14 de novembro de 2014

Fragmento de Crimen en Compostela, de Carlos G. Reigosa.

CAPÍTULO I
Era ben seguro o máis inesperado e extraordinario que lle suxeriran desde que, uns sete anos antes, un norteamericano apelidado Stevenson lle propuxera ir a Nova Iork e facerse aventureiro internacional. ¿Aventureiro internacional? Era para escachar... ¿E por que precisamente el? O americano, alto e corpudo, despois de fita-lo longamente, respondéralle:
—Sei que ti e-lo tipo indicado.
O tipo indicado ¿para que?
—Para iso. Eu entendo; xa verás como non me equivoco.
Sen pensalo moito, como se -a falla dunha cousa mellor- se guindase a un abismo necesario, aceptara-aquela proposta.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.