30 de xuño de 2017

IV CORUÑA EN SEPIA

O entorno cambiou moito pero algunha construcción, ainda que moi modificada, permanece.

29 de xuño de 2017

Aforismos de Leonardo

286.- A pupila do ollo cambia tantas veces de tamaño cantas son as variedades de claridade ou escuridade dos obxectos que se lle pon diante. 

27 de xuño de 2017

Fragmento de Males de Cabeza

Un texto de Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, escritor galego.

O fareiro

O fareiro, na súa soidade, nunca estaba tranquilo. Miraba para aquel mar que odiaba con toda a súa alma e deprimíase. Tiña demasiado tempo para pensar e moi poucas cousas que facer. De todos os xeitos, o sentimento de incomunicación que o atenazara había anos xa non planaba sobre el coma unha banda de corvos negros, pois agora ía xantar e durmir á casa a diario. No faro, a maior parte do tempo ocupábao en ler novelas de ciencia-ficción, as únicas que o distraían e lle facían algo de chiste. Unha vez por mes quedaba a pasar a noite alí —iso era o que máis lle custaba-, vixiando o sistema de funcionamento da lanterna. Por veces botaba unha cabezadiña, por veces deixábase engaiolar mirando, apampanado, a distancia á que chegaba o potente chorro de luz do faro, e por veces entretíñase escoitando a radio, aínda que a esas horas o único que poñían era música e, a iso das catro, o programa Almas Perdidas. Non era que lle entusiasmase, e de feito escoitábao con certa desidia, porque non o convencían os temas empalagosos que a locutora trataba, pero tíñalle certo morbo pois estaba seguro de que detrás daquela voz melodiosa debía agacharse un apetecible corpo de azucre.
...

26 de xuño de 2017

25 de xuño de 2017

Poesías galegas, por Jorge Núñez Rodríguez - 6

6. IVÁN

Iván
Iván
Iván
A daga
Iván
A dacha fica abandonada
Iván
Sangue rubio xunto ó pozo
Iván
Barro e auga sucia
Iván
O estrondo das bombas
Iván
Fogo fatuo no pantano
Iván
Pisadas nas ruínas
Iván
Executado
Iván
Un neno nunha praia
Iván
Iván
Iván


Dedicado ó director Andréi Tarkovski e á película "A Infancia de Iván".

por Jorge Núñez Rodríguez, a 25 de xuño de 2017.

24 de xuño de 2017

Cantiga de San Xoan

Décheme unha pera parda
e unha mazán xuaniña,
déchemas pola ventana;
Deus cho pague, queridiña.

22 de xuño de 2017

Aforismos de Leonardo

285.- Escribe na túa ANATOMÍA como en tan pequeno, espazo a imaxe que se forma no ollo pode renacer e recomporse na súa dilatación. 

20 de xuño de 2017

Construcións funerarias: primeiras manifestacións da arquitectura exipcia.

Construcións funerarias: primeiras manifestacións da arquitectura exipcia

As tumbas das primeiras dinastías atópanse en Abydos. Son tumbas de madeira e ladrillo escavadas en fosos que teñen falsa bóveda de pedra. A estas construcións engádense cámaras para colocar as ofrendas e o axuar funerario, composto de numerosos e variados artigos: armas, vaixelas, ornamentos e espátulas talladas con formas animais. Ademais, inclúense alimentos (gran, cervexa, aceite) para atender ás necesidades do defunto.

O rei era o representante de todo o pobo, o intermediario entre os homes e os deuses. Se se garantía a supervivencia do rei, quedaba pois resgardada tamén a vida de todos os demais grupos e a continuidade, por tanto, do ciclo anual do Nilo co desbordamento das súas augas. Os ritos funerarios cobraron importancia a medida que os administradores e nobres desexaron ter tamén un enterramento semellante ao do rei, que lles asegurase a vida eterna. Esta é a orixe e desenvolvemento das mastabas, forma habitual da arquitectura funeraria das clases altas. Se nun principio os cemiterios estaban no interior das cidades, coa adopción do culto destinado á vida eterna, as mastabas agrupáronse formando rúas de trazado regular. Estas constituían auténticas cidades dos mortos afastadas do centro urbano. Ao mesmo tempo, cristalizaron tres principios que rexerían no futuro as prácticas funerarias e que se manterían inalterables ao longo de toda a historia de Exipto: o mantemento permanente do corpo do defunto, a necesidade de que o material da sepultura fose imperecedero e a alimentación do ka para que este puidese subsistir.


19 de xuño de 2017

Cita

Todas as cousas boas que existen son o froito da orixinalidade.

John Stuart Mill

18 de xuño de 2017

PERO DE AMBROA

PERO DE AMBROA

Pedí eu o cono a ua molher,
e pediu-m'ela cen soldos entón;
e dixe-lh'eu logo: «Mui sen razón
me demandades; mais, se vos prouguer,
fazed'ora (e faredes melhor)
ua soldada polo meu amor
a de parte, ca non hei máis mester».

Fazen soldada do ouro, que val
mui máis ca o vosso cono, de pran;
fazen soldada de mess'e de pan,
fazen soldada de carn'e de sal;
por én devedes do cono fazer
soldada, ca non ha de falescer,
se retalhardes, quen vos compr'o al.

E podede-lo vender (eu o sei)
tod'a retalho, por que saberán
que retalhades, e comprar-vos-an
todos del parte, como eu comprei.
Aínda vos d'al farei mui melhor:
se do embiigo havedes sabor,
contra o rabo vo-lo filharei.

17 de xuño de 2017

Fragmento de artigo "Antrax"

Ántrax
M. VÁZQUEZ MONTALBÁN

New York tivo o seu poema escrito en granadino surrealista e Las Vegas gozou de cantores significados da posmodernidade, sobre todo arquitectos líricos que, din, son inseguros como arquitectos e como líricos. Cando analiza a arquitectura dun hotel de Las Vegas, o teórico cultural Jameson comenta que a arquitectura posmoderna non modifica un programa de vida, limítase a envolvelo, porque esa arquitectura foi concibida como unha instalación deshistorificada, desde a implícita aceptación do final da historia.

A posmodernidad foi un breve período de vacacións do espírito, ante a evidencia do fracaso dun modelo de crecemento continuo material e intelectual. Outra cousa é que mereza ser rehistorificada segundo a oferta de Frederic Jameson: 'Unha nova arte política -se tal cousa fose posible- tería que arrostrar a posmodernidade en toda a súa verdade, é dicir, tería que conservar o seu obxecto fundamental -o espazo mundial do capital multinacional- e forzar ao mesmo tempo unha ruptura con el, mediante unha nova maneira de representalo que aínda non podemos imaxinar e que nos permitirá recuperar a capacidade de coñecer a nosa situación como suxeitos individuais e colectivos e as nosas posibilidades de acción e loita, hoxe neutralizadas pola confusión espacial e social'.
...

16 de xuño de 2017

IV CORUÑA EN SEPIA

Coma no caso da outra foto publicada esta semana, temos aquí un fragmento dunha praza que foi variando moito ao longo do tempo.

15 de xuño de 2017

Aforismos de Leonardo

284.- Oh, admirable e estupenda necesidade, ti obrigas coa túa lei para todos os efectos a participar, polo máis curto camiño, das súas causas! Velaí os verdadeiros milagres! 

14 de xuño de 2017

IV CORUÑA EN SEPIA

Un dos espazos recoñecibles da Coruña pero que cada certo tempo remodélase sen ter conseguido ainda un modelo que funcione.

13 de xuño de 2017

A arquitectura exipcia.

A arquitectura exipcia.

A cultura exipcia está profundamente ligada á natureza, de xeito que a arquitectura convive en harmonía co marco xeográfico. O val do Nilo ofrece unha paisaxe de chairas nas proximidades do río formando terrazas e, máis aló dos desniveis, está a inmensa planicie desértica.
A ausencia de madeira e pedra determinan que a construción da vivenda, incluso os palacios máis grandiosos, sexan de ladrillos de adobe sen cocer. Pola contra, as construcións sacras, templos e tumbas, realizábanse en pedra. Construídas para a eternidade, son as únicas estruturas arquitectónicas que chegaron aos nosos días.
A arquitectura sacra non está pensada como espazo habitable, senón como forma volumétrica pura, que se sitúa na inmensidade dun territorio. A articulación do espazo no interior das construcións segue unha ordenación que depende do trazado dun eixo. As diferentes dependencias disponse aliñadas, configurando unha traxectoria que se prolonga desde o exterior profano ao interior sacro máis recóndito do templo. Toda a arquitectura está pensada conforme ás necesidades dos dous rituais fundamentais na vida exipcia: o funerario e o culto aos deuses.

12 de xuño de 2017

Cita

A liberdade do individuo debe estar limitada dalgún modo; non debe converterse en molestia para os outros.

John Stuart Mill

11 de xuño de 2017

PERO DE AMBROA

PERO DE AMBROA

Os beesteiros daquesta fronteira
pero que cuidan que tiran mui ben,
quero-lhis eu conselhar ua ren:
que non tiren con María Balteira,
ca todos quantos alí tiraron
todos se dela con mal partiron
assí é sabedor e é arteira.

Tirou ela con uu beesteiro,
destes d'el-Rei, que saben ben tirar;
e, primeira vez, polo escaentar,
leixou-se i logo perder un dinheiro
e des i outr'; e, pós esqueentado,
tirou con el, e ha dele levado
quanto tragía t. eno bragueiro.

Os beesteiros dos dous carreirões
tiran con ela, e pon-se sinal;
nen os outros, que tiravan mui mal,
atiraran a dous dos pipeões;
foron tirando, e bevendo do vinho;
o beesteiro, com'era mininho,
non catou quando s'achou nos colhões!

10 de xuño de 2017

A derrota no sangue

M. VÁZQUEZ MONTALBÁN

Non me gusta levar a derrota no sangue. Non me gusta levar nada no sangue, nin sequera o colesterol. Pero teño a derrota nalgún pliegue do cerebro próximo ás verdes neuronas do sentimento, e cando vexo películas como A lingua das bolboretas ou leo novelas como O lapis do carpinteiro, conmóvome ao límite da autocompasión, en homenaxe a min mesmo, procreado en 1938 e nado na cidade ocupada polas casullas, as botas e a camisa azul e a boina colorada.

Manuel Rivas soubo crear a poética da Galicia vencida antes que o resto de España, desde 1936 ocupada pola barbarie, e os relatos que prestan argumento á formidable película de Cuerda son hixiénicos, como o é O lapis do carpinteiro, coa boa letra, de Chirbes, as dúas grandes novelas sobre a guerra escritas polos seus netos.
...

9 de xuño de 2017

IV CORUÑA EN SEPIA

Este espazo da cidade é un pouco mais dicicil de atopar?

Onde estamos?

Que edificio vemos?

8 de xuño de 2017

Aforismos de Leonardo

283.- Deberás mostrar as diferenzas que hai entre o home e o cabalo e outros animais; empezarás polos músculos que nacen sen tendóns e, termínanse sobre os ósos, logo falarás dos que están munidos de tendóns en cada extremidade ou nunha soa. 

7 de xuño de 2017

6 de xuño de 2017

Bradbury

Para que vivir??. A resposta era a vida mesma. A vida era a propagación de máis vida, e vivir a mellor vida posible
Ray Douglas Bradbury, nado en Waukegan (Illinois) o 22 de agosto de 1920 e finado o 6 de xuño de 2012.

5 de xuño de 2017

Citas

Quen coñeza só a súa propia cara dun caso sabe pouco del.

John Stuart Mill

4 de xuño de 2017

PERO DA PONTE

PERO DA PONTE

Ora ja non poss'eu creer
que Deus ao mundo mal non quer,
e querrá, mentre lhi fezer
qual escarnho lhi sol fazer,
e qual escarnho lh'ora fez:
leixou-lhi tant'home sen prez
e foi-lhi don Lopo tolher.

E oimais ben pode dizer
tod'home, que esto souber,
que o mundo non ha mester,
pois que o quer Deus confonder;
ca par Deus mal o confondeu
quando lhi don Lopo tolheu
que o soía mant.er.

E oimais, quen o manterrá
por dar i tanto rico don,
caval'e armas a baldón?
Ou des oimais, quen o dará,
pois don Lopo Díaz mort'é,
o melhor don Lopo, a la fe,
que foi, nen ja máis non será?

E pero, pois assí é ja,
façamos atal oraçón
que Deus, que pres mort'e paixón,
o salve, que én poder ha;
e Deus, que o pode salvar,
esse o lev'a bon logar
pelo gran poder que end'ha!

Amén! Amén! Aquest'amén
ja máis non si m'obridará!

3 de xuño de 2017

Fragmento de O Corazón portugués

Fragmento de O Corazón portugués, de Ramón Loureiro, nado en Fene o 3 de xuño de 1965

UN CAMIÓN

Chove outra vez, pero máis que nunca: chove como se non fose quedar nin unha soa gota de auga no ceo. Na estrada, os foxos rebosan. Na vila, rebentan os sumidoiros das rúas. No monte, as raíces das árbores pelexan para non perde-la terra. Nas cortes, as vacas bradan amedrentadas. Nos alpendres das casas, tremen os cans.
En Ferrol, o día anda mal. Preto da Praza das Angurias, nun soto anegado pola rotura das cloacas, os bom-beiros acaban de encontra-lo corpo acoitelado dunha muller á que alguén torturou, antes de asasinala, cortándolle a lingua e as mans. Está tan estropeada, e leva tantos días podrecendo, que non vai ser doado saber quén é. Gardaba no peto o retrato dunha nena moi grosa, unha foto que lle podería ter servido á policía para as súas pescuadas pero que, con tanta humidade, se borrou.
...

1 de xuño de 2017

Aforismos de Leonardo

282.- Ti farás un estudo das patas de cada animal para mostrar en que difiren; así, as do oso teñen os ligamentos dos tendóns dixitais reunidos sobre o empeine.