30 de xuño de 2011

Aforismos de Leonardo

15.- Oh, contemplador!, eu non enxálzoche porque coñeces as cousas ordinarias que a natureza dirixe por si mesma; pero envéxoche cando alcanzas a descubrir o fin das cousas impresas na túa mente.

29 de xuño de 2011

O avó


Novela dialogada de Benito Perez Galdós, publicada en 1897.
O gran dramatismo da obra axudouna a levala ó cine en varias ocasións, sendo a de maior repercusión a do ano 1998 por José Luís de Garci.

O libro sucédese ó largo de 5 xornadas, divididas en diferentes escenas cada unha.

O aspecto máis orixinal para min e que máis me chamou a atencion é a forma na que esta escrita.Diálogos entre os personaxes coa única intromisión do narrador nos comezos das escenas describindo o lugar onde se sucederán os actos e presentando ós personaxes; e no medio dos diálogos amosando o pensamento e os sentimentos así como as reraccións dos mesmos (exemplo nas frases do Conde ó final da páxina).

Nembargantes non é unha versión teatral. Anos mais tarde, en 1904, si que Galdos faría unha adaptación á escena que sería representada con frecuencia.

Son os personaxes principais un Conde vido a menos (Rodrigo de Albrit, o avó), a súa nora Lucrecia (viúva de Rafael, fillo de Rodrigo), e as fillas desta (netas do avó) Nell e Dolly .

A trama céntrase na loita psíquica interior que sufre o avó tratando de desentrañar un segredo de familia que o desacouga e o deshonra. Unha das súas netas non é do seu sangue.

Para iso terá que valerse dos seus propios medios, pois non llo pon fácil a súa nora, xa que facelo público sería unha afrenta para ela e a súa reputación.

Rodrigo terá que usar a súa intuición, entablando relacións coas netas e tratando de sacar conclusións pola súa conta a partir dos seus caracteres, apariencia física, habilidades, gustos...

Cando pensa descubrir un rasgo diferenciador nalgunha delas como a nobreza, a lealtade, a humildade; pronto os atopa na outra. E cando unha comete un acto de cortesía con el, non tarda moito a outra en amosar tamén unha inmensa bondade de espirito.

¿Como é posible que unha non sexa a súa neta? Cada vez que pensa nisto rompe nun sentimento ambiguo de tristeza e felicidade.

E así desfalece coa dúbida, non atopa consolo en ninguén, e o toman por tolo.


Para quen mirase a película, xa saberá como remata. Sen embargo cabe destacar algunhas diferencias entre o libro e a película de Garci. Como e lóxico moitas escenas do libro suprimíronse ou acortáronse, e outras escenas da película son inventadas pero manteñen con gran fiabilidade os diálogos orixinais.

Sería inxusto decir que me quedo co libro ou coa película, pois son experiencias distintas que se enriquecen mutuamente.


Algunhas frases do Conde:

É tristeza, e a miña tristeza non se disipa bebendo.É moi fonda.A veces o descubrimento da verdade amárganos a existencia máis que a dúbida.

¡Xeración ingrata, xeración descreída e que nada respetas, xeración parricida, pois devoras o pasado e menosprezas as grandezas que foron! A honra, a pureza dos nomes, ¿que son para estes menguados, que se pasan a vida focicando no chan, para recoller o pedazo de pan que a sorte lles arroxa?

(Con supremo desdén) Lucrecia Richmond, quizá Deus te perdoe.Eu...tamén te perdoaría...se poidesen ir xuntos o perdón e o desprezo.

(Con maxestuosa solemnidade, levantándose) E eu, polo nome de Albrit, polos gloriosos emblemas da miña casa, por todos e cada un dos varóns insignes, e das santas mulleres que dela saíron, asombro e orgullo das xeracións; pola conciencia da honra e da verdade que Deus puxo na miña alma, por Deus mesmo, xuro que antes me farán pedazos que arrancar do meu lado a que é luz, consolo, e gloria da miña vida.

28 de xuño de 2011

Lem tería cumprido 90 anos

En 2011 cúmprense 90 anos do nacemento en 1921 de Stanislaw Lem, gran renovador da ciencia ficción desde ao outro lado do pano de aceiro.

A ironía dos seus libros foise desfacendo coa idade, ao volverse pesimista e considerar que a humanidade abocabase ao suicidio co progreso.

Non lle gustaba que lle consideraran autor de ciencia ficción. Opinaba que o xénero fracasaba ao tentar predicir ao futuro, o que resumiu no título da súa última novela; Fracaso.

Lem, na galipedia.

27 de xuño de 2011

26 de xuño de 2011

Xoan Manuel Pintos - II

-Si pensas ti con esos ditos
falar só de cumprimento,
fai de conta que a cen tis
doulle eu mui pouco creto.
A verdá está no seu punto
e son capaz de fendelo
ó que diga que este idioma
non é tan bo como o primeiro

25 de xuño de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXVIII).

O imperturbable sangue frío de Conseil deume ánimos. Nadei con máis vigor, pero, incomodado polas miñas roupas que me oprimían como os cellos dun barril, tiña grandes dificultades para sosterme á boia.
Conseil deuse conta.
-Permítame o señor facerlle unha incisión.
E cunha navalla desgarrou as miñas roupas de arriba abaixo nun rápido movemento. Logo liberoume das miñas roupas con grande habilidade, mentres eu nadaba polos dous. Logo procedín a prestar idéntico servizo a Conseil, e continuamos «navegando» un xunto ao outro.
A nosa situación era terrible. Talvez non se dera conta ninguén da nosa desaparición, e aínda que non pasase inadvertida, a fragata, privada de goberno, non podería vir na nosa busca.
Unicamente podiamos contar cos seus botes.
Partindo desta hipótese, Conseil razoou fríamente e fixo un plan consecuente. Que extraordinaria natureza a deste flemático raparigo, que sentía alí como na súa casa!
Dado que nosa única posibilidade de salvación era a de ser recollidos polos botes do Abraham Lincoln, decidiuse que debiamos organizarnos de xeito que puidésemos esperalos o maior tempo posible. Eu resolvín entón que dividísemos as nosas forzas a fin de non esgotalas simultaneamente,
e así conviñemos que un de nós manteríase inmóbil, tendido de costas, cos brazos cruzados e as pernas estendidas, mentres o outro nadaría impulsándoo cara a adiante. Esta tarefa de remolcador non debía prolongarse máis de dez minutos, e relevándonos así poderiamos nadar durante varias horas e manternos mesmo até a alba.
Débil posibilidade, pero a esperanza está tan fortemente enraizada no corazón do home!
Ademais, eramos dous. E, por último, podo afirmar, por improbable que isto pareza, que aínda que tratase de destruír en min toda ilusión, aínda que me esforzase por desesperar, non podía conseguilo.
A colisión da fragata e do cetáceo produciuse cara ao once da noite. Calculei, pois, que debiamos nadar durante unhas oito horas até a saída do sol. Operación rigorosamente practicable co noso sistema de substitucións. O mar, bastante apacible, fatigábanos pouco. Ás veces trataba eu de penetrar coa mirada as espesas tebras que tan só rompía a fosforescencia provocada polos nosos movementos. Miraba esas ondas luminosas que se desfacían nas miñas mans e cuxa capa espelleante formaba como unha película de tonalidades pálidas. Parecera que estabamos mergullados nun baño de azogue.

24 de xuño de 2011

HORRORES Y ERRORES (I)

Muchos de los que leemos de forma habitual hemos pensado alguna vez en sentarnos delante de un procesador de textos y ponernos a escribir nuestra propia historia. Algunos lo hemos hecho, con mayor o menor suerte, y otros quizá estéis pensándolo en este mismo momento, o lleváis algún tiempo dándole vueltas a la idea.

Mi primer consejo es evidente: hacedlo. Nunca sabréis si sois capaces si no lo intentáis. Así que, adelante: sentaos delante del ordenador, colocad las manos sobre el teclado, y a ver qué sale.

Parece fácil, ¿verdad? ¿O muy difícil?

En realidad, es ambas cosas.

Por una parte, está esa historia en tu cabeza, empujándote a que la pongas sobre el papel; y por la otra… Por la otra están todas las trampas en las que puede caer un escritor novato —o novel, si os resulta menos ofensivo—, esperando detrás de cada recodo de tus frases para morderte en la yugular.

No soy una autoridad en la materia —más quisiera—, pero sí sé unas cuantas cosas que se deben evitar, y otras que se deben tener en cuenta. Empecemos por lo obvio:

I. Para escribir, hace falta saber escribir.

Qué tontería, ¿no? Es evidente que si no sabes escribir, no puedes escribir. Por supuesto, pero yo me refiero a escribir bien. No, no hablo del estilo, ni del uso de recursos literarios, ni de los trucos del oficio, que más tarde o más temprano se acaban aprendiendo.

Hablo de lo más básico, de aquello sobre lo que se sostiene todo: la gramática y la ortografía.

Esta es una discusión que he mantenido mil veces, con mil interlocutores distintos, y en decenas de ambientes diferentes, y sigo sin entender las posturas contrarias a la mía por muchas veces que intenten explicármelas. Si no dominas las palabras, la forma adecuada de escribirlas y utilizarlas ¿cómo vas a poder expresar las ideas que tienes en la cabeza?

Un cirujano debe saber utilizar un bisturí; un carnicero no puede prepararte un filete si no es capaz de usar sus cuchillos; un bailarín tetrapléjico no sería nadie en el Kirov…

Todas las profesiones tienen sus herramientas, y las de un escritor son sus palabras. Y no admito que me digan que el corrector de Word hace ese trabajo: me parece una actitud cómoda e irresponsable. Y además, no hace tan bien su trabajo, creedme. Si me dieran un euro por cada vez que el corrector de Word ha dejado pasar una falta de ortografía garrafal, estaría forrada. Tened en cuenta que, en muchas ocasiones, al cambiar una sola letra en una palabra, ésta quiere decir algo completamente distinto, y sin embargo, un corrector ortográfico jamás la considerará errónea. Pongamos como ejemplo una que, a mí personalmente —y presumo de tener pocas o ninguna falta—, siempre me trae de cabeza: ¿acerbo o acervo? Tienen significados diferentes por completo, y sin embargo, ambas son acertadas desde el punto de vista ortográfico, así que un corrector nunca os las señalará.

Y no hablemos de los signos de puntuación. Por mucho que vuestro procesador de textos disponga de un corrector gramatical, os garantizo que no sabe colocar las comas y los puntos en su sitio. Eso por no hablar de otros asuntos más enjundiosos, como el uso de la raya de diálogo, en el que, directamente, los correctores no aciertan una.

Los correctores tampoco pueden enseñaros el uso apropiado de los tiempos verbales, y eso es algo con lo que los gallegos en concreto tenemos que pelearnos todos los días. La maldición de que en nuestra lengua no existan los tiempos compuestos pende sobre nuestros teclados como la espada de Damocles cada vez que nos sentamos a escribir en castellano (sí, he dicho castellano. El gallego también es español). Pero no es algo que nos ocurra sólo a los gallegos. Un ejemplo: la construcción hubiera/habría. No soy capaz de contar cuántas veces he corregido frases del tipo: si lo hubiera sabido, lo hubiera hecho. ¿Eh? ¿Qué es essso, tesssoro? La forma correcta es: si lo hubiera sabido, lo habría hecho. ¿De dónde diablos ha salido ese segundo pretérito imperfecto de indicativo, en lugar del condicional? Pues bien, el tan alabado corrector de Word, se pasa ese tipo de errores por el forro de… la programación.

Yo desactivé mi corrector hace mucho tiempo. Por una parte, porque así me obligo a fijarme bien en lo que estoy escribiendo. Por otra, porque me resulta molesto que me señale faltas que no son tales, y que me indique errores de concordancia que no tienen ningún sentido («Sugerencia: sacudió el cabeza confuso» ¿Pero qué me estás contando, Mr. Word?). Y, sobre todo, porque —salvo algún zarpazo aislado, que nadie está a salvo de ellos— no me hace falta usarlo: me he esforzado mucho para no tener faltas, para aprender el uso apropiado de los signos de puntuación, y para mantenerme al día de las actualizaciones de la RAE. Y creo firmemente que cualquiera que pretenda dedicarse a escribir, ya sea para hacer de ello su profesión, o como simple aficionado, debería poder decir lo mismo.

Otro argumento que suelen usar para rebatirme es que las editoriales disponen de correctores, tanto de estilo, como de ortografía y gramática. Pero, aunque sólo sea por orgullo, ¿en serio os parece buena idea enviar un texto a una editorial plagado de horrores ortográficos y gramaticales? ¿Qué dice eso de vuestra historia, de vosotros como escritores? «Eh, mi idea es genial, pero ya, si eso, que se encargue otro de arreglarla y/o escribirla». A mí se me caería la cara de vergüenza, pero supongo que de todo hay…

Así que vuelvo a mi premisa original: las palabras son herramientas, y deben ser usadas correctamente. Leo a muchos escritores aficionados, y puedo deciros que cuando me envían un texto para que lo corrija o les dé mi opinión, ésta se suele formar en los dos primeros párrafos: si están plagados de faltas, no sigo leyendo. Me importa muy poco que la idea para la historia sea genial, o que los personajes sean estupendos. Si no se usan las palabras adecuadas —o escritas de la forma adecuada— para narrar esa historia, o definir esos personajes, no soy capaz de centrarme en la lectura. Sí, soy una talibana ortográfica, no me decís nada que no sepa ya. Demasiadas veces me han acusado de eso, y está muy lejos de parecerme un insulto.

Seguiré creyendo siempre que una buena ortografía y una buena gramática son las mejores cartas de presentación para un texto.

Y no, no uso lenguaje SMS ni cuando tecleo en el móvil…

23 de xuño de 2011

Aforismos de Leonardo

14.- Hai, sen dúbida, a mesma proporción da mentira á verdade que das tebras á luz; e a verdade é tan elevada esencia que, aínda se se aplica a materia humilde e baixa, excede incomparablemente as vagas e mentireiras amplificacións e os máis grandes e sublimes discursos.
Aínda que o noso espírito, en efecto, teña á mentira por quinto elemento (agregado aos catro que compoñen o mundo: aire, terra, lume e auga), non deixa de ser certo que a verdade é a soberana alimentación non dos espíritos vagabundos, pero si das intelixencias agudas. Mais ti, que vives de ilusións, preferirás os sofismas e as mentiras dos charlatáns nas cousas grandes e incertas, ás verdades naturais, ben que menos pretenciosas.

Concurso adiviña o libro II


Para quen se dese por vencido co primeiro libro-acertixo, aquí ven outro.

Trátase do mesmo co anterior, adiviñar o libro que se esconde tras estas frases escollidas:

¿Como pode evitar unha muller amar a un home tan serio, tan sincero e tan valente?

O paxaro pequeno, o peixe pequeno, o animal pequeno non aprende por principios senón empiricamente.

Non teñades medo de pensar.

Gracias a Deus este é un país onde o soborno serve para algo, e todos levamos suficiente diñeiro.

Todos nos precipitamos hacia os escollos, e a fe é a nosa única áncora.

A veces penso que estamos todos tolos e que recobraremos a cordura embutidos en camisas de forza.

Quero pensar, e non o podo facer libremente se estou atado.

Estaba nas nubes e dende alí miraba todas as debilidades e necesidades dos pobres mortais.

Oe ****, se a intención de ese home non era enganarnos, é o tolo mais cabal que vin na miña vida.

Só unha muller pode axudar a un home cando ten o corazón destrozado.

Desconfío de estos períodos de tranquilidade.

Esta noite os nosos pés deben camiñar por sendeiros de espiñas; ou máis adiante, e para sempre, os pés que vostede ama camiñarán por sendeiros de lume.

A loucura sería facil de soportar en comparación cunha verdade coma esta.

-A miña tesis é esta: Quero que vostede crea.
-¿Que crea que?
-Que crea nas cousas que non pode crer.

Ah, e culpa da vosa ciencia, que todo o quere explicar, e si non o explica, di que non ai nada que explicar.

¡Ai que ver como nos afecta a prosperidade inesperada!

A enfermidade e a debilidade son egoistas e fan que os nosos ollos internos e a nosa comprensión se volvan hacia nos mesmos, en tanto que a saúde e a forza dan rienda solta ó amor, e este pode vagabundear según a sua vontade entre pensamentos e sentimentos.

Os xóvenes non se confían ós xóvenes senón ós vellos coma eu, que tantas penas e súas causas coñecín.

Síntome moi triste, aínda que son moi feliz.

O corpo desta pobre alma disfrutará da sua liberdade, aínda que a sua mente non poida agradecelo.

As mandíbulas móvense por costume

As damas de honra alegran os ollos dos que esperan a chegada da noiva; pero en canto esta chega, as damas deixan de brillar para os ollos que están satisfeitos.

A súa natureza é demasiado sensible para ir polo mundo sen problemas.

Ninguén pode poñer obxeccións a morir como un mariñeiro, na auga azul.

Os homes perderon o medo; traballan impasibles e pacientes, coa conciencia de que vai ocurrir o peor.

Debemos ter unha mente aberta, e non permitir que un pedaciño de verdade deteña a irrupción dunha verdade grande, como unha roca pequena detén o paso dun vagón de ferrocarril.

A vida non é máis ca unha espera de algo distinto do que estamos facendo.

¿Por que non permiten a unha moza que se case con tres homes?

Se tivese unha causa tan forte como a do meu pobre amigo tolo, unha causa non egoista que me fixese traballar, sería realmente a felicidade.

Ao parecer, un home sempre atopa soa a unha moza.

Ougallá estiveramos xuntas, querida, sentadas a carón do lume mentres nos espimos.

Aos homes gústalles que as múlleres , e sen duda as súas esposas, sexan tan leales coma eles; pero témome que as mulleres non sempre son tan leales coma deberan.

¡Este home perténceme, non vos acerquedes a el, ou volas teredes que ver conmigo!

"As miñas tablillas, rápido, as miñas tablillas.Ora é xa de que o escriba",etc.

-¿Sabe que día é hoxe?
Contesteille que 4 de maio. Ela negou coa cabeza e dixo:
-¡Si claro!Pero ¿sabe que dia é?

De vez en cando, os cabalos parecian levantar a cabeza e husmear recelosamente o aire.

21 de xuño de 2011

A terceira vía da cultura

Nace o selo editorial Axóuxere destinado a publicar obras de pensamento dirixidas a iniciar unha nova forma de relación entre as persoas. Nado en Rianxo, o proxecto bebe daqueles ventos de rupturismo: os de buscar novas vías para repensarse no medio da cambiante realidade dos tempos actuais.

Mais

20 de xuño de 2011

Unha frase para empezar a semana.

Os avogados ociosos tenden a converterse en políticos, polo que hai un certo interese social en mantelos ocupados.

19 de xuño de 2011

Asimov fomentando a lectura

Isaac Asimov, o coñecido escritor de ciencia ficción (aínda que tamén de temas históricos e de divulgación científica) escribiu a seguinte carta o 16 de marzo de 1971, respondendo á solicitude dunha nova biblioteca, para promover a lectura entre os mais novos:

Parabéns pola nova biblioteca, porque non é só unha biblioteca, é unha nave espacial que vos levará aos confíns máis afastados do Universo, unha máquina do tempo que vos levará ao afastado pasado e ao afastado futuro, un mestre que sabe máis que calquera ser humano, un amigo que che divirte e consola, e, sobre todo, unha porta de entrada, a unha vida mellor, máis feliz e máis útil.

18 de xuño de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXVII).

7. Unha balea de especie descoñecida
A sorpresa causada por tan inesperada caída non me privou da moi clara impresión das miñas sensacións.
A caída mergulloume a unha profundidade dun vinte pés. Sen pretender igualarme a Byron e a Edgar Poe, que son mestres de natación, creo poder dicir que son bo nadador. Por iso a zambullida non me fixo perder a cabeza, e dous vigorosos taconazos devolvéronme á superficie do mar. O meu primeiro coidado foi buscar cos ollos a fragata. Deuse conta a tripulación da miña desaparición? Viraría de bordo o Abraham Lincoln? Botaría o comandante Farragut unha embarcación na miña procura? Podía esperar a miña salvación?
Profundas eran as tebras. Entrevín unha masa negra que desaparecía cara ao Leste e cuxas luces de posición ían desaparecendo ao lonxe. Era a fragata. Sentín perdido.
-Socorro! Socorro! -gritei, mentres nadaba desesperadamente cara ao Abraham Lincoln, embarazado polas miñas roupas que, pegadas ao meu corpo pola auga, paralizaban os meus movementos. Íame abaixo... Afogába.
-Socorro!
Foi o último que dixen. A miña boca encheuse de auga. Debatíame, succionado polo abismo.
De súpeto sentinme agarrado por unha man vigorosa que me devolveu violentamente á superficie, e ouvín, si, ouvín estas palabras pronunciadas ao meu oído:
-Se o señor fóra tan amable de apoiarse no meu ombreiro, nadaría con máis facilidade.
A miña man agarrouse do brazo do meu fiel Conseil.
-Ti! Es ti!
-Eu mesmo -respondeu-, ás ordes do señor.
-Precipitouche o choque ao mar ao mesmo tempo que a min?
-Non. Pero como estou ao servizo do señor, seguín ao señor.
O bo raparigo atopaba iso natural.
-E a fragata?
-A fragata! -respondeu Conseil, volvéndose de costas-. Creo que o señor fará ben en non contar con ela.
-Como dis?
-Digo que no momento en que me arroxei ao mar, ouvín que os temoneiros gritaban: «Rompéronse a hélice e o temón!».
-Rotos?
-Si; esnaquizados polo dente do monstro. É a única avaría, creo eu, que sufriu o Abraham Lincoln. Pero desgraciadamente para nós é unha avaría que lle impide gobernarse.
-Entón estamos perdidos.
-Posiblemente -respondeu Conseil, coa maior tranquilidade-. Pero aínda temos unhas cantas horas por diante, e nunhas horas poden pasar moitas cousas.

17 de xuño de 2011

Diccionario de persoaxes históricos

AQUILES (apelido descoñecido), cando era bebé a nai deulle un baño, pero esqueceu lavar ben os seus pés.  Máis tarde foi veterano do sitio de Troia.  Morreu novo, moito antes de recibir a pensión.


Lee mais sobre Aquiles na Galipedia.

16 de xuño de 2011

Aforismos de Leonardo

13.- A verdade é de tal excelencia que, cando eloxia pequenas cousas, as ennoblece.

15 de xuño de 2011

Nocilla project

Engloba tres libros pensados (ou improvisados) por un home chamado Agustín Fernandez Mallo(Coruñés.Afincado en Mallorca.Estudou físicas en Santiago.Aspecto desaliñado.Fumador).

Nocilla Experience (2006)
Nocilla Dream (2008)
Nocilla Lab (2009)

Non sei moi ben se aconsellarllos a alguén, ou si (a min gustáronme )... porque son libros moi raros , non se sabe (non sei) moi ben de que van e a onde van, nin de onde veñen, e se veñen ou se van...Persoalmente penso que veñen.E veñen para quedarse.Alomenos ata que cheguen alá onde queren ir.(A verdade e que xa levan aquí uns anos e o meu pronóstico persoal perde así un pouco de credibilidade).

Como pode que nin eles mesmos sepan a onde van, estarán aquí un bo rato ata o día en que alguén lles ensine o camiño, morran de cansancio buscándoo ou ata que a xente se canse de mirar como o buscan (o que sorprendentemente tamén pode ser causa da súa morte).Mais se cadra non o buscan.Se cadra se pode vivir perfectamente camiñando hacia ningures(ou camiñando cada dia hacia un sitio diferente).

Tampouco teñen ou non coñezo semellanzas con outros da súa especie (sendo o libro unha especie).Isto ten a vantaxe de resultar orixinal, mais tamén pode ter a desvantaxe de selo demasiado.
Para alivio das editoriais, que vindo situarse o seu libro entre as clásicas seccións o sentían desprestixiado polo resto (ou a este desprestixiando os demais), pronto se acuñou mediante un bonito derroche de pragmatismo un novo término que representou e representa moi ben esta tendencia : Literatura Nocilla.

E bueno ,non esperedes que fale moito máis dos libros, alomenos por hoxe.Unha das principais razóns é que non me pagan o suficiente.Outra que se me averiou o ordenador na casa e a biblioteca na que estou pecha tristemente xusto agora.E a última por algún que outro comentario sobre a extensión dos meus artigos, poñendo como escusa un inaudito sentimento de compasión pola miña persoa.Mais eu tamén engado que vou ter compasion polos lectores.

14 de xuño de 2011

Xoan Manuel Pintos - I

Os vicios son bechos fortes
que amolegan corpos duros
e valentes;
os pecados son as mortes
que tumban torres e muros
insolentes.

...

Tende conta que somente
a virtude nunca falla
tarde ou cedo.
Os que viven torpemente
vólvense todos borralla
cheos de medo.

Mais info do autor: Preme

12 de xuño de 2011

Libro electrónico

Hai moitas incógnitas aínda por despexar ao redor do libro electrónico. En qué formato traballar, para qué dispositivos, se facer só unha traslación do libro impreso ao dixital ou, pola contra, buscar un formato enriquecido. Segundo datos do Ministerio de Cultura, só o 3% dos libros que se venden están en formato dixital. Mentres as editoras galegas esperan que o mercado despexe dúbidas sobre a fórmula a seguir, cada quen fai as súas experiencias por separado. En total hai disponibles 250 títulos en diferentes plataformas e formatos.

Mais

11 de xuño de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXVI).

A persecución recomezou, e o comandante Farragut, cernéndose sobre min, díxome:
- Vou perseguir a ese animal ata que estale a miña fragata!
- Si -respondín-, ten vostede razón.
Podía esperarse que o animal se esgotase, que non fose indiferente á fatiga como unha máquina de vapor.
Pero non foi así. Transcorreron horas e horas sen que dese ningún sinal de fatiga.
Hai que dicir en honra do Abraham Lincoln que loitou cunha infatigable tenacidade. Non estimo en menos de cincocentos quilómetros a distancia que percorreu o noso barco durante aquela desventurada xornada do 6 de novembro, até a chegada da noite que sepultou nas súas sombras as axitadas augas do océano.
Naquel momento crin chegado o fin da nosa expedición, ao pensar que nunca máis haberiamos de ver ao fantástico animal. Pero trabucábame.
Ás dez horas e cincuenta minutos da noite, reapareceu a claridade eléctrica a un tres millas a barlovento da fragata, coa mesma pureza e intensidade que na noite anterior. O narval parecía inmóbil. Talvez, vencido pola fatiga, durmía, entregado á ondulación das ondas? O comandante
Farragut resolveu aproveitar a oportunidade que creu ver nesa actitude do animal, e deu as ordes en consecuencia. O Abraham Lincoln achegouse a el amodo, prudentemente, para non sobresaltar ao seu adversario.
Non é raro atopar en pleno océano ás baleas sumidas nun profundo soño, ocasión que é aproveitada con éxito polos seus cazadores. Ned Land arponeara a máis dunha en tal circunstancia.
O canadense volveu instalarse no seu posto do bauprés.
A fragata achegouse silenciosamente, parou as súas máquinas a uns dous cables do animal e continuou avanzando pola súa forza de inercia. Todo o mundo a bordo contiña a respiración. O silencio máis profundo reinaba sobre a ponte. Estabamos xa tan só a uns cen pés do foco ardente, cuxo resplandor aumentaba deslumbrantemente.
Inclinado sobre a bataiola de proa vía eu por baixo de min a Ned Land, quen, agarrado dunha man ao moco do bauprés, blandía coa outra o seu terrible arpón. Apenas vinte pés separábanlle xa do animal inmóbil.
De súpeto, Ned Land despregou violentamente o brazo e lanzou o arpón. Ouvín o choque sonoro da arma, que parecía golpear un corpo duro.
A claridade eléctrica apagouse súbitamente. Dúas enormes trombas de auga abatéronse sobre a ponte da fragata e correron como un torrente da proa á popa, derrubando aos homes e rompendo as trincas do maderamen. Produciuse un choque espantoso e, lanzado por encima da bataiola, sen tempo para agarrarme, fun precipitado ao mar.

9 de xuño de 2011

Aforismos de Leonardo

12.- Cal é a cousa que cesaría de existir se puidesemos definila?


O infinito, que sería finito se puidese ser definido. Porque definir é limitar a cousa definida con outra que a circunscribe nos seus extremos, de modo que o que non ten termos non pode ser definido.

8 de xuño de 2011

Sen familia


Cheguei a este libro despois de ver os debuxos animados "Remi, o neno de ninguén", que é unha das varias versións cinematográficas que se fixeron deste emocionante libro (no sentido de emoción de choro) de Héctor Malot, nacido en 1830 en La Bouille (Normandía do norte) que chegou a escribir en torno a 70 libros, sendo principalmente coñecido por este.

Retrata as aventuras dun neno orfo chamado Remi (aventuras non como sinónimo de emocionantes vacacións nalgún lugar paradisíaco e salvaxe, senón como a segunda acepción do diccionario da Real academia galega aclara:Empresa arriscada de resultado incerto) despois de verse arroxado das mans dos seus pais adoptivos por necesidades pecuniarias (dos pais adoptivos) despois de que estes venderan a vaca, cando xa lles quedaba pouco por vender.

Remi, que ten oito anos, pensa que os seus pais son os verdadeiros, e será o primeiro golpe desmentirllo seus pais para tratar de xustificar a súa marcha.

Perdón, o primeiro golpe é a venta da vaca Roussette, á cal lle tiña especial cariño Remi, o que representa unha pasaxe estremadamente dura, amosando xa a implacable historia que nos agarda.

Agora que o penso, tampouco é o segundo golpe, o segundo producese trala volta do seu pai adoptivo a casa, arruinado, despois de pasares moitos anos traballando miseramente en París.

O golpe non e que veña arruinado (digamos que este poderia ser o golpe 2.5, senón queremos que ó que lle chamei primeiro golpe se vexa relegado o cuarto posto), senón cando inmediatamente Remi se decata que o seu pai non o quere.

O caso é que é vendido por corenta francos ó Signor Vitalis, un vello artista ambulante que viaxa con tres cans e un mono realizando actuacións teatrais polas plazas dos pobos, gañando o mínimo que lle permite a el e a súa compañia comer, durmir baixo un teito e amortizar para os gastos da viaxe á vila máis cercana, onde poder actuar ante outros espectadores.

Os primeiros días fáiselle duro esta vida errante e fatigosa ó noso protagonista.Bota de menos a súa nai, dóenlle os pés, e un can (Capi) teno vixilado constantemente para que non intente escapar e retornar a casa.

Pero co tempo vaise acostumando a fatiga, pensa con menos frecuencia na súa nai, ou polo menos comprende que nada pode facer salvo resignarse e seguir adiante; o dono cómpralle uns zocos novos (Vitalis resulta ser un home máis bo e comprensivo do que o soen ser os donos de nenos en xeral) e o can deixa de ter necesidade de vixilalo.

Polo momento non suceden moitas incidencias negativas.Remi aprende a ler, a cantar, a toca-la arpa e a actuar diante do público.Fano en moitos pobos e as cousas parece que van ben.Algúns días dormen debaixo dun palleiro, outros conseguen que algún aldeá lles faga un oco no galpón, ou con sorte algún día de bonanza económica lles permite alugar unha habitación nalgunha pequena fonda.
Ademais sempre dispoñen de pan que levar á boca dúas ou tres veces ó dia.

Pero a constante neste libro é que tras unha boa noticia, veñen dúas malas.Neste caso, unha discusión cun xendarme en Toulouse (Mediodía-Pirineos) que esixía que os cans levasen bozais, o Signor Vitalis desobedecendo a orde (non quero que pareza isto maldade ou insolencia, pois estou sintetizando moito a contienda e queda polo camiño moita información que xustificaría este inciso), dándolle un puño tamén, acaba na cadea dous meses.

O noso protagonista vese na rúa sen o seu titor, o cal era xa coma un pai para el.¡Que responsabilidade para Remi ter que coidar de Capi, Zerbino, Dulce e o mono Corazón-Fermoso! ¡E que responsabilidade consigo mesmo!
Descorazonado, perdido e entristecido pola noticia, sérvese das palabras de Vitalis que constantemente lle repitía, sumando a isto a súa osadía e valor:

"¡Sigue adiante, sempre adiante!"
"¡Nunca mires atrás!"
"¡Non te rindas!"
"Unha persoa chega á madurez cando aprende a vivir sen depender dos demais"
"Loita por vivir e non te canses"
"¡Continua sempre adiante!"
...

E ata aquí podo contar.

Mais avatares e infortunios lle ocorrirán o noso intrépido protagonista.
Pero tamén virán felices momentos e xenerosas casualidades do destino, merecidas só para quen soubo continuar sempre adiante, sen mirar atras, sobrevivindo á tristeza.

**********
En canto ás prometidas pistas sobre o libro oculto da semana pasada, e aínda que me parece abraiante que os cultivados lectores deste fecundo e prolífico blog aínda non deran coa solución:

O autor naceu en Salamina.
O nome da protagonista coincide co título da obra.

7 de xuño de 2011

Blog de Marc Serena

Marc Serena é un xornalista que aos 25 anos decidiu dar a volta ao mundo. A súa web La vuelta de los 25 foi recentemente premiada como a mellor bitácora de viaxes en lingua non inglesa.
Ademais a súa aventura ven de ser recentmente publicada en libro por Ediciones B.

5 de xuño de 2011

Pero da Ponte

Autor da corte do rei sabio.
Ten obras de moi diferentes xéneros dentro da lírica galaicoportuguesa.

Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess' algun mal buscar
a quen mi sempre mal buscou!
Assi me vingaria eu,


se eu poidesse coita dar,
a quen mi sempre coita deu

4 de xuño de 2011

20.000 leguas de viaxe baixo os mares (XXV).

- Conseil -dixen ao meu bo servente, que se achaba ao meu lado-, decataste de que moi probablemente imos saltar polo aire?
- Como o señor guste -respondeu Conseil.
Pois ben, debo confesar que, na miña excitación, non me importaba correr ese risco.
Cargáronse as válvulas, reforzouse a alimentación de carbón e activouse o funcionamento dos ventiladores sobre o lume. Aumentou a velocidade do Abraham Lincoln até o punto de facer tremer aos mastros sobre as súas carlingas. As chemineas eran demasiado estreitas para dar saída ás
espesas columnas de fume. Botouse novamente a corredeira.
- E ben, temoneiro? -preguntou o comandante Farragut.
- Dezanove millas e tres décimas, señor.
- Forzade os lumes!
O enxeñeiro obedeceu. O manómetro marcou dez atmosferas. Pero o cetáceo compasou novamente a súa velocidade á do barco, á de dezanove millas e tres décimas.
Que persecución! Non, imposible éme describir a emoción que facía vibrar todo o meu ser.
Ned Land mantíñase no seu posto, preparado para lanzar o seu arpón.
En varias ocasións, o animal deixouse aproximar.
- Gañámoslle terreo! -gritou o canadense.
Pero no momento en que se dispuña ao lanzamento do seu arpón, o cetáceo afastábase, cunha rapidez que non podo por menos de estimar nun trinta millas por hora. E nalgunha ocasión permitiuse mesmo ridiculizar á fragata, impulsada ao máximo de velocidade polas súas máquinas, dando algunha que outra volta en torno seu, o que arrincou un berro de furor de todos nós.
Ao mediodía achabámonos, pois, na mesma situación que ás oito da mañá.
O comandante Farragut decidiuse entón polo recurso a métodos máis directos.
- Ah! -exclamou-. Ese animal é máis rápido que o Abraham Lincoln. Pois ben, imos ver se é máis rápido tamén que os nosos obuses. Contramaestre, artilleiros á batería de proa!
Inmediatamente procedeuse a cargar e a apuntar o canón de proa. Efectuado o primeiro disparo, o obús pasou a algúns pés por encima do cetáceo, que se mantiña a media milla de distancia.
- Outro con mellor puntaría! -gritou o comandante-. Cincocentos dólares a quen sexa capaz de atravesar a esa besta infernal!
Un vello artilleiro de barba canosa -paréceme estar ao ver agora cunha expresión fría e tranquila no seu aspecto- achegouse á peza, situouna en posición e apuntouna durante longo tempo. A forte detonación foi seguida case inmediatamente dos hurras da tripulación. O obús dera no albo, pero non normalmente, pois tras golpear ao animal deslizouse pola súa superficie redondeada e perdeuse no mar a unhas dúas millas.
- Ah!, non é posible! -exclamou, rabioso, o vello artilleiro-. Ese maldito está blindado con ferros de seis polgadas!
- Maldición! -exclamou o comandante Farragut.

3 de xuño de 2011

Diccionario de persoaxes históricos

ABRAHAM, patriarca que tivo como descendentes a xente que se fixeron donos de New York, Jerusalén e inmensas seccións do resto do globo, ademais do control doutras cousas como os diamantes, teatros, e mercados.
Casados con Sarah, a infelicidade matrimonial levoulle a ter un asunto coa serventa.

O nome de Abraham era ó de autor de Drácula, coñecido como Bram.

Mais sobre Bram Stoker

2 de xuño de 2011

Un encontro analiza as posibilidades das redes sociais para o sector editorial

O Centro Social Uxío Novoneyra de Lugo acollerá mañá unha xornada que analizará como o contexto tecnolóxico e as redes sociais poden afectar ao sector do libro. E faino desde unha doble perspectiva. Dunha banda, analizando a comunicación ofrecida pola empresa (desde o gabinete de prensa, o blog corporativo…); e, da outra, estudando como xestionar a comunicación coas redes sociais, grazas a elaboración dun plan estratéxico. A consultora Ruth Ríos e o experto en social media Alberto Seoane, son os encargados de ofrecer esta sesión que organiza o Clúster do Libro.

1 de xuño de 2011

Concurso adiviña o libro


Trátase de encontrar a obra clásica que se esconde tras estas frases:

As antigas alianzas quedan postergadas ante as novas.

Non te consumas en demasía en chorar ó teu esposo.

Xa o mencionar o nome de moderación supón unha victoria, e servirse dela ampliamente é o mellor para os homes.

Tres veces preferiría ficar firme ante un escudo que parir unha soa vez.

Se a uns necios proporcionas novos saberes, semellarás ser un inútil, non un sabio.

¡Ai, ai, para os mortales o amor que mal tan grande!

¿Crees que eu adularía a este, se non fora porque obteño algun proveito, ou porque maquino algo?

¡Adelante a miña tremenda acción!

As mulleres somos por natureza as que peores trazas nos damos para o bo, pero de toda sorte de desgrazas somos as máis hábiles artífices.

Desapareceu o prestixio dos xuramentos, e o pudor xa non subsiste na **** ******. Ascendeu ó ceo.

Non e, dende logo, isto valor nin atrevemento: mirar de frente ós amigos tras telos maltratado, senón o maior de todos os vicios do home: a desvergonza.

¡Oh , ****, por que deches ós homes medios claros de saber cal é o ouro falso, e en cambio no corpo dos homes non hai señal ninguna con que recoñecer ó malvado!

Pero as mulleres chegan a tal extremo que, cando as cousas da alcoba van ben, cren telo todo.

Os mortais deberían xerar ós seus fillos de calquera outra forma, sen que existira a feminina estirpe, e así non existiría desgraza algunha para os homes.

Quen é inxusto e resulta hábil no uso da palabra, resulta reo do máximo castigo.

¡Sé insolente, xa que tes onde refuxiarte! En cambio eu, soa, partirei desta terra ó exilio.

Os regalos dunha persoa malvada non aproveitan.

Os amores, cando con moita desmesura se presentan, nin boa fama nin virtude reportan ós homes.

¡Ogallá me ame a temperanza, o don máis fermoso dos inmortais!

Que ninguén me considere insignificante, nin débil, nin indolente, senón de modais moi distintos: dura para os meus inimigos, e para os meus amigos benévola.

Pero somos o que somos, non direi nunca unha calamidade, só mulleres.

¡Desgraciado, canto te apartas do teu destino!

Os presentes convencen mesmo ós deuses.

Máis a lixeira hai que tomarse, sendo un mortal, as desgrazas.

Pero a miña paixón e superior as miñas reflexións, como que ela resulta ser a causante das maiores calamidades para os homes.

Ós que non teñen fillos, ao non vivires a experiencia de se os fillos son algo grato ou fonte de pesar para os mortais, vense libres de moitas penalidades.

Entre os mortais non hai ningún home feliz.Cando a prosperidade flúe copiosamente, algún poderá ser máis afortunado ca outro, pero feliz, non.

Vamos, ármate de valor, corazón.¿Por qué nos demoramos en realizar estos terribles, aínda que necesarios males?

Sábeo ben, o dolor libérame, con tal de que ti non rías.

Aínda non e nada o teu choro.Agarda todavía a túa vellez.

O que se esperaba non se cumpriu, en cambio, do inesperado atopou unha solución un Deus.Tal resultou este asunto.

[Edito] Todas as frases pertencen a un so libro.

Se non hai respostas ate o mércores da semana que ven,porei máis pistas.