25 de novembro de 2014

Inicio de SAN BENITIÑO DE LERES de Fermín Bouza Brei

Chapelear dos remos dos barqueiros
nos "salóns" esquecidos e saudosos;
no amieiral a fonte saloucando
polos beizos antigos dos seus tornos,
e o testo Leres compasando as cantigas
da colmea de mozas e de mozos:

"San Adrián é barqueiro,
barqueiro é San Adrián;
San Adrián é barqueiro
que leva o remo na man".

Ningún comentario:

Publicar un comentario