30 de setembro de 2022

Valle Inclán

Din por ahi que una vez Valle-Inclán compareció ante un juez por una multa pendiente. Tempos de moito analfabetismo en España

- Profesión? preguntou o xuiz

- Escritor

- Sabe vostede ler e escribir

- Non

- Extráñame a súa resposta

- Mais extrañame a min a súa pregunta




29 de setembro de 2022

Aforismos de Leonardo

520.- Magnanimidade.- O falcón quere, soberbio e fachendoso, dominar a todas as aves de presa; prefire sempre estar só e ver moitas veces atacar á aguia, rei das aves. Só caza paxaros grandes, e preferiría morrer antes que alimentarse de paxaros pequenos ou de carne fétida. 

28 de setembro de 2022

Torneo do Rosario

A Asociación Galega de Xadrecistas vai celebrar o XXVIII Torneo do Rosario, un dos mais antigos de cantos celebramos, xa que o iniciamos en 1995. 

Nome do Torneo: XXVIII TORNEO DO ROSARIO

Datas: 9 de outubro de 2022.

Lugar:  Sporting Club Casino (Rúa Real) - A Coruña.

Ritmo: 10 minutos + 3 segundos na categoría absoluta e15 minutos no resto das categorías.

Horario:
Presentación: 16,30
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
Entrega de Trofeos: 19,50

Premios:
Haberá trofeo para os 3 primeiros das categorias absoluta, sub12 (2010 e 2011), sub10 (2012 e 2013) e  sub8 (nados en 2014 ou seguintes). Entregarse un trofeo ao mellor senior (+60).  Haberá tamén medalla para todos os sub 14.
Para recibir trofeos e medallas será obrigatoria a presencia na entrega de trofeos.

Inscricións:
Este ano a inscrición vai consistir en 2 kilos de pasta ou arroz. 
As inscricións realizaranse exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1:  Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. No caso dos socios do Casino o seu seguro cubre a participación no torneo. Para o resto é obrigatorio contar coa licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

27 de setembro de 2022

Citas

As persoas, simplemente, aman ou non aman. Os que aman, farano sempre acotío, intensa e apaixonadamente. Os que non aman, xamais se elevarán nin un centímetro do chan. Homes e mulleres grises, sen sangue.

Chavela Vargas

26 de setembro de 2022

Clases de xadrez

Coa colaboración da Deputación da Coruña imos dar inicio aos Martes de Xadrez, que consistirán nunhas clases gratuítas para calquera interesado. 

Horario de 19,00 a 20,30 horas na Sala de Xadrez do Centro Comercial Los Rosales. 

As clases dividiranse en dous partes, a primeira duns 30 minutos cunha pequena explicación teórica e o resto para xogar partidas libres.

Días de actividade: 

Setembro: 27/09/2022

Outubro: 04/10/2022, 11/10/2022, 18/10/2022 e 25/10/2022

Novembro: 01/11/2022, 08/11/2022, 15/11/2022, 22/11/2022 e 29/11/2022

Decembro: 13/12/2022 e 20/12/2022

24 de setembro de 2022

Certame de Investigación histórica

Bases reguladoras do 

CERTAME DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA GÓMEZ PÉREZ DAS MARIÑAS.

Coa intención de fomentar o coñecemento da historia de Galicia, a Federación de asociacións e entidades culturais e deportivas de Galicia convoca o seu primeiro certame de investigación histórica organizado co apoio da Deputación da Coruña.  

En cada convocatoria o certame levará un nome distinto, correspondendo o desta edición a Gómez Pérez das Mariñas. Este personaxe foi de capital importancia na época da denominada Revolta Irmandiña e tamén na configuración da comarca das Mariñas coruñesas en boa parte grazas a voda da súa primoxénita, María, co primoxénito dos Andrade, Diego, o que levou a fusión de ámbalas dúas familias.

PRIMEIRO:

O obxecto do certame é premiar un traballo de investigación que recolla aspectos históricos, artísticos, arquitectónicos, etnográficos e do patrimonio cultural que neste 2022 terán relación con algún dos seguintes aspectos:

a) historia dalgún dos concellos das das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, reserva da biosfera. 

b) historia dalgún acontecemento da Revolta Irmandiña.

SEGUNDO:

Os traballos deberán presentarse en lingua galega.

TERCEIRO:

Poderán optar a este premio cantas persoas o desexen, de forma individual ou colectiva. 

CUARTO:

Aínda que a nosa intención é dotar economicamente este certame no futuro, nesta primeira ocasión o premiado recibirá 50 libros da tirada que se realice. O autor cede os seus dereitos sobre a primeira edición (500 ou 1000 exemplares) que se distribuirán de xeito gratuíto.

QUINTO:

Os traballos deberán:

a) ser orixinais e inéditos, non premiados noutras accións similares. 

b) ter unha extensión entre 60.000 e 100.000 caracteres (con espazos incluídos). 

SEXTO:

Valorarse a didáctica do traballo e a súa intención divulgativa, polo que deberán evitar, na medida do posible, un enfoque propio da investigación especializada. 

SÉTIMO:

Os traballos deberán ser entregados en soporte dixital (.docx, .pdf ou .odt).

No arquivo do traballo non deberá aparecer dato algún dos autores. 

Os datos persoais irán no texto do correo enviado a actividades@asencudega.org

OITAVO:

Prazo de presentación:

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio Mundial.

NOVENO:

O xurado será nomeado pola Xunta Directiva da federación. Serán o seu presidente e secretario quen ostenten os mesmos cargos na Xunta Directiva. As súas decisións serán inapelables. 

O fallo do xurado farase público no propio mes de novembro.

DÉCIMO:

Os traballos presentados, sexan premiados ou non, formarán parte do fondo documental da asociación e poderán ser publicados posteriormente con permiso dos autores.

DÉCIMO PRIMEIRO:

O posible acto de entrega do premio sería a finais do mes de decembro, 

DÉCIMO SEGUNDO:

Os imprevistos que poidan producirse serán resoltos pola federación.

A presentación ó premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes.

23 de setembro de 2022

Xadrez este sábado

Este sábado temos unha tarde de xadrez en Vila Concepción (Cambre).

Todos aqueles que teñan ganas de botar unhas partidas poden achegarse por alí a partir das 17,30 e faremos un pequeno torneo ás 18,00 entre os que aparezan por alí.

Trátase de enmpezar a marcar días para destrar e aproveitaremos a tarde para ir falando dos vindeiros torneos (o próximo importante en outurbro o Torneo do Rosario) e actividades dos próximos meses.

Se tes algunha suxerencia, non o dubides e proón.

A actividade é de balde e o gañador do torneiño recibirá unha taza (que terá que recoller en futura actividade en Los Rosales).

Animádevos a vir botar unhas partidas.

22 de setembro de 2022

Aforismos de Leonardo

519.- Tristura.- Aseméllase ao corvo que, observando a brancura dos seus  pichóns, con gran dor afástase deles, abandónaos con tristes lamentacións e non os alimenta ata que lles ve algunhas poucas plumas negras. 

21 de setembro de 2022

Cousas

En canto aos pseudo-pensadores modernistas da protesta ao detalle, os desperdicios do militantismo que ascenderan nas pseudo-ciencias chamadas humanas, e que pensaban para todos os semanarios, é moi evidente que eran incapaces de comprender e a fortiori de prever sexa o que for. 

20 de setembro de 2022

Vocabulario médico galego

ximnémico (ácido) 



s.m. Ácido que conteñen as follas do Gymnema sylvestre, que en contacto coa mucosa lingual elimina temporalmente a sensibilidade para os sabores doce e amargo. 

19 de setembro de 2022

Resultado Ludo Lóstrego

O XVII Torneo Ludo Lóstrego tivo como vencedor a Rodrigo Pena, do Sigrás, que xa gañara tamén o Ludo Activo no mes de xullo e esta mesma proba no 2020.

En segunda posición quedou David Pérez do Xadrez das Mariñas e o terceiro posto foi para José María Dorado do Clubexa.

O Torneo tivo lugar no Espazo TeuTeu que foi un éxito de aceptación entre os participantes.

O seguinte torneo na Coruña está previsto para o 9 de outubro, cando se celenbre o Torneo do Rosario.

Clasificación do torneo:

1 RODRIGO PENA,   1691  5 10.0 15.0 15.0
2 DAVID PEREZ,     4 8.0 13.0 15.0
3 JOSE MARIA DORADO,   1580  4 7.0 11.0 13.0
4 CARLOS CASTEDO,   1599  3 9.0 10.0 16.0
5 LUIS PATIÑO,   1580  3 8.0 9.0 13.0
6 FRANCISCO GARCIA,   1632  3 7.0 10.0 14.0
7 ADRIAN FERNANDEZ,     2 9.0 7.0 14.0
8 ALVARO ROGET,     2 7.0 3.0 11.0
9 FRANCISCO CANOVAS,   1210  2 6.0 7.0 11.0
 DIEGO TIRAPU,     2 6.0 7.0 11.0
11 ADRIAN MARTINEZ,   1410  2 6.0 5.0 10.0
12 ROBERTO BLANDON,   1172  1 7.0 4.0 13.0
13 SERGIO FERNANDEZ,     1 6.0 3.0 9.0
14 ANTONIO SERRANO,     1 5.0 1.0 10.0

 
HISTORIAL DO TORNEO LOSTREGO

I TORNEO - 2006
GAÑADOR: Jorge Rodríguez
II TORNEO - 2007
GAÑADOR: Aleksa Strikovic
III TORNEO - 2008
GAÑADOR: Bruno Figueredo
IV TORNEO - 2009
GAÑADOR: Diego García-Muñoz
V TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
VI TORNEO - 2011
GAÑADOR: José Sande
VII TORNEO - 2012
GAÑADOR: José Sande
VIII TORNEO - 2013
GAÑADOR: José Sande
IX TORNEO - 2014
GAÑADOR: Pablo Sánchez
X TORNEO - 2015
GAÑADOR: Santiago Domínguez
XI TORNEO - 2016
GAÑADOR: José María Dorado
XII TORNEO - 2017
GAÑADOR: José Ramón Gómez Torre
XIII TORNEO - 2018
GAÑADOR: Daniel Pousada
XIV TORNEO - 2019
GAÑADOR: Daniel Codesido
XV TORNEO - 2020
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2021
GAÑADOR: Francisco Pedreira
XVII TORNEO - 2022
GAÑADOR: Rodrigo Pena

17 de setembro de 2022

Cita

Hai pícaros suficientemente pícaros para portarse como persoas honradas. 


Napoleón 

16 de setembro de 2022

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 

7.- Ved de cuán poco valor 
son las cosas tras que andamos 
y corremos, 
que en este mundo traidor , 
aun primero que muramos 
las perdemos; 
dellas deshace la edad, 
dellas casos desastrados 
que acaescen, 
dellas por su calidad, 
en los más altos estados 
desfallescen. 

15 de setembro de 2022

Aforismos de Leonardo

518.- Ledicia.- Represéntala polo galo, que calquera ínfima cousa chea de xúbilo, facéndoo cantar e axitarse en variados e lúdicos movementos. 

14 de setembro de 2022

Torneo de xadrez Ludo Lóstrego

Nome da actividade: 
XVII LUDO LOSTREGO

Data: 16 de setembro de 2022.

Lugar: Espacio TEU. C/ Orzan Nº 96 A Coruña. (teuteu.es)

Hora de inicio: 20,00.

Hora de finalización aproximada: 21,30.

Sistema de xogo: Suizo a 5 roldas. Partidas a 5 minutos.

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados.

Cota: De balde. A inscrición está limitada a 24 xogadores. A inscrición debe realizarse enviando un whatsapp ao 654 60 37 16.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

HISTORIAL DO TORNEO LOSTREGO

I TORNEO - 2006
GAÑADOR: Jorge Rodríguez
II TORNEO - 2007
GAÑADOR: Aleksa Strikovic
III TORNEO - 2008
GAÑADOR: Bruno Figueredo
IV TORNEO - 2009
GAÑADOR: Diego García-Muñoz
V TORNEO - 2010
GAÑADOR: Pablo Sánchez
VI TORNEO - 2011
GAÑADOR: José Sande
VII TORNEO - 2012
GAÑADOR: José Sande
VIII TORNEO - 2013
GAÑADOR: José Sande
IX TORNEO - 2014
GAÑADOR: Pablo Sánchez
X TORNEO - 2015
GAÑADOR: Santiago Domínguez
XI TORNEO - 2016
GAÑADOR: José María Dorado
XII TORNEO - 2017
GAÑADOR: José Ramón Gómez Torre
XIII TORNEO - 2018
GAÑADOR: Daniel Pousada
XIV TORNEO - 2019
GAÑADOR: Daniel Codesido
XV TORNEO - 2020
GAÑADOR: Rodrigo Pena
XVI TORNEO - 2021
GAÑADOR: Francisco Pedreira

13 de setembro de 2022

Cousas

E como cada vez son máis necesarias as Almas Grandes, é proporcionalmente necesario reducir o número de habitantes da Terra, eliminado aos menos intelixentes, aos menos honestos, aos menos traballadores, e, sobre todo e inmediatamente, aos que mostren o máis mínimo signo de querer meterse a políticos: Eses son os peores.

12 de setembro de 2022

Vocabulario médico galego

ximnasia 







s.f. Conxunto de exercicios físicos dirixidos a desenvolver, fortalecer e flexibiliza-lo corpo. // X. médica A que se realiza con fins terapéuticos. / X. ocular Exercicio dos músculos do ollo dirixido a asegurar e normaliza-los movementos de fixación e acomodación. / X. sueca A que consiste na combinación de movementos continuados e pouco intensos e exercicios respiratorios. / X. vocal Exercicio sistemático da voz que ten como obxectivo expandi-los pulmóns. 




10 de setembro de 2022

A reforma de Amarna: unha nova representación na arte

A reforma relixiosa imposta por Amenofis IV acentúa a utilización de recursos expresivos aplicados, sobre todo, na representación da realeza. O esquema convencional da figura (fronte, perfil) mantense, introducindo modificacións visibles no canon. Na pintura que representa á parella Akhenatón e Nefertiti coas síuas seis fillas (Ashmolean Museum, Oxford), as figuras teñen os cranios ovalados, os beizos carnosos e non están representados estritamente de perfil. No queixo e o pescozo aparecen enrugas, do mesmo xeito que a zona do ventre, que xa non é lisa senón avultada. Os músculos das pernas gañaron volume.

A gama cromática adquire unhas tonalidades radicalmente novas nesta escena de tons vermellos que se estenden sobre o fondo e as figuras. As tintas non son absolutamente planas, o pigmento intensifícase en determinadas zonas como as fazulas, para expresar volume en degradación tonal.

A posición das figuras abandona o hieratismo, sobre todo en dúas das princesas que rebuldan sentadas sobre uns coxíns. O gusto polo detalle mantense na decoración do fondo, coa descrición dos debuxos xeométricos e tamén das xoias.

A natureza tamén recibe especial atención nos muros do palacio da raíña Nefertiti, en Tell-el-Amarna. Represéntanse xardíns repletos de plantas e hai un estanque, no que revolotean múltiples paxaros. Estas escenas mostran ademais un vivo cromatismo e un debuxo solto. Os paxaros represéntanse voando libremente. A supremacía do deus Atón fai que o faraón pareza nestas pinturas máis humano. Tanto é así que a familia real foi pintada nos momentos máis íntimos da súa vida cotiá. Ambos os consortes foron, por tanto, reproducidos mostrando os seus vínculos afectivos e sentimentais. O ton intimista que caracteriza a estas representacións nunca fora plasmado con anterioridade.

9 de setembro de 2022

8 de setembro de 2022

Aforismos de Leonardo

517.- Do mesmo xeito, o amor da virtude rehuye mirar cousa vil ou baixa; así a todo, asóciase a todo o que é honesto e virtuoso e constitúe a súa morada nos corazóns nobres, a semellanza dos paxaros que habitan nas verdes selvas, sobre os ramos florecidos. Ese amor móstrase máis na adversidade que na prosperidade, como a luz que resplandece máis cando ilumina un lugar sombrío. 

7 de setembro de 2022

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 

6.- Este mundo bueno fue 
si bien usásemos dél 
como debemos, 
porque, según nuestra fe, 
es para ganarse aquel 
que atendemos. 
Aun aquel Fijo de Dios, 
para sobirnos al cielo, 
descendió 
a nascer acá entre nos, 
y a vivir en este suelo 
do murió. 

6 de setembro de 2022

Cousas

Todos os violadores cren e pensan que ao impor ás súas vítimas a violación do tipo que esta for están a facerlles un gran favor: O de facerlles gozar do mellor do mundo.

Impor unha relixión, Impor unha forma política, Impor un coito, son todas a mesma cousa: violacións.

3 de setembro de 2022

Hercle organiza unha tarde de Paintball

O domingo 18 Hercle realiza o Torneo de Paintball.

Prezo do Paintball para os membros da UDC: 18€ (inclúe a cota de socio de Hercle) con 200 bolas.

Prezo do Paintball  para os non membros da UDC: 20€. 

Sortearemos camisetas entre os asistentes.


2 de setembro de 2022

Cousas

Pretender falar do Inefable é como que un mudo pretenda falar: 

Poida que resulte algo difícil, pero non absolutamente imposible.


1 de setembro de 2022

AGAX cumpre 33 anos

Hoxe, 1 de setembro, a Asociación Galega de Xadrecistas cumpre 33 anos dende a súa inscrición oficial (a súa fundación fora no mes de xuño anterior).

Estes días irán informando das novidades para este curso 2022-2023 no que agardan recuperar moitas das probas que os dous últimos anos quedaron paradas pola COVID.

Para estes primeiros días de setembro lembramos que o sábado 3 celébrase o Torneo Domingos Merino en Sada. 

E na mesma localidade dende o domingo 4 ó domingo 11 celébrase o I Open Deputación.

As bases para incribirse están na FEGAXA (www.fegaxa.org).

Animádevos a participar pois hai poucas actividades deste nivel pola nosa contorna.