26 de marzo de 2023
23 de marzo de 2023
Aforismos de Leonardo
16 de marzo de 2023
Aforismos de Leonardo
15 de marzo de 2023
As orixes da Policia en Galicia?
14 de marzo de 2023
Hoxe... martes de xadrez
Unha pequena lección ou ver partidas e logo torneo de rápidas... dende 19,00 a 20,30.
13 de marzo de 2023
Resultados de Xogade Xadrez
12 de marzo de 2023
11 de marzo de 2023
10 de marzo de 2023
Xadrez na segunda fin de semana de marzo
Para os que queiran actividades temos:
VENRES 10
Ás 18,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para A Coruña. Será no Pavillón de Elviña na Avenida Glasgow. Xa hai anos que ningún dos nosos equipos competía na Coruña, xa que se prefería ir a Cambre pero este ano o CIDU presenta equipos en categorías alevín e benxamín.
De 19,30 a 21,30 está aberta a sala de xadrez do Centro Universitario de Riazor, para a comunidade universitaria e xogadores do CIDU.
SABADO 11
Terceira rolda da Liga Galega de Xadrez. O calendario dos clubs mais implicados coa nosa actividade é o seguinte:
GRUPO BAZÁN - Xadrez Das Mariñas
E.L.X. ABSOLUTO - ESCOLA XADREZ SIGRÁS
Xadrez Das Mariñas - CLUB XADREZ SMYSLOV SADA
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC
CLUB DE AJEDREZ MACONDO - CIDU ESCOLA INCUDE
CLUB XADREZ ARTEIXO - CIDU CALASANZ - ROSALES
CXB PORTO DE PAULA - AVV O GAITEIRO - SIGRAS
SPORTING CLUB CASINO - MIRKO
XDM - ESCOLA XADREZ CULLEREDO
DOMINGO 12
Ás 10,00 comezan as partidas do programa Xogade da Xunta para Cambre. Será no Pavillón Sofía Toro, detrás da Casa do Concello. Dende hai anos apoiamos a xuntanza dos nosos clubs nun só equipo para competir como Xadrez das Mariñas.
Moita actividade que agardamos disfritedes.
9 de marzo de 2023
Aforismos de Leonardo
8 de marzo de 2023
Gómez Pérez das Mariñas
Naceu a principio do século XV e morreu no ano 1475, sendo sepultado no Convento de San Domingos da Coruña, hoxe desaparecido. Era fillo de Ares Pardo das Mariñas e de Tareixa Prego de Montaos.
Ca súa dona, Tareixa de Haro Acuña, tivo tres fillas; María, Constanza e Xenebra
Seguramente naceu nalunha das posesións familiares entre Betanzos e Laracha, probablemente na comarca das Mariñas.
Foi home de sona e grande influencia en Galicia e sendo rapaz foi paxe do rei Xoán II que sentía moito aprecio por el. Mesmo favoreceuno o 18 de agosto de 1452 ao estender unha cédula pola que lle concede a fortaleza de Cillobre.
Compañeiro do fillo do rei, tamén serviuno con lealtade cando este converteuse en Henrique IV. O rei concedeulle en 1467 a propiedade dunhas casas na Coruña como compensación dos gastos que lle ocasionara a defensa da cidade.
Na época da Revolta Irmandiña sufriu a perda de varias posesións e xunto ao seu xenro, Diego de Andrade, uniuse con Pedro Madruga en 1469 para loitaren contra os irmandiños.
7 de marzo de 2023
Martes de Xadrez
De 19,00 en adiante.
6 de marzo de 2023
Xadrez no Casino
5 de marzo de 2023
4 de marzo de 2023
Cousas da biblia tomada literalmente
Ás veces hai polémica e máis cando mesturan temas de relixión e homosexualidade, onde cada persoa interpreta o que di Deus e a Biblia dunha maneira distinta.
A presentadora atacou aos homosexuais e dixo que a homosexualidade é unha abominación, xa que así o indica a Biblia no Levítico, versículos 18:22 e por tanto non pode ser consentida baixo ningunha circunstancia.
O que a continuación se adxunta é unha carta aberta dirixida á Dra. Laura escrita por un residente nos Estados Unidos, que foi feita pública en Internet (non ten desperdicio):
"Querida Dra. Laura:
Grazas por dedicar tantos esforzos a educar á xente na Lei de Deus. Eu mesmo aprendín moitísimo do seu programa de radio e intento compartir os meus coñecementos con todas as persoas coas que me é posible.
Por exemplo, cando alguén tenta defender o estilo de vida homosexual limítome tan só a lembrarlle que o Levítico, nos seus versículos 18:22, establece claramente que a homosexualidade é unha abominación.
Punto final.
De todos os xeitos, necesito algún consello adicional da súa parte respecto dalgunhas outras leis bíblicas en concreto e como cumprilas:
a) Gustaríame vender á miña filla como escrava, tal e como menciona os Éxodos, 21:7. Nos tempos que vivimos, que prezo pensa que sería o máis adecuado?
b) O Levítico, 25:44, establece que podo posuír escravos, tanto homes como femias, mentres sexan adquiridos en nacións veciñas. Un amigo meu asegura que isto é aplicable aos mexicanos, pero non aos canadenses. Poderíame aclarar este punto? Por que non podo posuír canadenses?.
c) Se que non estou autorizado a ter contacto con ningunha muller mentres estea no seu período de impureza menstrual (Lev 20:18). O problema que se me expón é o seguinte: como podo saber se o están ou non? Tentei preguntalo, pero bastantes mulleres senten ofendidas.
d) Teño un veciño que insiste en traballar no Sábado. O Éxodo 33:2, claramente establece que ha de recibir a pena de morte. Estou moralmente obrigado a matalo eu mesmo? Poderíame apañar vostede este tema dalgunha maneira?
e) No Levítico 21:20, establécese que un non pode achegarse ao altar de Deus se ten un defecto na vista. Hei de confesar que necesito lentes para ler?. A miña agudeza visual ten que ser do 100%? Pódese relaxar un pouco esta condición?
f) A maioría dos meus amigos (homes) levan o pelo arranxado e ben cortado, mesmo na zona das tempas; a pesar de que isto está expresamente prohibido polo Levítico, 19:27. Como han de morrer?
g) Se grazas ao Levítico, 11:6-8, que tocar a pel dun porco morto convérteme en impuro. Aínda así, podo continuar xogando ao fútbol se me poño luvas?
h) O meu tío ten unha granxa. Incumpre o que se di no Levítico 19:19, xa que planta dous cultivos distintos no mesmo campo, e tamén o incumpre a súa muller, xa que leva pezas feitas de dous tipos de tecido diferentes (algodón e poliéster). El, ademais, pásase o día maldicindo e blasfemando. É realmente necesario levar a cabo o engorroso procedemento de reunir a todos os habitantes do pobo para lapidarlos? (Lev 24:10-16). Non poderiamos sinxelamente queimalos vivos nunha xuntanza familiar privada, como se fai coa xente que dorme cos seus parentes políticos? (Lev 20:14).
Sei que vostede estudou estes asuntos con gran profundidade, así que confío plenamente na súa axuda. Grazas de novo por lembrarnos que a palabra de Deus é eterna e inmutable.
3 de marzo de 2023
Vocabulario médico galego
2 de marzo de 2023
Aforismos de Leonardo
1 de marzo de 2023
Jorge, o skater. Conto para rapaces.
Un día, Jorge decidiu ir máis lonxe do que o normal e comezou a deslizar polo parque da cidade. Estaba a gozar do vento fresco na cara cando, de súpeto, escoitou un son estrano. Era un miado moi baixiño.
Jorge parou o patinete e comezou a buscar de onde viña o son. Foi entón cando viu un gatiño pequeniño, enroscado debaixo dun arbusto.
Sen pensar dúas veces, Jorge colleu o gatiño e levouno para casa. Coidou del e alimentouno, e logo o gatiño comezou a gañar peso e a poñerse saudable.
Co tempo, o gatiño converteuse no mellor amigo de Jorge. E sempre que Jorge saía para dar unha volta de patinete, o gatiño corría atrás del, miando de alegría.
Jorge decatouse de que o seu amor polos patinetes e polos animais podía convivir, e quedou moi feliz por ter atopado un novo amigo. E así, todos os días, Jorge e o seu gatiño daban voltas xuntos polas rúas da cidade, desfrutando da liberdade que só un patinete e un amigo fiel poden proporcionar.