31 de maio de 2024

Torneo de Primavera

Dende o Centro Comercial Los Rosales e a SCD Palaestra lanzamos o Torneo de Primavera para este 2024, co axuda da Deputación da Coruña.

Agardamos a vosa presencia!

Nome do Torneo:
TORNEO DE XADREZ DE PRIMAVERA

Data: 8 de xuño de 2024.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,50.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

1º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
2º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
Medalla para os participantes sub14.

Partcipantes: Ata 60 participantes.

Inscricións: Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Cota: Gratuito.
Agradecemos a entrega dun kilo de pasta ou arroz para as nosas actividades solidarias.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.


30 de maio de 2024

Aforismos de Leonardo

597.- A chama e a marmita.- Un resto de lume que nun pequeno anaco de carbón quedara entre as mornas cinzas, nutríase escasa e pobremente do pouco alimento que conservaba aínda. Sobreveu entón a criada de cociña, para preparar a comida ordinaria; colocou algúns madeiros sobre o fogar, reavivando nel cunha pajuela o xa case extinguido lume; agregou sobre a chama outros madeiros, puxo a marmita sobre eles, e sen ningunha preocupación máis se afastou tranquila. 

29 de maio de 2024

Foto de Coruña

A semana pasada non era unha foto doada de localizar.

Hoxe engadimo algo de cor.

E alá na deita da foto vese una arco carcaterístico dunha antiga estación de servizo cerca dos Catro Camiños.

28 de maio de 2024

Martes de Xadrez

Hoxe chegamos ao último dos nosos "Martes de Xadrez"

Retomaremos a actividade no mes de setemrbo.

Pero durante o verán non estaremos parados, nen moito menos, distintas semanas de actividades e torneos serán a nosa proposta de xuño, xullo e agosto.

Pero queremos ter novas ideas, así que antes do torneo de hoxe, imos facer unha pequena xuntanza preguntando que queren os asistentes para o verán e para o vindeiro curso.

Resultado do torneo do martes pasado:

1 MARCO, 4 8.0 14.0 11.0
2 GONZALO, 4 7.0 13.0 13.0
3 JULIO, 3 8.0 14.0 9.0
4 DARIO, 3 7.0 12.0 6.0
5 ALEX, 3 6.0 11.0 10.0
6 CABI, 2 9.0 15.0 7.0
7 MANUEL, 2 9.0 14.0 6.0
8 JORGE, 2 5.5 9.5 5.0
9 SERGIO, 2 1.5 6.5 3.0
10 MARTIN, 1 7.0 11.0 3.0
11 GABRIEL, 1 6.5 10.0 5.0

27 de maio de 2024

Resultado AAVV Rosales

Moi interesante o torneo realizado pola Asociación de Veciños no espazo de xadrez do Centro Comercial Los Rosales.

Varios dos participantes teñen pasado polas actividades dos "Martes de Xadrez".

Xuntáronse xogadores federados e non federados de distintas idades.

Entre os maiores Pablo Espárrago, de 16 anos foi o mellor e Oliver Sánchez foi o mellor sub14.

A clasificación final foi a seguinte:

1 PABLO ESPARRAGO, ABS 4 14.0 11.0 16.0 4
2 OLIVER SANCHEZ, S14 4 13.0 9.5 14.5 4
3 ALBERTO SANCHEZ, ABS 4 12.0 10.0 17.0 4
4 FELIX GONZALEZ, ABS 4 10.0 6.5 11.0 4
5 ROMAN FANDIÑO, S14 3.5 9.5 4.5 8.5 3
6 GUILLE FENTE, S14 3 10.0 10.5 15.5 3
7 ETHAN HERITAGE, ABS 3 9.0 9.0 14.0 3
8 NUNO MORO, S14 3 9.0 8.0 13.0 3
9 JULIO CAÑAS, ABS 3 8.0 5.0 9.5 3
10 XURXO SUAREZ, S14 3 7.0 7.0 10.5 3
11 GABRIEL GURTIN, ABS 3 6.0 3.0 6.5 3
12 DIEGO REBOIRAS, S14 2.5 8.5 8.5 13.0 2
13 VICTOR MENDEZ, S14 1 5.0 9.5 16.5 1
14 CARLOS MARIA RODRIGUEZ, ABA 1 5.0 8.5 13.0 1
15 FRANCISCO DIAZ, ABS 1 4.0 9.0 13.0 1
16 FACUNDO YUFFRIDA, ABS 1 3.0 9.5 14.0 1
17 LEO MORANO, S14 0.5 1.0 7.0 11.5 0
18 MARTIN ALVAREZ, S14 0.5 1.0 4.5 8.0 0

25 de maio de 2024

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 


34.- diciendo: -«Buen caballero, 
dejad al mundo engañoso 
e su halago; 
vuestro corazón de acero 
muestre su esfuerzo famoso 
en este trago; 
e pues de vida y salud 
fecisteis tan poca cuenta 
por la fama, 
esfuércese la virtud 
para sufrir esta afrenta 
que vos llama. 

24 de maio de 2024

Torneo da AAVV Los Rosales

Este sábado a AA.VV Rosales celebra o torneo de xadrez das súas festas do barrio.

Será ás 11,00 no Centro Comercial Los Rosales.

A información do Torneo e o xeito de inscrición están na súa web:

PREME

23 de maio de 2024

Aforismos de Leonardo

596.- Falso esplendor.- Non contenta a vanidosa e vagabunda bolboreta de luz con poder voar comodamente no aire, e conquistada pola sedutora chama dunha vela, resolveu dirixir a ela o seu voo; pero a súa alegre carreira terminou en súbita dor. O lume consumiu, en efecto, as súas ás sutís, e o mísero insecto caeu todo queimado ao pé do candelero. Tras moitas bágoas de arrepentimento, enxugouse os húmidos ollos, e levantándoos ao ceo dixo así: Oh, mentireira luz!, a cantos como eu debes ti en pasados tempos haber tristemente enganado! Se quería ver a luz, non debín seica distinguir a verdadeira, que nos vén do Sol, da falsa, que se alimenta de vil sebo? 

21 de maio de 2024

Martes de Xadrez

Hoxe temos un novo martes de xadrez.

Pequena charla teórica ás 19,00 e torneo de partidas a cinco minutos de 19,30 a 20,30.

A clasificación da semana pasada foi a seguinte:

1 GONZALO, 5 5 15.0 13.5 8.5
2 XABI, 3.5 3 11.5 14.5 8.5
3 JULIO, 3.5 3 10.5 15.5 8.5
4 PEDRO, 3 3 11.0 14.5 8.5
5 MARCO, 3 3 9.0 10.5 7.0
6 NUNO, 2 2 6.0 12.0 7.0
7 DARIO, 2 2 6.0 10.0 6.5
8 ALEX, 2 2 4.0 12.0 7.5
9 RUPER, 2 1 5.0 13.5 6.5
10 MARCOS, 0 0 0.0 12.0 7.0
11 GABRIEL, 0 0 0.0 8.5 3.0


20 de maio de 2024

Resultado día 7

Ista foi a clasificación do Torneo do Día 7, primeiro deste mes de maio:


1 IAGO, 5 5 15.0 14.0 8.0
2 ANTONIO, 4 4 10.0 14.0 7.0
3 MARCO, 3 3 9.0 14.0 9.0
4 GONZALO, 3 3 8.0 14.0 7.0
5 CON B, 2 2 9.0 16.0 9.0
6 NUNO, 2 2 8.0 12.5 7.0
7 DARIO, 2 2 6.0 12.0 7.0
8 MANUEL, 2 1 4.0 9.5 4.0
9 QUIQUE, 2 1 3.0 8.5 4.0
10 GABRIEL, 1 1 2.0 6.0 4.0
11 MARCOS, 0 0 0.0 11.5 7.0

18 de maio de 2024

35 anos!

Hoxe 18 de maio, Día dos Museos, cúmprense 35 anos da nosa inscrición no rexistro de asociacións, a data que empregamos sempre para celebrar a nosa creación.

Grazas a todos os que fixeron e fan a nosa historia posible.

17 de maio de 2024

Resultados mes de abril

Gonzalo López foi o vencedor no Torneo do mes de abril:
1 GONZALO, 4.5 5.5 8.5 13.5
2 MARCO, 2.5 6.0 12.0 6.5
3 SERGIO, 2 7.5 13.5 8.0
4 DARIO, 2 7.0 12.0 6.0
5 JULIO, 1.5 6.5 9.5 3.5
6 XABI, 1.5 5.5 8.0 2.5
7 QUIQUE, 1 7.5 10.0 1.0
8 MARTIN, 1 7.0 13.0 3.0
9 NUNITO, 1 4.0 10.5 4.0
10 IAGO, 1 4.0 7.5 1.0
11 ETHAN 1 4.0 6.5 1.0
12 JUAN II, 1 1.5 1.5 1.0
13 JUAN, 1 0.5 0.5 1.0
14 TEO, 0 7.5 11.5 0.0
15 JOEL, 0 7.5 11.0 0.0
16 RUPER, 0 4.0 7.5 0.0
17 ANTONIO, 0 3.5 3.5 0.0
18 GABRIEL, 0 2.0 2.0 0.0
19 LAIA, 0 1.5 1.5 0.0

16 de maio de 2024

Aforismos de Leonardo

Fábulas 

595.- A muller e a candea.- As chamas duraban xa desde facía un mes no forno do vidreiro, cando viron achegárselles unha candea nun belo e lustroso candelero; esforzábanse, cheas dun gran desexo, en alcanzala. Unha delas, separándose do seu curso natural, e pasando a través dun tizón oco, do que se alimentaba, e escapándose por unha pequena hendidura ao lado oposto, arroxouse con suma gula e crueldade sobre a candea que lle estaba próxima, e devorouna até consumila case enteiramente; querendo logo prolongar a súa propia vida, tentou en balde volver ao forno de onde partira, pero non puido evitar morrer e extinguirse xunto coa candea. Así, finalmente, con prantos e arrepentimentos, converteuse en fume detestable, mentres as súas irmás seguían gozando de longa vida e espléndida beleza. 

15 de maio de 2024

15 de maio

O Día Internacional da Familia foi instituído pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993. Acordouse celebrar no ano 1994 o Ano Internacional da Familia e concretar no día 15 de maio de tódolos anos os actos conmemorativos.


13 de maio de 2024

13 de maio

1981: Atentado contra o Papa Xoán Paulo II na praza de San Pedro, no Vaticano, cometido polo turco Mehmet Ali Agca.






















11 de maio de 2024

11 de maio

1904: Nace Salvador Dalí, pintor.
1916: Nace Camilo José Cela, escritor.
1936: Morre Gerardo Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, derradeiro propietario privado do Pazo de Mariñán.


10 de maio de 2024

10 de maio

1972: José Afonso canta por vez primeira o Grândola, Vila Morena. Sucedeu no Burgo das Nacións, Compostela.


9 de maio de 2024

Aforismos de Leonardo

594.- Apenas nace a virtude, cando xa xera contra si a Envexa, pois antes verás un corpo sen sombra que a virtude sen a Envexa. 

8 de maio de 2024

8 de maio

Abril e maio son as chaves do ano.

1589: Queda estabrecida a función do Voto da Virxe do Rosario na Coruña

1884: Nace Santiago Casares Quiroga, político e avogado galego, ex-Presidente do Goberno da Segunda República.

1945: Rendición incondicional das tropas alemás, na Segunda Guerra Mundial


7 de maio de 2024

MARTES DE XADREZ

Hoxe temos un novo Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Rematada a Liga Galega de Xadrez para a maioría dos asistentes e tras a boa actuación de moitos dos rapaces nos torneos de Xogade, voltamos ao formato clásico dos martes de xadrez.

Unha pequena charla de finais e un Torneo de Xadrez de rápidas.

Estas actividades forman parte da nosa actividade anual coa Deputación da Coruña.

6 de maio de 2024

6 de maio

Abril chove para as xentes, e maio para as bestas.

1889: A Torre Eiffel é oficialmente aberta ao público durante a Exposición Universal de París

1937: Desastre do Hindenburg: Préndese lume no zepelin alemán Hindenburg e acaba destruído en menos dun minuto ao tentar pousar en Lakehurst, Nova Jersey. 36 persoas morren.

1945: Inauguración oficial do estadio de Riazor cun encontro entre as seleccións de fútbol de Portugal e España.

1994: Inauguración do eurotúnel no Canal da Mancha

4 de maio de 2024

Libertade prensa

Kofi Annan, Secretario Xeral das Nacións Unidas, foi entrevistado pola Asociación Mundial de Periodistas en Nova York con motivo do Día Mundial da Liberdade de Prensa. Durante a entrevista, Annan destacou a importancia de ter cidadáns ben informados para loitar contra a tiranía, a opresión e o abuso de poder. Tamén mencionou que a perda de vidas, incluíndo periodistas, é algo que o afecta persoalmente e que nos afecta a todos.

Cando se lle preguntou que pode facer a ONU para presionar aos gobernos que continúan detendo periodistas, Annan explicou que a Oficina do Alto Comisionado de Dereitos Humanos traballa para que se respecten os dereitos e se establezan sociedades baseadas no imperio da lei. Ademais, o Programa de Desenvolvemento da ONU traballa para estimular aos gobernos a implementar unha estrutura legal correcta e funden institucións adecuadas.

En canto á súa capacidade de negociar directamente con gobernos, primeiros ministros e presidentes para que poñan en liberdade a un periodista encarcerado, Annan dixo que interviñeron selectivamente en algúns casos, pero non de maneira sistemática.

Finalmente, Annan destacou a importancia do papel da prensa na difusión de información e na denuncia de excesos e abusos do poder. Tamén enfatizou a importancia do "xornalismo preventivo", no que os periodistas informan sobre problemas antes de que se produza unha explosión, e a necesidade de ser tenaz no seguimento de temas importantes.

3 de maio de 2024

3 de maio

En abril, espigas mil, en maio, todo espigado

1494: Cristovo Colón descobre Jamaica

1963: Martin Luther King pronuncia o seu afamado discurso "I Have a Dream" .


2 de maio de 2024

Aforismos de Leonardo

593.- Represéntala coas mans insultando ao ceo, porque, se puidese, empregaría as súas forzas contra Deus. Leva unha bela máscara mentireira. Golpean os seus ollos a palma e a oliveira; o seu oído, o loureiro e o mirto, significando así que a vitoria e a verdade oféndena. Dela brotarán fumaredas que figuran a maledicencia. Faina fraca e seca, porque un afán perpetuo consómea. Unha inchada serpe roeralle o corazón. Darasle un carcaj cheo de frechas en forma de linguas, porque frecuentemente ofende coa súa lingua. Vistela dunha pel de leopardo, porque esta animal envexa ao león e mátao alevosamente. Que leve na man un vaso cheo de flores, e pon entre elas escorpiones, sapos e outras bestas venenosas. Que vaia cabalgando á Morte, porque a Envexa nunca morre nin se cansa de dominar. O seu brida irá cargada de diversas armas, todas instrumentos da morte. 

1 de maio de 2024

Día 1 de maio

Hoxe é festivo e lembramos que no Sporting Club Casino hai pola tarde un torneo de xadrez organizado polo CIDU para celebrar o seu 30 aniversario. Noraboa para eles!

Pero. Por qué hoxe é festivo?

En 1886, xa vai bastante tempo, concocouse unha folga xeral nos Estados Unidos, co manifestacións nas rúas de Chicago esixindo a xornada laboral de 8 horas. Os tráxicos acontecementos posteriores motivaron a creación do Día internacional dos traballadores nesta data, na maioría dos países industrializados.