30 de marzo de 2020

Vocabulario médico

acalculia 







s.f. Incapacidade para facer cálculos matemáticos sinxelos, forma de afasia que se observa nas lesións do lobo parietal.

27 de marzo de 2020

26 de marzo de 2020

Aforismos de Leonardo

397.- A primeira pintura foi só unha liña que circundaba a sombra dun home proxectada sobre un muro.

25 de marzo de 2020

Novela semanal. Duodécima entrega.


Despois de calmar ao camareiro, Duchamps colle un mantel dunha mesa e enrólao estirado para atar as mans do asasino á espalda. O camareiro colle un teléfono do seu uniforme que aínda está a ser vestido polo detective e cunha rápida chamada pide á vixilancia da mansión que envíen axuda á súa localización. Mentres agardan a chegada os dous quedan en silencio, o camareiro mirando a Duchamps cuns ollos que poderían matar e este desviando a mirada e asubiando. Tras cinco minutos chegan 4 vixiantes e, despois de explicar os calzóns do camareiro, Duchamps relata o resto dos acontecementos: a morte do escolta, o encontro co asasino e a fuxida. Dous vixiantes van en busca do corpo sen vida do escolta e os outros dous axudan a levar ao asasino aínda inconsciente á sala de vixilancia.

Entran na sala e colocan ao asasino nunha cadeira fronte a unha mesa. Dúas bofetadas e esperta confuso e cegado polas luces que o enfocan. Duchamps adiántase aos vixiantes. Deixádemo a min. Quen te envía?, pregunta golpeando a mesa. Non direi nada, responde o asasino. Se non falas vasme obrigar a golpear a mesa outra vez pero cunha intensidade lixeiramente superior, advirte Duchamps. Pasan os minutos sen que ningún dos dous baixe a mirada e finalmente o detective retrocede cara aos vixiantes. O tipo tenme calado, sabe que me doe moito a man polo primeiro golpe na mesa. Os dous vixiantes toman o relevo e séntanse na mesa. Vas pasar moitos anos no cárcere pero se nos axudas podemos lograr que che baixen a condena, pénsao. Xa o dixen, non ides conseguir nada de min. Se non queres colaborar polas boas ímosche sacar a información pola malas. Un dos vixiantes levántase, rodea a mesa e, despois de agarrar ao asasino polo pescozo da camisa dálle dous puñadas que lle rompen o nariz. Non conseguiredes que traizoe aos meus, di o asasino cuspindo sangue. Nese momento ábrese a porta da sala.

Continuará...

24 de marzo de 2020

CONCURSO DE RELATOS DE XADREZ

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro do noso programa de actividades deste período de confinamento,  o II Certame de Contos Curtos Xadrecísticos, dacordo ás seguintes BASES:

1. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen, de calquera idade, con traballos en galego ou castelán. Poderán presentar un ou varios textos. O xadrez debe aparecer nos mesmos xa sexa dunha maneira principal ou secundaria.

2. Os contos serán inéditos, mellor se son elaborados nestes días especiais, e cunha extensión non superior a 2 páxinas, en formato A4 e con máximo 30 liñas por páxina.

3. As obras enviaranse en formato PDF até o día 15 de abril de 2020 por correo electrónico a relatos@agax.org.

4. No PDF dos relatos non se incluirá o nome de remitente, que se debe aparecer no texto da mensaxe do correo.

5. AGAX determinará a composición do tribunal calificador entre xadrecistas e simpatizantes que non se presentaron ao concurso, nin eles nin familiares próximos. O fallo do xurado será inapelable.

6. Os traballos seleccionados editaranse neste 2020, sendo a base do libro que anualmente edita a nosa asociación. Os traballos presentados en castelán serán traducidos ao galego para esta edición, publicándose na lingua orixinal na páxina web.

7. Ademais AGAX entregará aos autores seleccionados un lote de libros editado pola asociación, un bolígrafo e unha camiseta da entidade. O mellor dos relatos presentados recibirá tamén un trofeo conmemorativo consistente nunha peza de Sargadelos.

8. A participación no Certame supón a aceptación destas Bases.

BASES EN CASTELLANO

La Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) convoca, dentro de nuestro programa de actividades de este periodo de confinamiento,  el II Certamen de Cuentos Cortos Ajedrecísticos, con arreglo a las siguientes BASES:
1. Podrán participar en el certamen todas las personas que lo deseen, de cualquier edad, con trabajos en gallego o castellano. Podrán presentar uno o varios textos. El ajedrez debe aparecer en los mismos ya sea de una manera principal o secundaria.
2. Los cuentos serán inéditos, mejor si son elaborados en estos días especiales, y con una extensión no superior a 2 páginas, en formato A4 y con máximo 30 líneas por página.
3. Las obras se enviarán en formato PDF hasta el día 15 de abril de 2020 por correo electrónico a relatos@agax.org.
4. En el PDF de los relatos no se incluirá el nombre de remitente, que si debe aparecer en el texto del mensaje del correo.
5. AGAX determinará la composición del tribunal calificador entre ajedrecistas y simpatizantes que no se hayan presentado al concurso, ni ellos ni familiares próximos. El fallo del jurado será inapelable.
6. Los trabajos seleccionados se editarán en este 2020, siendo la base del libro que anualmente edita nuestra asociación. Los trabajos presentados en castellano serán traducidos al gallego para esta edición, publicándose en la lengua original en la página web.
7. Además AGAX entregará a los autores seleccionados un lote de libros editado por la asociación, un bolígrafo y una camiseta de la entidad. El mejor de los relatos presentados recibirá también un trofeo conmemorativo consistente en una pieza de Sargadelos.
8. La participación en el Certamen supone la aceptación de estas Bases.

23 de marzo de 2020

Vocabulario médico

abulia 









s.f. Perda ou diminución da vontade ou enerxía para emprender algunha cousa ou para se mover.

21 de marzo de 2020

A Coruña onte

Acaban de derrubar o viaducta de Nelle, este é un pouco mais antigo. En 1970 facíase este rápido acceso á cidade.

18 de marzo de 2020

Novela semanal. Undécima entrega.


Clic. É o único que se escoita dunha pistola que quedou baleira minutos antes. Duchamps mira con pavor ao asasino pero este, que aínda está a conversar, non escoitou nada. Antes de ser apercibido, móvese cara atrás quedando oculto á volta da esquina. O suor báixalle pola fronte, desexando que non veña na súa dirección cando acabe a chamada. Perdido nos seus pensamentos non se dera conta de que o asasino deixara de falar. Escóitase un paso e por fin sae do seu ensimesmamento, ao mesmo tempo que os seu ollos se dirixen ao espello da parede. Aí está o asasino mirándoo inmóbil. Sen saber ben que facer Duchamps di: Servizo de habitacións! Non parece convencer ao asasino, que levanta a man que suxeita a pistola, listo para disparar. Non lle queda máis remedio ao detective que erguerse e saír correndo por onde chegou.

A distancia que os separa é suficiente como para que Duchamps poida chegar ao final dos corredores sen que o asasino teña forma de alcanzalo, pero abofé que se está a acurtar tras cada esquina. A súa intención é chegar a algunha sala na que haxa máis escoltas pero o único ruído que se pode ouvir vén de atrás. Duchamps chega a unha zona xa coñecida, o recuncho no que se agochou anteriormente. É a única opción que ve polo que tira a pistola tan lonxe como é capaz. Consigue fundirse coa escuridade xusto cando o asasino aparece pola esquina e a pistola cae ao final do corredor cun ruído metálico. Este se detén ante esta situación inesperada e comeza a avanzar con cautela. Apenas quedan dous metros antes de pasar por diante da posición de Duchamps e, de socate, ao fondo empezan a chegar uns pasos apurados. O asasino dá dous pasos acelerados cara adiante e, buscando resgardo, métese no mesmo agocho sen darse conta de que xa está ocupado. A situación non pode ser máis absurda, co asasino mirando de esguello esperando que apareza Duchamps ao fondo, sen darse conta de que está xusto detrás. O detective está máis branco que o leite e, aínda que non entende o comportamento do asesino, sabe que ten que aproveitar a oportunidade. Cun golpe rápido na cabeza o home cae desplomado.

Os pasos fanse máis fortes e tras uns segundos que lle semellaron eternos ao detective, aparece unha figura en calzóns, que ao ver o corpo tendido no chan se achega á posición de Duchamps. Ao velo, este abre grandes os ollos e berra: Devólveme a miña roupa!

Continuará...

12 de marzo de 2020

Aforismos de Leonardo

395.- Pero, como os pintores non souberon dar as súas razóns, quedaron moito tempo sen avogados; a pintura non fala, senón que se mostra e termina nos feitos, en tanto que a poesía termina en palabras e con elas técese vanagloriosas encomios.

11 de marzo de 2020

Novela semanal. Décima entrega.


Vaise achegando con lentitude ao corpo inerte, sempre atento a calquera ruído, e axeónllase diante del. O uniforme de escolta segue a impregnarse con sangue das feridas mentres a man dereita continúa agarrada á pistola que vira antes. Duchamps decide tomar a pistola tendo en conta que o perigo aínda debe de estar preto. Como se a mansión lle puidese ler a mente, sonan uns pasos ao outro lado da parede, que van diminuíndo de intensidade. Érguese tan rápido como lle permite a cautela, camiña en dirección á porta máis próxima e, aberta, observa que esta leva ao mesmo corredor que el estaba seguindo, rodeando as salas. Sen perder máis tempo sae na dirección das pisadas, que aínda se escoitan de xeito tenue na distancia.

Despois dun intre avanzando deixa de ouvir os pasos, o que non lle gusta pois pode significar que o asasino sabe que está a ser seguido e que se vai agochar preparando unha emboscada. Co corazón a mil por hora, Duchamps continúa polo corredor con tanto sixilo que mesmo a el lle custa escoitar os seu propios zapatos pisando o chan. Chega a unha esquina e non se atreve a mirar que hai ao outro lado pero por sorte hai un espello colocado na parede que reflicte una imaxe do que hai ao fondo. O cristal desvela unha figura solitaria, que non parece estar en garda, senón buscando algo no peto. Despois de moito remexer saca un obxecto pequeno que coloca ao carón da orella. Si, xefe, xa está todo feito. Decoupledieu está morto pero non foi tan fácil como tiña previsto porque ademais tiven que matar un garda que me perseguía, pero xa está de camiño ao outro mundo. Non, non me viu ninguén máis. Vale, de acordo, para a próxima semana continúo cos outros desertores.

Duchamps non actuou para así deixar ao asasino falar libremente en busca de información valiosa, pero semella que a conversación está a punto de acabar. Coa man apertando firmemente a pistola, o detective apunta á arma do asasino para tentar deixalo indefenso. Inspira, expira, pecha o ollo esquerda e dispara.

Continuará.

10 de marzo de 2020

9 de marzo de 2020

Vocabulario médico

absceso 






s.m. Acumulación localizada de pus nunha cavidade formada pola dexeneración dos tecidos infectados.

7 de marzo de 2020

A CORUÑA ONTE

En 1984 facíase o parking de María Pita e acaban cos restos da muralla que alí había.

6 de marzo de 2020

Visto nas redes

Tanto falar do vaciado do rural mentras destruímos algunhas das súas potencialidades como o turismo.

Parvos arboricidas que non se ven noutros sitios mais civilizados de Europa.

5 de marzo de 2020

Aforismos de Leonardo

394.- Para representar a palabra, a poesía supera á pintura, e esta a aquela na representación de feitos; a proporción entre os feitos e as palabras, é a mesma que hai entre a pintura e a poesía, desde que os feitos están sometidos á visión e as palabras ao oído; e os sentidos gardan entre si a mesma xerarquía que os obxectos, razón pola cal, xulgo a pintura superior á poesía.

4 de marzo de 2020

Novela semanal. Novena entrega.


Entran tres vixiantes na sala con pistola na man ao mesmo tempo que dous escoltas levan á viúva a outra sala da mansión. A xente sigue saíndo e xa empeza a ser máis fácil visualizar a escena. Xusto donde ficaba a señora hai dez segundos xace no chan un corpo inerte, debaixo do cal empeza a expandirse un rego de sangue. O detective sabe que ten que escapar se quere evitar que o deteñan como posible sospeitoso así que escapa cos outros camareiros. Despois de cruzar un corredor, estes van entrando no que semellan ser as cociñas da mansión, pero Duchamps segue cara adiante para encontrar unha saída.

Tras cinco minutos escapando de xeito confuso, o detective para a descansar apoiado contra a parede, exhausto pola carreira e polas emocións. Nese intre, escoita uns pasos apurados achegarse na súa dirección. Con rapidez, apártase nun recuncho sombrío que dá a unha habitación e, momentos despois, pasa unha figura delgada suxeitando algo que parece unha pistola. Os pasos fanse menos intensos a cada segundo que transcorre e, asegurándose de que non hai ninguén, volve a tomar o camiño cara a unha posible saída. Vira á dereita, á esquerda, segue de fronte e, despois de máis voltas, chega ao que ten pinta dunha pequena sala de estar. A sala loce un decorado moi bonito e butacas confortables que invitan a descansar, pero non é o momento xa que en calquera minuto poden chegar vixiantes. De súpeto, escóitase xente berrando e ruído de mobles caendo e rompendo contra o parqué. Duchamps detecta ao fondo a porta da que proveñen os gritos e apresúrase a cruzar a sala. Cando leva aberto un palmo, escóitanse disparos que retumban na sala dunha forma que volvería xordo a calquera e despois, nada, un silencio absoluto.

Continúa a abrir a porta, esta vez de xeito máis cauteloso, dunha sala que ten bastante parecido coa que está abandonando, agás polos mobles e pratos rotos no chan. No centro do habitáculo permanece inmóbil una figura delgada, cos ollos apuntando aos de Duchamps. No peito ten dúas manchas vermellas que van medrando como rosas florecendo.

Continuará...

3 de marzo de 2020

2 de marzo de 2020

Vocabulario castellano

-abatanar. 








tr. Batir o golpear el paño en el batán para desengrasarlo y enfurtirlo.
|| 2. p. us. fig. Batir o golpear de otro modo; maltratar.
|| 3. prnl. Argent., Bol. y Méj. desgastarse, apelmazarse un tejido por el uso o el lavado.