18 de novembro de 2014

Inicio de OS CAMIÑOS DO OUTONO de Aquilino Iglesia

Os camiños do outono! Qué ledicia!

Beireados de outos castiñeiros
e de carballos vellos, son mais fondos
e soedosos ora.

Laváronse en setembre,
canda os cómaros secos, canda as veigas
ledas de poltros novos e armentío,
e de tollemerendas cor de rosa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario