25 de marzo de 2025
Resume Liga e Xogade
24 de marzo de 2025
23 de marzo de 2025
22 de marzo de 2025
21 de marzo de 2025
21 de marzo
20 de marzo de 2025
Aforismos de Leonardo
19 de marzo de 2025
Xoan de Gante
Tras o seu casamento con Constanza de Castela en 1371, Xoán asumiu (oficialmente a partir do 29 de xaneiro de 1372) o título de rei de Castela e León en dereito da súa muller, e insistiu que os seus compañeiros nobres ingleses se dirixisen a el como "o meu señor de España". A partir de 1372, Xoán reuniu arredor de si unha pequena corte de cabaleiros e damas casteláns refuxiados e estableceu unha chancelería castelá que elaboraba no seu nome documentos segundo o estilo de Pedro de Castela, datados pola época castelá e asinados por el mesmo coa fórmula española "Yo El Rey".
Foi só en 1386, despois de que Portugal baixo o seu novo rei Xoán I entrara nunha alianza total con Inglaterra, cando puido desembarcar cun exército en España e montar unha campaña polo trono de Castela (que finalmente fracasou). Xoán partiu de Inglaterra o 9 de xullo de 1386 cunha enorme flota anglo-portuguesa que levaba un exército duns 5.000 homes ademais dunha extensa familia "real" e a súa muller e fillas. Deténdose na viaxe para usar o seu exército para expulsar ás forzas francesas que entón estaban asediando Brest, desembarcou na Coruña, no norte de España, o 29 de xullo.
O rei castelán, Xoán de Trastámara, esperaba que Xoán desembarcase en Portugal e concentrara as súas forzas na fronteira portuguesa. Equivocou. Pois o de Lancaster invadiu Galicia, o máis afastado e desafecto dos reinos da coroa. De agosto a outubro, Xoán de Gante estableceu en Ourense unha rudimentaria corte e chancelaría e recibiu a submisión da nobreza galega e da maioría das vilas de Galicia, aínda que condicionaron a súa homenaxe a que fose recoñecido como rei polo resto. Mentres Xoán de Gante apostara por unha primeira batalla decisiva, os casteláns non tiñan présa por unirse á batalla e comezou a ter dificultades para manter unido o seu exército e pagalo.
En novembro, coñeceu ao rei Xoán I de Portugal (e xa van tres xoanes na historia) na Ponte do Mouro, no lado sur do río Miño e concluíu un acordo con el para facer unha invasión conxunta do centro de Castela a principios de 1387. O tratado foi selado polo casamento da filla maior de Xoán, Filipa, co rei portugués. A campaña de abril-xuño de 1387 foi un fracaso. Os casteláns negáronse a ofrecer batalla e as tropas galaico-anglo-portuguesas, ademais dos asedios que perdían o tempo ás cidades fortificadas, víronse reducidas a buscar alimento na árida paisaxe castelán.
Foron acosados principalmente por mercenarios franceses do rei castelán. Moitos centos de ingleses, incluídos amigos íntimos e criados de Xoán de Gante, morreron de enfermidade ou esgotamento. Moitos desertaron ou abandonaron o exército para ir cara ao norte baixo o salvoconduto francés. Pouco despois de que o exército volvese a Portugal, Xoán de Gante concluíu un tratado secreto con Xoán de Trastámara en virtude do cal el e a súa muller renunciaban a toda reclamación ao trono castelán a cambio dunha importante paga anual e do casamento da súa filla Catalina co fillo de Xoán de Trastámara, Henrique.
18 de marzo de 2025
Torneo de Beltaine
TORNEO DE XADREZ DE BELTAINE
Marzo: 18 e 25 / Abril: 1, 8, 22 e 29. En vez das cinco roldas do ano pasado serán seis, para rematar xusto co mes de abril.
17 de marzo de 2025
16 de marzo de 2025
15 de marzo de 2025
15 de marzo
14 de marzo de 2025
14 de marzo
13 de marzo de 2025
Aforismos de Leonardo
12 de marzo de 2025
Xoan de Gante
Xoán tornouse duque de Lancaster en 1362, a través do casamento coa súa curmá Branca de Lancaster. En 1390 tornouse duque da Aquitania por doazón do sobriño Ricardo II de Inglaterra. Xoán de Gante foi o fundador da Casa de Lancaster, a facción encarnada da guerra das rosa. Era pai de Henrique IV de Inglaterra.
Despois da morte de Branca, Xoán de Gante casou en 1371 coa princesa Constanza, filla do falecido rei Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, e envolveuse na complicada política castelá ao declararse pretendente da coroa castelá, rivalizando con Henrique de Trastámara. O ano seguinte, a posición inglesa foi reforzada co casamento de Edmundo de Langley, outro fillo de Eduardo III, con Isabel, irmá máis nova de Constanza. As súas intencións foron goradas polos Trastámara, mais Xoán continuou a influenciar a política ibérica. Cando estalou a crise dinástica de 1383-1385 entre Portugal e Castela, o duque apoiou a facción de Xoán, Mestre de Avis, do punto de vista político e militar, enviando unha división de arqueiros galeses. É da súa iniciativa que naceu o tratado de Windsor que confere a Inglaterra e Portugal o estatuto de aliados desde 1387. Para asinar este tratado, a súa filla máis vella, Filipa, casou con Xoán I de Portugal.
Despois da morte do seu irmán máis vello, Eduardo, o Príncipe Negro, o duque de Lancaster viu o seu poder incrementado. Foi este estatuto de privilexio que lle permitiu protexer o reformador relixioso John Wycliffe, cuxas ideas defendía. Os primeiros anos do reinado do seu sobriño Ricardo II, alcanzou o estatuto de tío favorito e conselleiro de confianza. Porén, algunhas medidas menos acertadas da súa parte fíxolle perder o apoio do rei e do pobo. En consecuencia, o seu pazo foi destruído por unha revolta popular en 1381. En 1386, Xoán é enviado para o continente como embaixador e en 1390 tórnase Duque da Aquitania, nun exilio disfrazado. Cando Xoán morre en 1399, Ricardo II declara a aprehensión de todas as súas propiedades, o que causa a revolta do herdeiro de Lancaster Henrique Bolingbroke, e, a medio prazo, o seu asasinato.
Xoán de Gante mantivo unha amante, Catarina Swynford, durante os derradeiros 30 anos da súa vida e con quen casou despois da súa viuvez. Os fillos desta unión, coñecidos como os Beaufort, foron entón lexitimados aínda que eliminados da sucesión ao trono. A pesar diso, o futuro rei Henrique VII de Inglaterra baseou a súa pretensión ao trono con base no seu avó, John Beaufort, fillo máis vello de Xoán de Gante e Catarina.
11 de marzo de 2025
Martes de Xadrez
2 GONZALO, 4 12.0 18.0 12.0
3 JULIO, 4 11.5 17.5 15.0
4 LINDA, 4 10.0 15.0 13.0
5 XABI, 3.5 13.5 19.5 13.0
6 SERGIO, 2 9.5 16.5 7.0
7 DARIO, 2 9.5 15.0 7.0
8 ESTEBAN, 1 7.5 11.0 1.0
9 NUNO, 0.5 7.5 12.5 1.5
10 LUCAS, 0 12.0 18.5 0.0
11 MATEO, 0 7.5 12.0 0.0
12 PABLO, 0 5.0 5.0 0.0
13 PEDRO, 0 3.5 3.5 0.0
10 de marzo de 2025
9 de marzo de 2025
8 de marzo de 2025
As pezas de San Rosendo (relato)
Guillerme era un home pragmático, como todos os bos ourives. Cría na precisión, na arte do relevo e en nunca confiar nun cliente que pedise fiado ou que pagase demasiado rápido. Descreído como era non cría nas pantasmas, ou polo menos, non ata que un bo día, cando estaba a traballar de noite nun anel, apareceuselle unha, con aspecto de vello resignado como alguén nunha misión importante, pero enfrontado co único home que non iba a escoitar.
—Guillerme —dixo a aparición, dobrando os brazos cun lixeiro tintineo metálico. Son San Rosendo, patrón de Celanova e moitas outras cousas importantes que non vou enumerar porque non teño toda a eternidade… bo, tecnicamente si, pero prefiro usar mellor o meu tempo.
Guillerme case non se sobresaltara, subiu a vista e frotou os ollos. Vivira cousas extrañas e días difíciles, pero isto era novo.
—Santo ou non, se non me traes un encargo cun bo anticipo de cartos, estou moi ocupado.
A pantasma de San Rosendo, que si era un santo pero tamén tiña a teimosía de abade nunha mala noite e o xenio da sua parte guerreira, non se desanimou.
—Necesito que fagas algo por min —dixo coa dignidade de alguén a piques de encargar algo monumental— Quero que repare as miñas pezas de xadrez.
Guillermo abreu un pouco mais os ollos.
—O qué?
— As miñas pezas de xadrez. Son de cristal de roca, das mellores que se fixeron nunca, e están no mosteiro de Celanova. Sufriron o paso do tempo, e por razóns que aquí non son relevantes, necesito que as fagades como novas pero en prata. É unha cuestión de honra e... algúns asuntos sobrenaturais complicados.
—Mire vostede, eu entendo de custodias, de cruces e de cálices, —dixo Guillerme, sinalando unha brillante peza de prata sobre a súa mesa, —pero non adoito traballar con pezas de xadrez espectrais.
O santo mirou para el. Noutros tempos, tempos de vida na terra, o seu báculo serviría para partirlle a testa a aquel impresentable. Ademais non tiña moi claro se Flandes estab cerca ou lonxe das terras dos vikingos cos que combatira de vivo.
—Si, ben, tampouco adoito facer visitas nocturnas aos teimudos prateiros, pero aquí estamos. Non son espectrais, son de cristal. Faino e prometo que recibirás unha encarga que cambiará a túa vida.
Guillerme cavilou na proposta. San Rosendo e a súa familia foran extraordinariamente poderosos, e quen di poderosos di ricos, podridos de cartos, como lle gustaría estar a el. E así foi como Guillermo, de xa non tan mala gana e con tímidas protestas, aceptou facer a copia das ao parecer lendarias pezas de San Rosendo.
Marchou para Celanova sen preguntarse, ata que xa estaba de camiño, como iba a convencer aos monxes do traballo que tiña que facer. Deu por sentado que non podía dicir nada dunha pantasma ou acabría pechado no mosteiro. Seguía rumiando estes pensamentos cando quedou fronte ao mosteiro e antes de golpear a porta, a mesma abriuse con estrépito. Un monxe miraba para él. Era novo, roibo e mirou para el compracido.
—Señor Guillerme, estabamos agardando por vos!
O plateiro quedou parvo un intre. Pero o monxe contestou axiña:
—Non pensará que o xefe só se presentou no seu taller.
Guillerme comprendeu e foi conducido a unha cela que tiña un pequeno taller ao carón, coas ferramentas precisas, que facían inútiles as que levara dende Santiago. Sobre unha mesa estaban as pezas do xogo. Durante semanas traballou tanto de día como á luz das velas, ás veces coa compaña mudo da pantasma que vixiaba os progresos. O artista estudaba a estrutura do cristal, reproducindo todo e pregando para que os bispos fantasmagóricos non foran morosos.
Cando unha noite rematou, a pantasma asentiu satisfeita e desapareceu.
A mañá seguinte, tras descansar longamente, ao abrir a porta atopouse co monxe roibo do primeiro día xusto diante. Guillerme pensou na curiosa circunstancia de que o monxe conseguira facelo asustar mais que a pantasma.
—Creo que xa remataches. Grazas por todo.
Guillerme quedou calado un momento. Dubidaba se estaba ante a persoa axeitada para facer a súa xusta reclamación.
—Si, so me falta cobrar e xa marcho de volta a Compostela.
—Cobrar? Diso non sabíamos nada. Eu viña reclamar os cartos da estadia e comida destes días.
Guillerme sentiuse desfalecer. A piques de poñerse a gritar a súa opinión dos ladrons, dos curas e doutros demos, o monxe volveu falar.
—Non, home non. Nótase ben que non es galego, que non aguantas a primeira coña. O xefe deixounos dito que te fagamos unha boa encarga; vas facer a nova cruz procesional en prata, pero xa pódeña facer no teu taller se queres.
E dito isto, deulle unha bolsa con moedas. Gillerme abriuna, veu o interior e quedou mais que satisfeito. Aquel traballo abriulle a posibilidade de traballar noutros mosteiros, moitos creados por San Rosendo ou a súa familia. Non volveu ver pantasmas e nunca entendeu por que un santo medieval preocupabase tanto polo seu xogo de xadrez nin a entender o humor da terra.
7 de marzo de 2025
Resultados Torneos de Entroido
1 RODRIGO PENA, 1800 5 15.0 5 9.5 15.0
2 JOAQUÍN DEL RÍO, S12 1661 3.5 14.5 3 8.5 11.5
3 DIEGO RODRÍGUEZ, S14 3.5 12.5 3 6.5 9.5
4 JOSÉ MANUEL LAMAS, ABS 1498 3 15.5 3 8.5 9.0
5 RICARDO MORENO, ABS 3 11.0 3 5.0 8.0
6 LINDA TRAUTVETTER, ABS 2 13.0 2 8.5 8.0
7 KATIA ABELLAN, S12 2 12.0 2 6.0 6.0
8 JOSE ANTONIO DEL RÍO, ABS 1 12.0 1 7.5 4.0
9 ALEX ESPERON, S12 1 10.5 1 6.0 1.0
10 ALBA GARCÍA, ABS 1 9.0 1 5.0 3.0
2 NUNO MORO, S8 1612 4 16.0 4 9.0 13.0
3 IKER LANDEIRA, S10 3.5 12.0 3 7.5 9.5
4 JORGE ABELLAN, S10 3 16.0 3 9.0 10.0
5 MARTIN PEREIRA, S8 3 15.5 3 8.5 11.0
6 ÁLVARO MARTÍNEZ, S10 3 12.0 3 7.5 8.0
7 LUCAS REY, S8 2.5 13.0 2 8.5 6.5
8 VÍCTOR FLORIDO, S10 2 14.0 2 8.0 7.0
9 MATEO FERNÁNDEZ, S10 2 12.5 2 7.5 9.0
10 MANUEL VARELA, S10 2 12.5 2 6.5 5.0
11 ALONSO CHAKKOR, S10 2 10.5 2 6.5 4.0
12 MARTIÑO VARELA, S10 1.5 8.5 1 5.0 4.0
13 ANDRÉS ESPASANDÍN, S8 1 8.0 0 5.5 2.5
14 ROQUE CANDAL, S10 0.5 10.5 0 6.0 0.5
6 de marzo de 2025
Aforismos de Leonardo
5 de marzo de 2025
Guillerme de Gante
Prateiro de orixe flamenga cuxa estancia en Galicia, con residencia en Santiago de Compostela (A Coruña), está documentada entre 1553 e 1579. Durante a súa vida profesional realizou custodias para a capela de Coiticela, na catedral de Santiago de Santiago, e cruces procesionales para, entre outras, igrexas de Santiago de Compostela, A Coruña, Pontedeume, A Coruña, e para os mosteiros de Santa María a Real de Oseira (San Cristovo de Cea, Orense) e San Salvador (Celanova, Orense). Adernas foi autor de varios obxectos de culto e ornamentación en Tui (Pontevedra), Viveiro (Lugo) e o mosteiro de San Martín en Santiago de Compostela. Morreu en 1579.
4 de marzo de 2025
Rematando o entroido. Xornada do Mércores.
Hoxe só lembrar que por ser festivo non temos Martes de Xadrez.
Pero si o mércores unha xornada especial. Unha tarde de xadrez e xogos destinada de 17,00 a 19,00 aos xogadores que participen nos equipos de Xogade con CIDU e/ou Xadrez das Mariñas e cun torneo amigable posterior de rápidas para todos os interesados.
17,00-17,30: Elaboración de plans de xogo. Problemas.
17,30-18,00: Video de xadrez e comentario sobre o mesmo.
18,00-18,30: Competición de resolución de problemas.
18,30-19,00: Problemas para mate. Elección do problema do mes para o escaparate da Escola.
3 de marzo de 2025
Torneo de Entroido
Data: 3 de marzo 2025.
Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.
Hora de inicio: 16,00.
Hora de entrega de premios aproximada: 18,00.
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.
Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.
Ritmo de xogo: 5' + 3'' / 10' finish a decidir polo árbitro. (os organizadores poden non poñer reloxos nalgunha das categorías, especialmente sub8 e colocar só nas partidas que se alonguen).
Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8. A realización de torneos distintos por idades o un grupo será decisión do árbitro.
Premios:
En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo con debuxo realizado por Felipe Senén.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.
Os participantes unha medalla por participar.
Cota: A cota de participación do torneo é de 5 euros.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
Inscrición: a través desta ligazón... PREME
2 de marzo de 2025
1 de marzo de 2025
1 de marzo
~ ~ ~ ~ ~
977: Morre Rosendo de Celanova, abade, bispo e conde galego.