havedes os alhos verdes, e matar-m'-iades con eles!».

Ningún comentario:

Publicar un comentario