27 de novembro de 2020

Jorge Manrique

COPLAS A LA MUERTE 
DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 

1.- Recuerde el alma dormida 
avive el seso e despierte 
contemplando 
cómo se pasa la vida, 
cómo se viene la muerte 
tan callando, 
cuán presto se va el placer 
cómo, después de acordado, 
da dolor; 
cómo, a nuestro parecer , 
cualquiera tiempo pasado 
fue mejor. 

26 de novembro de 2020

Aforismos de Leonardo

432.- E non ves como perde en parte a súa excelencia a máis esplendorosa fermosura cando a recargan excesivos ou demasiados rebuscados ornamentos? Non atopaches nunca algunha campesiña envolta en bastos panos incultos, e máis bela así que outras portadoras de vistosos atavíos? 

23 de novembro de 2020

Vocabulario médico galego

adiabático-a 





adx. 1. Impenetrable ou que se opón á transmisión da calor. 2. Que se realiza sen ganancia nin perda de calor. 

20 de novembro de 2020

NENOS LIBROS E LECTURAS

NENOS LIBROS E LECTURAS  (por Alejandro Dolina)

As novelas decimononicas sobre o Imperio Romano esfórzanse en reconstruír a epoca dos Cesar e apenas conseguen revelar as preferencias e gustos do século XIX. Sucede que os consules, os senadores e os emperadores non poden disimular o acento dos faladoiros parisienses, por moito que se esforce o escritor. Isto non debe deixar apuntarse como un reproche senón mais ben como unha fatalidade que convén saber antes da lectura.

Algo parecido sucede cos libros para mozos. Escritos desde un mundo diferente, adoitan referir historias que soan falsas, protagonizadas por seres afastados e incomprensibles. Ante a súa propia creación, os autores adoitan afectar unha especie de perplexa benevolencia, a mesma que se usa na descripcion dos costumes dos salvaxes.

...

19 de novembro de 2020

Aforismos de Leonardo

431.- Non ves ti que, entre as humanas belezas, un bellísimo rostro detén aos transeúntes mellor que as riquezas que o encadran? Refírome aquí aos que adornan as súas pinturas con abundancia de dourados embelecos. 

16 de novembro de 2020

Vocabulario médico galego

adenopatía 





s.f. Aumento de tamaño das glándulas, en particular, dos ganglios linfáticos. 

12 de novembro de 2020

Aforismos de Leonardo

430.- Estuda, oh, pintor!, o modo de conseguir que as túas obras atraian aos espectadores e fáganos deterse con gran admiración e deleite; e non atraelos e despedilos logo, como atrae o aire en horas da noite a un que se arroxa espido do leito para admirar a calidade dese aire, nebuloso ou sereno, e volve deitarse moi pronto, corrido polo frío. Executa, ao contrario, obras que se asemellen ao aire que en tempos calorosos arríncanos dos nosos leitos e retennos a gozar do estivo fresco; e non queiras ser máis práctico que docto, nin permitir que a cobiza venza ao desexo de adquirir a gloria merecidamente conquistada coa túa arte. 

11 de novembro de 2020

Confucio

Direi o que é o verdadeiro coñecemento: cando sabes, é saber que sabes e cando non sabes, é saber que non sabes.  


9 de novembro de 2020

Vocabulario médico galego


adenoma s.m. 




1. Tumor epitelial, benigno case sempre, de estructura semellante a unha glándula. 2. Tumor caracterizado por posuír espacios tapizados de epitelio. // A. acidófilo. Tumor da hipófise composto por células que se tinguen cos coloranes ácidos, que se sitúa no lobo anterior e pode orixinar segregación excesiva de hormona de crecemento, o que produce xigantismo ou acromegalia. / 

6 de novembro de 2020

Inicio de O Caso dos Nenos Deshidratados

O Caso dos Nenos Deshidratados
Alejandro Jodorowski 
1962 


Nunca sentara fronte á miña máquina de escribir con tanto desespero: sei que este artigo será lido con escepticismo. 
E non obstante todos os datos que dou son verídicos, publicados en xornais de , e . Quero que o que vou escribir sexa un berro de alerta: Se vostede, lector, ten conexións co goberno ou o exército, por favor 
trate de abrir unha investigación! 
Todo comezou cun xogo sinxelo: recortar diariamente dos xornais noticias curiosas (exemplo: «Cunha serpe golpeaba os asustados peóns», «Furioso combate de 40 cegoñas e 30 aguias», «un motociclista chocou cun cisne e morreu», etc.). 
De pronto, encontro o seguinte encabezado: «Cen nenos mortos por un mal descoñecido», «Río de Xaneiro. Excélsior 10 de marzo de 1962. (A.P.): Cen nenos faleceron a causa dunha enfermidade descoñecida, di hoxe O Globo. O médico que os atendeu declarou que todos os nenos estaban deshidratados...». Lendo ese mesmo día , encontrei no O Universal seguinte: «Cen nenos mortos en Tampico». «Unha epidemia causou a morte de cen nenos. Crese que é gastroenterite. Non obstante, suponse tamén que foi a causa da calor porque todos estaban deshidratados. Un voceiro do Goberno 
informou que a epidemia foi dominada despois de declararse o estado de emerxencia...». Decidín recortar novas referentes á deshidratación de nenos. E comezou o arrepiante: Día a día ían morrendo nenos por deshidratación en todos estes casos atribuídos á calor. 

...

5 de novembro de 2020

Aforismos de Leonardo

429.- Cando a obra supera o xuízo do operador, este avanzará pouco. Pero cando o xuízo supera a obra, esta irá perpetuamente mellorando -se a cobiza do diñeiro non o impide. 


4 de novembro de 2020

2 de novembro de 2020

Vocabulario médico galego

ad lib. 





Abreviatura do latín ad libitum que nas receitas significa a vontade ou a gusto de cada un.