19 de marzo de 2024

Finalizan os Martes de Xadrez

Hoxe temos o último dos Martes de Xadrez antes da Semana Santa e remata o Torneo de adestramento de partidas lentas.

Será ás 19,00 no Centro Comercial Los Rosales.

Lembra que é unha actividade de balde grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

18 de marzo de 2024

Foto con cor

Na foto da semana pasada poñemo algo de cor e así vemos que o uniforme daqueles exploradores ou "boy scouts" eran azuis.

Tiñan unha imaxe bastante marcial.

16 de marzo de 2024

Sábado de Xadrez

Hoxe temos un novo Sábado de Xadrez, no que distintos equipos xogarán os seus enfrontamentos da Liga Galega de xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Se queres pasar a mirar ou botra unhas partidas estaremos dende ás 16,00 horas.

A Liga Galega parará logo durante dúas semanas e xa en abril voltaremos a organizar accións similares.

15 de marzo de 2024

Fotos de familia

Este sábado se queres podes traer as túas fotos antigas ao Centro Comercial Los Rosales e na sala de xadrez faremos unha dixitalización da mesma, para que teñas unha copia dixital por se algún día as perdes ou se deterioran.

Ademais daremos uns consellos para tratar de conservar mellor as imaxes do mellor xeito posible.

14 de marzo de 2024

Aforismos de Leonardo

Aforismos de Leonardo

586.- A súa altura é tal, en efecto, que case está por encima de todas as nubes; e de cando en cando nieva sobre ela, senón unicamente saraiba de verán, cando as nubes ascenden a maior altura; e esta saraiba consérvase de modo que, se non fose porque de cando en cando cae e de cando en cando soben tan alto as nubes (cousa que soamente ocorre un par de veces por xeración), o xeo formado por capas sucesivas de saraiba alcanzaría grandísima altura. Elas aparecen máis espesas a mediados de xullo. Puiden observar sobre min a escuridade tenebrosa do aire, e comprobar que o sol fería aquí, máis luminoso, a montaña, que nas baixas chairas; porque se interpuña menos aire entre a cima da montaña e o sol mesmo. 


13 de marzo de 2024

Historia da Coruña

...Esta comunicación ou transmisión das civilizacións mediterráneas, africanas e asiáticas ao Norte de Europa por España levou a cabo xeralmente por vía terrestre, a través dos Pireneos coa veciña Francia; pero tamén hai serios fundamentos para crer que esta comunicación hispano-europea utilizou as vías marítimas. E neste segundo medio de comunicación o papel de Galicia é de primeira importancia, pois mentres por terra o noso país ten difíciles comunicacións cos seus veciños doutras rexións españolas (Asturias e León) e de Trasosmontes, en Portugal, en cambio sucede todo o contrario coas comunicacións marítimas que son sumamente fáciles non só cos seus veciños na península, senón tamén con todos os países do Norte de Europa, pois Galicia ocupa unha posición sumamente estratéxica nesas comunicacións...

Emilio González López