Finalizamos o mes de agosto cunha novo foto do concurso A Coruña en sepia que organizamos con INCUDE.
Moitos cambios nesta zona.
31 de agosto de 2016
30 de agosto de 2016
Fragmento de Cuando Hitler robou o Coello Rosa.
Ao principio parecía como se tiveran cousas interminables que contar, pero ao rato descubriron que tamén era moi agradable estar xuntos sen dicir nada.
Mentres Anna e Max tragaban dúas clases diferentes de croissants e catro de mermelada, mamá e papá sorrían o un ao outro.
...

29 de agosto de 2016
III A CORUÑA EN SEPIA
Coa publicación da foto de hoxe facemos xa unha ducia e por tanto a metade das fotos que imos publicar nesta edición.
Seguramente moitos teñan problemas para ubicar esta rúa.
Es quen de facelo?
A tipoloxía das casas seguro que axuda...

28 de agosto de 2016
A Quinta de Saler
Fragmento de A Quinta de Saler, obra de Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964.
Af8-c5 (Negras)
Chegaron d quinta e puideron comprobar que aínda quedaban os estragos da festa. O patio estaba cheo de cans e de pitas que andaban a fozar na polpizada de cabrito e de pan. Gabriel botou unha ollada e quedou abraiado pola grandeza da quinta. Non se podía imaxinar que naquela aldea de contrabandistas e de labregos puidese erguerse morada tan fidalga. Pero máis pampo quedou cando viu aparecer no corredor a Sozinha que estaba a lle peitear o cabelo a Tonino. Era unha muller dunha fermosura perturbadora que lle facía comprender o porqué de Toribio Mouteira para se pór a mal con don Constante.

27 de agosto de 2016
Inicio de Confesións Antes de Ser Aforcado
John Haig - Confesións Antes de Ser
Aforcado
Mañá serei aforcado. Pasarei, por primeira e última vez por esa porta da miña cela (hai dúas nela) que nunca vin abrirse. A outra serve aos gardiáns cando veñen visitarme. Pero sei que pola segunda porta, esa sempre pechada, é arrastrado o home destinado á execución. En verdade, é o limiar do máis aló. Atravesarei ese limiar sen medo nin remorso. Os homes condenáronme porque me temían. Ameazaba a súa miserable sociedade, a súa orde constituída. Pero estou moi por encima, participo dunha vida superior, e todo iso que fixen, o que eles chaman "delitos", realiceino porque me guiaba unha forza divina. Velaquí por que me é completamente indiferente que se me trate de malvado ou tolo: de igual modo éme indiferente que comadres parvas soliciten verme. En efecto, parece, polo menos a estar ao que me dixo un gardián, que chegan á prisión moitas cartas dirixidas a min de parte dese frívolo sexo.
Pregúntome se existe alguén sobre a Terra capaz de comprenderme. En verdade, algunhas veces cústame a min mesmo, e agora, mentres refiro a miña experiencia, desespero de atopar nin sequera un só lector que estea á miña altura.

26 de agosto de 2016
25 de agosto de 2016
Aforismos de Leonardo
249.- A auga que tocas na superficie dun río, é a última da que pasou e a primeira da que vén: así o instante presente.
24 de agosto de 2016
Fragmento de A cidade dos Césares.
Un texto de Victor F. Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, xornalista, editor e escritor galego
Naquela parte do mundo hai dúas illas que os navegantes chaman da Providencia, dous illotes pequenos, tal que viñan tamén nos mapas, e cara a elas mandou meu señor marcar o rumbo logo de medir a altura contra o mediodía do día vinte e catro. Non podía presentarse máis triste a noite de Nadal.
-A xente vén moi castigada, señor -comenteille-. Arreponse contra os soldados. ¿Quen sabe se poderemos seguir contando coa tropa? O comandante Nicolás García está fóra de si...
No tobo da camareta daba voces coma un entangaranado. Metía medo velo daquela maneira, axitándose coma un diaño, os ollos arregalados, deitando escuma pola boca. Puid ser medo, ou as dificultades da travesía, ou algo que el tiña e que non coñeciamos, non o sei, que outros casos vin semellantes. Epilepsia, din os libros. Perlesía. Pero tamén a man do Maligno que se apodera ás veces do espírito dos homes e fala pola nosa boca

23 de agosto de 2016
22 de agosto de 2016
Libros no CUR: Cuando Hitler robó el Conejo Rosa
Libro: 3
Cuando Hitler robó el Conejo Rosa.
De Judith Kerr
Editado por Alfaguara juvenil
En Cuando Hitler robó el Conejo Rosa, Anna sente que lle arrebaraton bruscamente a infancia e se incorpora ao complexo mundo de preocupacións e responsabilidades dos adultos.
O libro pertenceu a Asociación para á axuda á xuventude Brigantium que o dou á Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e quedará agora no Centro Universitario de Riazor.

21 de agosto de 2016
20 de agosto de 2016
Inicio de A ÚLTIMA PALABRA
A ÚLTIMA PALABRA
Chad Oliver & Charles Beaumont
Claude Adams detívose nas ruínas colapsadas da cidade e deixou caer area a través dos seus dedos, notando con aprobación que as súas mans estaban firmes. Endereitou a súa cabeza e escoitou.
Non había nada.
Unha pesada brisa empuxou area a través das pilas de chatarra que unha vez albergaran unha poderosa civilización.
Claude chamou; pero non con desesperación senón cunha frialdade científica que atopou singularmente admirable, baixo as circunstancias.

19 de agosto de 2016
18 de agosto de 2016
Aforismos de Leonardo
248.- Ademais os paxaros pequenos, coas súas ás sutís e débiles,poden sosterse no aire baixo, que é máis denso, pero non poderían facelo nun aire lixeiro e de pouca resistencia.
17 de agosto de 2016
16 de agosto de 2016
Fragmento de Unha odisea nórdica
Pola tarde o home seguiu un rastro. Pertencia a outro home, que non andaba senón que se arrastraba a catro patas. Pensou que podería ser Bill, pero non lle deu importancia, tanto lle tiña. Non tiña curiosidade. De feito, tanto sensacións coma emocións deixaran de existir para el. Chegara a insensibilizarse diante da dor. O estómago e os nervios adormecéranselle. Así e todo, a vida que latexaba nel era o que o empurraba adiante. Sentíase dereado, pero resistíase a morrer. E porque se resistía a morrer aínda comía bagas de pantano e peixes miúdos, aínda bebía auga quente e non lle quitaba o ollo de enriba ó lobo enfermo.
15 de agosto de 2016
Libros no CUR: Unha odisea nórdica
Libro: 2
Unha odisea nórdica.
De Jack London
Editado por Sotelo Blanco
Unha historia acontecida nas paisaxes do río Yukón, que atravesa a península de Alaska, oculto baixo un manto de neve. Sobre a brancura esténdese a liña fina e escura da ruta dos buscadores de ouro.
A editorial sinala que é un libro a partir de 12 anos.
O libro pertenceu a Asociación para á axuda á xuventude Brigantium que o dou á Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e quedará agora no Centro Universitario de Riazor.
Unha odisea nórdica.
De Jack London
Editado por Sotelo Blanco
Unha historia acontecida nas paisaxes do río Yukón, que atravesa a península de Alaska, oculto baixo un manto de neve. Sobre a brancura esténdese a liña fina e escura da ruta dos buscadores de ouro.
A editorial sinala que é un libro a partir de 12 anos.
O libro pertenceu a Asociación para á axuda á xuventude Brigantium que o dou á Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e quedará agora no Centro Universitario de Riazor.
14 de agosto de 2016
13 de agosto de 2016
Inicio de O Caos Reptante
O Caos Reptante (1920/21)
H.P. Lovecraft e Elizabeth Berkeley
Moito é o que se escribiu acerca dos praceres e os sufrimentos do opio. As éxtases e horrores de De Quincey e os paradis artificiels de Baudelaire son conservados e interpretados con tal arte que os fai inmortais, e o mundo coñece a fondo a beleza, o terror e o misterio deses escuros reinos onde o soñador é transportado. Pero aínda que moito é o que se falou, ningún home ousou aínda detallar a natureza das pantasmas que entón se revelan na mente, ou suxerir a dirección dos inauditos camiños por cuxo adornado e exótico curso vese irresistiblemente lanzado o adicto. De Quincey foi arrastrado a Asia, esa fecunda terra de sombras nebulosas cuxa temible antigüidade é tan impresionante que "a inmensa idade da raza e o nome imponse sobre o sentido de mocidade no individuo", pero el mesmo non ousou ir máis lonxe. Aqueles que han ir máis aló de cando en cando volveron e, cando o fixeron, foi sempre gardando silencio ou sumidos na tolemia. Eu consumín opio nunha ocasión... no ano da praga, cando os doutores trataban de aliviar os sufrimentos que non podían curar. Foi unha sobredose -o meu médico estaba esgotado polo horror e os esforzos- e, verdadeiramente, viaxei moi lonxe. Finalmente regresei e vivín, pero as miñas noites colmáronse de estraños recordos e nunca máis permitín a un doctor volver darme opio.

12 de agosto de 2016
III A CORUÑA EN SEPIA
A nova foto da nosa actividade A Coruña en Sepia xa debería ser coñecida por todos os asiduos... un deses sitios da Coruña que pese aos cambios mantén a atmósfera.
11 de agosto de 2016
Fragmento de O misterio dos fillos de Lúa
Texto de Fina Casalderrey Fraga, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, escritora galega.
Aprendín moitas cousas dos gatos. Sobre todo das gatas. Pero aínda non me afago a que Lúa ande pola cousa de fóra da ventá da cociña. Sempre me parece que vai caer abaixo, e que se vai matar.
Agora xa sei qué é estar en celo. Ese celo non é esa cinta de apegalos papeis dos regalos. É outro. E ir ás xaneiras e todo iso. Cando lle pasa a Lúa, quere dicir que ten ganas de namorar, de coller mozo. Fanse caricias, e se Lúa non escapa queda preñada, que é cando lle aparecen os gatos na barriga.
A primeira vez que empreñou, non sabiamos nada e deixámola andar por onde quixo. Esta última vez, Branca e mais eu montamos garda.

10 de agosto de 2016
9 de agosto de 2016
Fragmento de Todo o verán por diante
Para rematar, aínda quedaba o partido que ía ser de antoloxía, xa que se o equipo non era certamente un firme competidor á Copa de Europa, non lle faltaba mais cá colaboración do porteiro: aquela tarde a Toni coáronlle goles por alto, por baixo, pola dereita, pola esquerda. Os compañeiros, que vían como aumentaba a goleada, enfadáronse e todo foron acusacións, réplicas e inculpacións, principalmente a Toni, que no seu turno botaba lume polos ollos e discutía máis ca ninguén.
8 de agosto de 2016
Libros no CUR: Todo o verán por diante
Libro: 1
Todo o verán por diante.
De Joaquim González i Caturla
Editado por Galaxia
Todo o verán por diante ten como protagonistas a Toni e Raquel, dous rapaces que van ao mesmo instituto e que se ven enredados nunha relación sentimental.
A editorial sinala que é un libro a partir de 12 anos e para adultos.
O libro pertenceu a Asociación para á axuda á xuventude Brigantium que o dou á Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e quedará agora no Centro Universitario de Riazor.
Todo o verán por diante.
De Joaquim González i Caturla
Editado por Galaxia
Todo o verán por diante ten como protagonistas a Toni e Raquel, dous rapaces que van ao mesmo instituto e que se ven enredados nunha relación sentimental.
A editorial sinala que é un libro a partir de 12 anos e para adultos.
O libro pertenceu a Asociación para á axuda á xuventude Brigantium que o dou á Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e quedará agora no Centro Universitario de Riazor.
7 de agosto de 2016
Fragmento de Arraianos, de Xosé Luis Méndez Ferrin.
Texto de Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938.
—¡Non ouvimos ben! ¡Non ouvimos ben! —ladroulle enérxico Fernando Salgueiro, mentres lle puña a súa pior cara de fera.
—¡Arriba España! ¡Arriba España! -berrou daquela o home cunha voz choca que deformaba o terror.
Ollámonos e rachamos a rir, proseguindo o noso camiño deica a fonda.
Certamente, os camaradas adoitabamos meter un bocado na boca despois de facermos limpeza na alborada. Algúns de Verín sairamos aquel día ao Furriolo, no Ford crema de Fernando. Quixera vir canda nós o Caballero, que vive en Cualedro. Antes de o sol raiar, os de Celanova sacaran do Convento a seis, e subírannolos ao Furriolo, na camioneta requisada á familia do Celso de Poulo, despois de el mesmo ser morto nos primeiros días. Alí os claudiamos aos seis, na zanxa do Furriolo.
Recibiunos moi ledo o dono da fonda.
—¡Vivan os Camisas Viejas! —exclamou rindo.
—¡Cala, necio! -cortouno Fernando.
—¿Vou dar aviso?
—¡Nin mu! Hoxe andamos de incógnito...

6 de agosto de 2016
Fragmento de Criminal
Texto de Xurxo Borrazás Fariña, nado en Carballo o 6 de agosto do 1963, escritor galego.
Cando estes carballos medraban; cando non eran máis ca gromos claros e febles sobresaíndo a penas da terra recén arada, viron como algúns irmáns seus quedaban irtos no camiño, murchaban e deitaban no monte sometidos á forza da vida. As ladeiras da chousa, aínda despoboadas, deixábanlles verse os uns aos outros e competir inxenuamente para fuxir da súa fraxilidade.
Preto deles, os piñeiros vellos durmían indiferentes, aborrecidos e tristes. E de fronte eran tamén os prados e piñeiros os que inzaban os montes que desde alí se enxergaban.
Agradecían as mans que a cada tanto arrincaban as herbas entre eles, remexían a terra e soterraban aos conxéneres; achegándolles alento e saúde. Agradecían esas mans e recoñecían esas mans. As mans da xente que daba, sen pedir nada a cambio excepto os froitos sobrantes de ano en ano.

5 de agosto de 2016
III A CORUÑA EN SEPIA
Aquí temos a terceira foto da Coruña en sepia.
Non é moi complicada, pero permite ver os cambios da zona.

4 de agosto de 2016
Aforismos de Leonardo
247.- É cousa explicable que os paxaros pequenos, de escaso plumaxe, non soporten o inmenso frío que reina nas altas capas do aire onde viven os voitres, as aguias e outros grandes paxaros, vestidos de numerosas fileiras de plumas.
3 de agosto de 2016
III A CORUÑA EN SEPIA
Alguén sabe onde é esta foto?
Parece que a segunda foto da actividade é moito mais difícil que a primeira.

2 de agosto de 2016
Libros do CUR
Unha nova actividade saída dende este espazo é a creación da pequena biblioteca "Libros do CUR".
En colaboración coa asociación universitaria INCUDE, a Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra e outras entidades imos ir enchendo, aos poucos, unha estantería con libros doados..
O fin é facilitar aos participantes nas actividades de INCUDE a posibilidade de ter unha lectura amena en tempos de espera, fundamentalmente nas actividades de xadrez e, se o desexan, levalos para casa como préstamo.
Deste xeito dúas actividades con INCUDE encherán as páxinas deste blog durante os meses de agosto e setembro.

1 de agosto de 2016
III A CORUÑA EN SEPIA
Empezamos cunha foto moi sinxela de localizar pero que nos fai pensar en todos os cambios acontecidos neste espazo da cidade.
Ves ata onde chega a auga?
Ves ata onde chega a auga?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)