30 de abril de 2020
Aforismos de Leonardo
402.- Pois non ves cantos obxectos son obra dos homes? E non ves a diversidade de animais, árbores e herbas e flores, e as fontes, os ríos, as cidades, os edificios públicos ou privados, tantas cousas de oportuno uso humano, como a multitude de roupaxes, de adornos, de artes?
29 de abril de 2020
Novela semanal. Decimoséptima entrega.
Agora si está claro
que o coche está a seguilo porque no retrovisor pode ver claramente que os
perseguidores teñen os ollos cravados nel. Estes semellan darse conta de que
están a dar voltas sen sentido e cambian de plan. Empezan a acelerar para tentar
poñerse á altura do Peugeot pero Duchamps pisa o acelerador sacando toda a
potencia do seu automóbil. Durante os seguintes cincuenta metros os dous coches
circulando case en paralelo, asustando aos condutores que chegan no sentido
contrario. Coa esquina do ollo o detective vai vendo que o copiloto está sacando
unha pistola do peto da súa chaqueta. Ante o perigo pisa a fondo o freo
deixando aos perseguidores adiantalo. Estes tamén fan o mesmo pero xa é tarde
porque a presa escapa por unha rúa estreita e cando retroceden ata alí esta xa
desapareceu.
Ten o corazón que
lle sae pola boca e non para de revisar os espellos, esperando ver ese coche
saír por algún lado. Agora sabe que eses asasinos queren facelo desaparecer. En
canto chegue a un lugar seguro debe chamar ao comisario para avisalo.
Ao fondo xa observa
o edificio que alberga o seu despacho. Aparca nunha praza libre e sae pitando
cara ao portal. Abre a porta subindo os chanzos de dous en dous cunha forza
renovada. Pecha a corta con chave e saca o móbil para chamar ao seu compañeiro,
aínda que cos nervios lle custa atinar na opción correcta. Escóitase o son de
espera, que se prolonga por vinte segundas. Non hai resposta pero non se rende
e volve a marcar o número do comisario. Pasan os segundos e cando empeza a
temer o peor descolgan o teléfono. Duchamps? Por que me chamas? Xusto me pillaches
no medio da sesta. Ten coidado Gérard, solta de golpe o detective, os asasinos
andan detrás de min e se cadra te teñen no seu punto de mira tamén. Non te
preocupes por min, contesta o comisario, non se atreverán a entrar aquí. Se o
ves necesario podo encargar a dous dos meus homes que te protexan. Poden saír en
cinco minutos e levarán un coche blindado. Ti queda onde estás. Escóitase un
disparo. Agora, escóitanse berros mesturados con máis disparos. A voz do
comisario vólvese distante, escóitase un toque seco e uns pasos que marchan. Os
disparos seguen por outros tres minutos e despois faise silencio. Duchamps agarda
outro minuto enteiro a que o comisario colla de novo o teléfono pero ante os malos presaxios finaliza a chamada. Exhausto, toma asento e tapa a cara coas mans para que
non lle vexan as bágoas porque, visto o acontecido, non se pode fiar nin das
paredes.
Continuará...
28 de abril de 2020
Visto nas Redes
A idea de que todo o mundo ten dereito a expresarse vai nos últimos anos mesturandose coa falsa idea de que todas as ideas son resepctables. E non é asi. Ti podes expresar a tuas ideas racistas sen que iso sexa en absoluto respectable. No tempo de virus temos visto esto en moitas ocasións, xente sen estudos, sen preparación cientñifica, falando do que se debería facer. Estamos a fabricar mais "cuñados" en todo o mundo que máscaras.
27 de abril de 2020
26 de abril de 2020
Visita a la Universidad de Wildstone
Hai uns días deixábanos Marcos Mundstock a inconfundible voz de Les Luthiers.
25 de abril de 2020
A imbecilidade de Galicia co seu patrimonio
Cando acontecen cousas tan seguidas como esta semana, na que uns fillos de... detrúen sen practicamente consecuencias os accesos ao Castro de Baroña ou estragan unha Via Romana, xa non se debe pensar en actos puntuais e aillados. Desprezar o público, o patrimonio e a historia ven sendo unha contante nesta terra. Galicia, antes exemplo de amor polo propio, ven sendo dende hai moitos anos un exemplo de estupidez colectiva.
Mentres ao sul de Miño publican unha interesante "Gúía de Boas Prácticas no sector forestal para o respeto polo patrimonio cultural".
Mentres ao sul de Miño publican unha interesante "Gúía de Boas Prácticas no sector forestal para o respeto polo patrimonio cultural".
24 de abril de 2020
REI BRUXO 143
Nestes tres días AGAX e INCUDE organizan os seus típicos torneos de xadrez e engaden Clash Royale.
Lembrade que hai uns concursos de debuxo e de contos de xadrez.
23 de abril de 2020
Aforismos de Leonardo
401.- Pero sabendo nós que a pintura abraza e contén en si todo canto produce a natureza ou a accidental actividade dos homes, e en resumo, todo o que poden comprender os ollos, parécenos un pobre mestre o que só fai ben unha figura.
22 de abril de 2020
Novela semanal. Decimosexta entrega.
Entra no despacho
cos pulmóns que lle saen pola boca. O comisario está sentado na súa mesa
inclinado dando un masaxe nos pés. Seica estaban a perseguirte ou? Pregunta o
comisario. Tecnicamente, si que me perseguiron hoxe, pero basta de cháchara,
que me tiñas preparado? Pois teño este informe sobre outra das vítimas que
morrera este mes. A esquiadora? Non, o empresario. Mira o informe e xa me dis o
que pensas. Duchamps colle o cartafol que lle ofrece, séntase nunha das
cadeiras que hai fronte á mesa do comisario e comeza a ler, pasando lentamente
as follas. Interesante, murmura o detective, o empresario tampouco era trigo
limpo. Segundo isto, andaba a lavar diñeiro procedente de actividades ilegais.
Como é que non se sabía nada disto? Pregunta Duchamps. O comisario levanta os
ombreiros cun xesto de resignación. Parece que hai moitos políticos corruptos;
pode ser que lle cubrisen as costas a cambio de cartos. O detective ráscase o
queixo medio pensativo. Ao final este asasino estábanos a facer o traballo porque,
agás o actor, o resto de vítimas tiñan merda debaixo da alfombra.
O detective
despídese do seu amigo e toma as escaleiras. Abaixo decátase de que o cartel de
avaria xa non está presente na porta do ascensor. Continúa cara a porta de
saída, saudando á recepcionista, e sae á rúa. Co sol que vai ten que colocar a
man diante dos ollos a modo de viseira. Ponse en marcha de volta ao coche. A
vista váiselle adaptando ao nivel de luminosidade aínda de non de todo porque
parece que ve raios de luz estraños camiñando pola beirarrúa. Xa chegou ao
Peugeot, que lle dá a benvida cunha multa debaixo do limpaparabrisas. O
detective non vira as liñas azuis que delimitan as prazas. Rosmando, métese no
coche e pono en marcha.
Xa van 10 minutos
que está conducindo e o sol non quere deixar de pegar forte. Pensaba que seguía
vendo resplandores raros cos ollos pero empeza a pensar que o están a seguir
porque ese coche negro lle vai detrás estaba á cola tres voltas de esquina
antes. Decide seguir outra camiño en lugar de ir directo ao seu despacho para
asegurarse.
Continuará...
21 de abril de 2020
DEP LUZ POZO
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Luz Pozo Garza. A decana da poesía galega, nada en Ribadeo en 1922, finou hoxe na Coruña, a cidade na que residía dende finais dos anos 80. A poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio formaba parte da RAG dende 1950, cando con só 28 anos foi nomeada membro correspondente, e dende 1996 era académica de número. A súa é unha das voces esenciais das letras galegas da segunda metade do século XX
Mais info
Mais info
20 de abril de 2020
19 de abril de 2020
18 de abril de 2020
REI BRUXO 142
Xadrez, Clash Royale e mais.
O sistema destas Xornadas, vai parecerse ao que temos no Circuito de Primavera. Por cada día cada xogador sumará só as dúas mellores puntuacións que teña nos torneos (do xeito habitual de 5 puntos a repartir á primeira posición, 4 para a segunda... etc). O desempate será a suma de todos os puntos dos Torneos
E como a idea é lembrar aos Irmandiños temos algunhas ideas especiais e mais combativas. Alá van:
ACTIVIDADES DO VENRES
1 13,00. Torneo Prexantar. Variante 3 xaques en Chess.com. PREME
2 17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
3 20,30. II Torneo XDM Bullet Online en Lichess (Ollo ao tempo!). PREME
4 21,15. Torneo - BATTLE RUSH en Chess.com. PREME
Os interesados deben entrar no foro do Club entre 21,00 e 21,15 e alí serán avisados os emparellamentos. Modalidade de Puzzle Rush competindo con outro xogador a 3 minutos..
5 00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME
ACTIVIDADES DO SABADO
6 13,00. Torneo Prexantar. Variante 3 xaques en Chess.com. PREME
7 17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
8 18,00. Torneo CLASH ROYALE.
O Torneo chamarase TORNEO IRMANDIÑOS INCUDE
9 00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME
ACTIVIDADES DO DOMINGO
10 13,00. Torneo Prexantar. Variante 3 xaques en Chess.com. PREME
11 17,00. Torneo da Sesta. FischerRandom en Chess.com. PREME
12 20,00. Torneo CLASH ROYALE.
O Torneo chamarase TORNEO IRMANDIÑOS INCUDE
13 00,30. Torneo Vai Durmir en Chess.com. PREME
E que mais podo facer?
Hai varios torneos por equipos en Lichess, vai ao espazo do Club XDM e anótate!
Certame de Debuxo Xadrecistico (un punto por participar estes días) - Mais info aqui: PREME
Certame de Contos (DOUS puntos por participar estes días)- Mais info aqui: PREME
17 de abril de 2020
Visto nas redes
Un aberrante proxecto de 1987 entre dous divos Paco Vázquez e Bofill.
Afortunadamente non se tivo en conta.
Afortunadamente non se tivo en conta.
16 de abril de 2020
Aforismos de Leonardo
400.- Podernos afirmar rotundamente que se enganan os que chaman bo mestre ao pintor que só fai ben unha cabeza ou unha figura. Non é, á verdade, gran fazaña conseguir, a forza de estudar unha soa cousa toda a vida, facela con certa perfección.
15 de abril de 2020
Novela semanal. Decimoquinta entrega.
No letreiro lese
rúa Voleur, indicativo de que Duchamps chegou ao seu destino. Mirando ao seu
redor no ve ningunha praza libre para aparcar o coche. Así que decide dar unha
volta por se hai sorte e aparece unha libre. Pasa por diante dun bar que se
chama Le Gourmet, dentro do cal se ven varios policías tomando a súa rosquilla
diaria; unha das diarias para ser máis exactos. Parece que xa só queda unha e
forman un círculo. No centro dous policías novatos deberán loitar para
conseguir a rosquilla e o respecto do seu compañeiros, que berran e axitan as
pistolas apuntando ao teito. O detective segue o seu camiño mentres se escoitan
os primeiros gritos de dor. Tras virar por unha rúa atopa unha praza libre para
aparcar en batería pero tamén se da conta de que unha señora vella lle ten
botado o ollo e se achega a toda velocidade no seu todoterreo. Duchamps debuxa
o sinal da cruz no peito e pisa o acelerador. Coa adrenalina polas nubes os
dous coches van diminuíndo a distancia que queda pero ningún dos dous ten claro
que conseguirá a praza. A pesar dous anos, o Peugeot consegue salvar o honor de
Duchamps que dispón a aparcar. De paso saúda á señora, que lle responde cun
corte de manga, e aparca o coche.
Parece que xa
chegou á entrada da comisaría. Dentro non hai moito movemento porque están
aínda no bar. Abre a porta e contesta á recepcionista, que pregunta motiva da
visita, que ten unha reunión co comisario. Segue polo corredor principal ata o
ascensor cun cartel pegado que avisa dunha avaría. Mala sorte. Non pasaría nada
por subir polas escaleiras ao segundo andar pero está canso de estar correndo
dentro da mansión. De todos modos non lle queda outra así que empeza a subir, quedando
sen aire a cada chanzo que supera. Con suor nas axilas, Duchamps chega ao
segundo andar e xa ve ao fondo a porta co nome do comisario. Coas derradeiras
forzas que lle quedan atravesa metros finais, dá dous toques na porta e ábrea.
Continuará...
14 de abril de 2020
13 de abril de 2020
Vocabulario médico
12 de abril de 2020
11 de abril de 2020
O REI BRUXO
10 de abril de 2020
Cita
Fala baixo, fala despazo e fala o menos posible
O consello de John Wayne a Michael Caine, recibido antes do seu mentor John Ford
O consello de John Wayne a Michael Caine, recibido antes do seu mentor John Ford
9 de abril de 2020
Aforismos de Leonardo
399.- Quen condena a pintura, condena a natureza, posto que as obras do pintor representan as obras da natureza. O que así blasfema carece, pois, de sentimento.
8 de abril de 2020
Novela semanal. Decimocuarta entrega
Entre medo e tristeza comeza a falar. Sempre sospeitei que o meu marido andaba en cousas raras. Fará como cinco anos que empezou a saír pola noite no medio da semana sen comentarme nada, traía xente que non coñecía de nada e tiñan reunións ás que me prohibía asistir. Ás veces esas reunións poñíanse violentas cando escoitaba berros. Eu preguntáballe que pasaba pero non me quería contar nada. E un día deixaron de vir esas persoas á mansión. El non estaba ben, notábaselle na cara, na forma de falar. O que máis me asustou foi cando comezou a dicir que o estaban seguindo, quen non estabamos seguros aquí. Unha semana antes da súa morte tiñamos pensado mudarnos a outro país pero, como xa saben, esa viaxe non se produciu. E esa persoa que morreu, o amigo do seu marido, que implicación ten en todo este asunto? pregunta Duchamps. O único que sei é que tamén ía a esas reunións. Realmente era a única persoa que coñecía con anterioridade e despois da derradeira reunión foi o único que seguín vendo. Dáme a sensación de que quixeron saír dunha seita ou algo peor e matáronos por iso, di a viúva escondendo a cara tras un pano cheo de bágoas.
O detective e o comisario levántanse dos seu asentos e murmuran entre eles. Ti pensas que pode ser realmente unha seita? pregunta o comisario. Non che sei, pero se é certo debemos ter coidado coas paredes, neste mesmo momento poderían estarnos escoitando. Xa non sei se me podo fiar de ti. Déixate de parvadas, o único estivo en algo parecido a unha seita fuches ti en primaria cando conseguiches xuntar un grupo de axudantes aos que pagabas con lambetadas, contesta o comisario. Ai, como me acordo e cando poder tiña nas miñas mans. Vólvense os dous cara á señora, que segue chorando. Señora Reno, non desexa cambiar de sitio? pregunta o comisario. Podemos ofrecerlle un lugar seguro con vixilancia de vinte e catro horas ao día. Non se preocupe, señor comisario, teño vixilancia dabondo nesta mansión, non se preocupe, asegura a viúva.
Saen pola porta principal o comisario e o detective e van baixando polo camiño serpeando a través do xardín. Cando chegan á entrada da finca o comisario dille a Duchamps: Teño novas informacións sobre un dos casos que levo, se queres pasamos agora polo meu despacho a mirámolo un momentiño. Lévote no me coche patrulla ou viñeches no teu propio medio de transporte? Vin, si, vin, responde Duchamps. Leva a súa man ao peto da chaqueta para sacar a chave do coche pero aí non hai nada. De golpe, lembra que aínda vai vestido de camareiro. Eh, ti vai tirando que deixei algo na mansión. Mentres o comisario vai tirando cara ao seu coche, Duchamps dá media volta e sae correndo en dirección á mansión. Cando ninguén o ve métese entre os matos e empeza a buscar o lugar en que escondeu o seu traxe. Tras cinco minutos xa ten colocado o último botón e fai o camiño inverso, sen antes colocar o uniforme do camareiro na porta de entrada da mansión. Móntase no seu vello Peugeot 406 e colle rumbo á comisaría.
Continuará...
O detective e o comisario levántanse dos seu asentos e murmuran entre eles. Ti pensas que pode ser realmente unha seita? pregunta o comisario. Non che sei, pero se é certo debemos ter coidado coas paredes, neste mesmo momento poderían estarnos escoitando. Xa non sei se me podo fiar de ti. Déixate de parvadas, o único estivo en algo parecido a unha seita fuches ti en primaria cando conseguiches xuntar un grupo de axudantes aos que pagabas con lambetadas, contesta o comisario. Ai, como me acordo e cando poder tiña nas miñas mans. Vólvense os dous cara á señora, que segue chorando. Señora Reno, non desexa cambiar de sitio? pregunta o comisario. Podemos ofrecerlle un lugar seguro con vixilancia de vinte e catro horas ao día. Non se preocupe, señor comisario, teño vixilancia dabondo nesta mansión, non se preocupe, asegura a viúva.
Saen pola porta principal o comisario e o detective e van baixando polo camiño serpeando a través do xardín. Cando chegan á entrada da finca o comisario dille a Duchamps: Teño novas informacións sobre un dos casos que levo, se queres pasamos agora polo meu despacho a mirámolo un momentiño. Lévote no me coche patrulla ou viñeches no teu propio medio de transporte? Vin, si, vin, responde Duchamps. Leva a súa man ao peto da chaqueta para sacar a chave do coche pero aí non hai nada. De golpe, lembra que aínda vai vestido de camareiro. Eh, ti vai tirando que deixei algo na mansión. Mentres o comisario vai tirando cara ao seu coche, Duchamps dá media volta e sae correndo en dirección á mansión. Cando ninguén o ve métese entre os matos e empeza a buscar o lugar en que escondeu o seu traxe. Tras cinco minutos xa ten colocado o último botón e fai o camiño inverso, sen antes colocar o uniforme do camareiro na porta de entrada da mansión. Móntase no seu vello Peugeot 406 e colle rumbo á comisaría.
Continuará...
7 de abril de 2020
6 de abril de 2020
5 de abril de 2020
4 de abril de 2020
DEBUXO XADRECISTICO
1. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera idade, con traballos en branco en negro (a unha soa tinta). Poderán presentar un ou varios debuxos. O xadrez debe aparecer nos mesmos xa sexa dunha maneira principal ou secundaria.
2. Os traballos serán inéditos, mellor se son elaborados nestes días especiais, e cunha extensión non superior a un A4.
3. As obras enviaranse en formato PDF ou JPG até o día 1 de maio de 2020 por correo electrónico a correo@agax.org.
4. O nome do autor debe debe aparecer no texto da mensaxe do correo e non na obra en si.
5. AGAX determinará a composición do tribunal calificador entre xadrecistas e simpatizantes que non se presentaron ao concurso, nin eles nin familiares próximos. O fallo do xurado será inapelable.
6. Os traballos seleccionados editaranse neste 2020, sendo as ilustracións do libro que anualmente edita a nosa asociación.
7. Ademais AGAX entregará aos autores seleccionados un lote de libros editado pola asociación, un bolígrafo e unha camiseta da entidade. O mellor dos debuxos presentados recibirá tamén un trofeo conmemorativo consistente nunha peza de Sargadelos.
8. A participación no Certame supón a aceptación destas Bases.
Hoy es el Día de las Artes de Galicia y la Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro de nuestro programa de actividades de este periodo de confinamiento, el Certamen de Dibujo Ajedrecístico, con arreglo a las siguientes BASES:
1. Podrán participar en el certamen todas las personas que lo deseen, de cualquier edad, con trabajos en blanco y negro (a una sola tinta). Podrán presentar uno o varios dibujos. El ajedrez debe aparecer en los mismos ya sea de una manera principal o secundaria.
2. Los trabajos serán inéditos, mejor si son elaborados en estos días especiales, y con una extensión no superior a un A4.
3. Las obras se enviarán en formato PDF o JPG hasta el día 1 de mayo de 2020 por correo electrónico a correo@agax.org.
4. El nombre del autor debe aparecer unicamente en el texto del mensaje del correo.
5. AGAX determinará la composición del tribunal calificador entre ajedrecistas y simpatizantes que no se hayan presentado al concurso, ni ellos ni familiares próximos. El fallo del jurado será inapelable.
6. Los trabajos seleccionados se editarán en este 2020, constituyendo las ilustraciones del libro que anualmente edita nuestra asociación.
7. Además AGAX entregará a los autores seleccionados un lote de libros editado por la asociación, un bolígrafo y una camiseta de la entidad. El mejor de los dibujos presentados recibirá también un trofeo conmemorativo consistente en una pieza de Sargadelos.
8. La participación en el Certamen supone la aceptación de estas Bases.
3 de abril de 2020
DEP Xosé Luís Franco Grande
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Xosé Luís Franco Grande (Tomiño, 1936 – Vigo 2020). O académico de número cultivou a literatura dende moi novo e tamén foi o autor de obras de referencia na divulgación do léxico galego nunha época de grandes carencias nese eido. Como poeta formou parte da chamada xeración das Festas Minervais cunha voz de grande orixinalidade, aínda que a súa estrea como autor foi con 'Vieiro choído', a obra de teatro que inaugurou en 1957 a colección Illa Nova da Editorial Galaxia.
Mais
Mais
2 de abril de 2020
Aforismos de Leonardo
398.- Se o pintor quere contemplar belezas que o namoren, é dono de crealas; se quere ver cousas monstruosas que causen espanto, ou sexan grotescas ou ridículas, ou dignas de compaixón, pode tamén evocalas como señor e deus; se quere xerar paisaxes ou desertos, lugares umbríos e tenebrosos en época de calor ou sitios cálidos en épocas de frío, pode igualmente xeralos. Se prefire vales ou se desexa descubrir grandes campiñas desde as altas cimas dos montes, e admirar despois o horizonte do mar, ou descubrir desde os vales baixos as montañas elevadas, ou desde estas os vales e as praias, está na súa poder facelo.
E, en efecto, canto o universo contén en esencia, frecuencia ou imaxinación, todo o ten el, primeiro na súa mente e logo nas súas mans; e a excelencia das súas obras é tal, que elas producen á vez unha harmonía de proporcións que se revela a unha soa mirada, como o fan as cousas reais.
E, en efecto, canto o universo contén en esencia, frecuencia ou imaxinación, todo o ten el, primeiro na súa mente e logo nas súas mans; e a excelencia das súas obras é tal, que elas producen á vez unha harmonía de proporcións que se revela a unha soa mirada, como o fan as cousas reais.
1 de abril de 2020
Novela semanal. Decimoterceira entrega.
Pola porta entra
o comisario acompañado por dous policías. Duchamps corre a saudar ao seu amigo.
Canto tempo Gérard! Exclama o detective. Pois si, xa pasaron dúas semanas desde que viñeches ao meu despacho, responde o comisario. Por que vas vestido así? Estabas a traballar de camareiro? Si e non, era un plan de infiltración pensado ao milímetro para entrar desapercibido, contesta Duchamps. Ah, bueno, eu púxenme en camiño cando me avisaron de que un tolo intentara entrar na mansión facéndose pasar polo presidente Macaroni, pero non me deu tempo a nada porque xa me alertaban dun asasinato. Realmente foron dous, pois este tipo matou a un dos escoltas, aclara o detective. Vaia, non terminan de chegar as malas novas. Vexo que lle deches unha boa malleira porque o home xa está a sangrar. Oh, non sabes como me doe a man de tanto darlle!
O comisario achégase ao detido coa cara a tan só cinco centímetros. Sepárase del e dá media volta. Este condenado non vai falar, di o comisario, colocádelle as esposas e levádeo á comisaría. Acatando as ordes, avanzan os dous policías e sitúanse un a cada lado do asasino para colocarllas. Quince segundos despois están todos cruzando pola porta. Quéresme acompañar? Vou interrogar a viúva, pregunta o comisario. Pois non é mala idea, responde o detective.
Chegan ao salón principal e aí está a viúva sentada nun sofá chorando e arroupada polos seus familiares. Señora Reno, son o comisario Dupont e este é o detective Duchamps, aínda que vaia vestido de camareiro. Queremos facerlle un par de preguntas sobre os feitos do día de hoxe. A viúva asinte levemente para indicar a súa disposición. De acordo, di o comisario, en primeiro lugar queremos que nos diga se coñece a vítima. Si, era un amigo íntimo do meu marido. Foron á mesma escola de interpretación antes de ser actores. E non saberá a causa do asasinato? Pensa que podería estar relacionado coa morte do seu marido? A señora Reno baixa a cabeza para ocultar o medo que apareceu na súa mirada. Señora Reno, debe dicirnos todo o que sabe se quere que a axudemos a resolver o caso. Faise un silencio, só interrompido pola respiración dos presentes. De acordo, responde a viúva, que todos saian da sala agás o comisario e o detective.
Continuará...
O comisario achégase ao detido coa cara a tan só cinco centímetros. Sepárase del e dá media volta. Este condenado non vai falar, di o comisario, colocádelle as esposas e levádeo á comisaría. Acatando as ordes, avanzan os dous policías e sitúanse un a cada lado do asasino para colocarllas. Quince segundos despois están todos cruzando pola porta. Quéresme acompañar? Vou interrogar a viúva, pregunta o comisario. Pois non é mala idea, responde o detective.
Chegan ao salón principal e aí está a viúva sentada nun sofá chorando e arroupada polos seus familiares. Señora Reno, son o comisario Dupont e este é o detective Duchamps, aínda que vaia vestido de camareiro. Queremos facerlle un par de preguntas sobre os feitos do día de hoxe. A viúva asinte levemente para indicar a súa disposición. De acordo, di o comisario, en primeiro lugar queremos que nos diga se coñece a vítima. Si, era un amigo íntimo do meu marido. Foron á mesma escola de interpretación antes de ser actores. E non saberá a causa do asasinato? Pensa que podería estar relacionado coa morte do seu marido? A señora Reno baixa a cabeza para ocultar o medo que apareceu na súa mirada. Señora Reno, debe dicirnos todo o que sabe se quere que a axudemos a resolver o caso. Faise un silencio, só interrompido pola respiración dos presentes. De acordo, responde a viúva, que todos saian da sala agás o comisario e o detective.
Continuará...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)