30 de novembro de 2022
Xadrez no acueducto
29 de novembro de 2022
28 de novembro de 2022
Vocabulario médico galego
27 de novembro de 2022
26 de novembro de 2022
XI Torneo de Nadal de Xadrez
Tras a primeira edición no Playa Club como unha iniciativa de varios clubes, e as dúas seguintes no MUNCYT repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 8 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas ao apoio para as actividades de xadrez da SCD Palaestra.
Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.
Nome do Torneo: XI TORNEO DE NADAL
Data: 10 de decembro de 2022.
Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.
Hora de inicio: 11,30.
Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.
Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.
Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.
Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.
Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.
Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Premios:
En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.
Todos os participantes recibirán unha medalla.
Cota: Gratuito.
De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando comida para causa benéfica.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.
Inscrición: a través desta ligazón... PREME
Hai un límite de participantes de 60 xogadores.
25 de novembro de 2022
Xadrez na fin de semana
24 de novembro de 2022
Aforismos de Leonardo
23 de novembro de 2022
O Día do Armisticio
22 de novembro de 2022
21 de novembro de 2022
20 de novembro de 2022
Conto infantil
Un día, un rato estaba a correr polo campo cando se tropezou cun león. O rato asustouse moito e tremía de medo. Pero en lugar de tentar fuxir, o rato achegouse ao león e preguntoulle: "Por que tes esa cara tan triste, león?".
O león contoulle que perdera o seu reino e que agora se sentía só e desesperado. O rato díxolle: "Non te preocupes, león. Eu axudareiche a atopar o teu reino". E así o fixo. O rato levou ao león a un lugar onde había moitos outros leóns, e o león recuperou o seu reino e volveu ser feliz.
A moralexa desta historia é que, ás veces, incluso os máis pequenos poden axudar aos máis grandes e que a amizade pode superar calquera obstáculo.
19 de novembro de 2022
Conto de xadrez
18 de novembro de 2022
Xadrez estes días
Circuito de Outono
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado.
Liga AGAX Sub12
Liga de Outono por equipos.
Torneo de partidas a 10' + 3'' para equipos integrados por 3 persoas.
Torneo de Outono Lóstrego Online.
17 de novembro de 2022
Aforismos de Leonardo
16 de novembro de 2022
Manipulación
Jean Francois Revel
15 de novembro de 2022
Nalda gañou de novo
14 de novembro de 2022
13 de novembro de 2022
Conto en catro frases
12 de novembro de 2022
Conto breve
11 de novembro de 2022
Xadrez estes días
E aqui tes as nosas actividades para estes días:
VENRES 11
* As 20,00 no Centro Comercial Los Rosales, torneo do Circuito de Outono de INCUDE-UDC
SÁBADO 12
* As 16,00 Liga AGAX Sub12 Online.
Ligazón para esta semana: Batalla por equipos LIGA AGAX SUB12 #SU5btaRZ • lichess.org
* As 17,00 en Vila Concepción (Cambre), Torneo amigable para todos os integrantes de Sigrás, XDM,CIDU e Casino. Aproveitarase para ir organizando algo da actividade da Liga e demais.
DOMINGO 13
Retomamos os Torneos Online para calquera idade de aqui a final de ano.
* Ás 20,00 Torneo en Lichess. DOMINGO ONLINE Arena #b716cQ4F • lichess.org
Hai que ser membro do equipo de Lichess de CC Los Rosales.
10 de novembro de 2022
Aforismos de Leonardo
9 de novembro de 2022
Martes de Xadrez
Lembra que é unha actividade de balde grazas ao apoio do dito centro Comercial e da Deputación da Coruña.
8 de novembro de 2022
COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE
y gentil frescura y tez
de la cara,
la color e la blancura,
cuando viene la vejez,
¿cuál se para?
Las mañas e ligereza
e la fuerza corporal de juventud,
todo se torna graveza
cuando llega al arrabal
de senectud.
7 de novembro de 2022
6 de novembro de 2022
5 de novembro de 2022
Inicio de UN CUBO DE AIRE
FRITZ LEIBER
Papá enviárame a buscar outro cubo de aire. Acababa de enchelo, e a maior parte da calor filtrouse dos meus dedos, cando vin a cousa.
Xa se sabe, ao principio crin que era unha rapaza. Si, a cara dunha fermosa moza relucindo na escuridade e mirándome desde o quinto piso do apartamento oposto, que pouco máis ou menos é o que queda por encima da branca manta de aire conxelado que ten catro pisos de espesor. Eu xamais vira a unha moza viva excepto nas vellas revistas -Sis é só unha criatura e mamá está moi enferma e triste- e deume tal sobresalto que deixei caer o cubo. E a quen non lle ocorrería sabendo que todos na Terra estaban mortos excepto papá, mamá, Sis v eu?
Aínda así, supoño que non debía sorprenderme. Todos vemos visións de cando en vez.
Mamá tenas malas, a xulgar polo modo en que se desorbitan os seus ollos ante nada e ponse a gritar e a gritar. e aníñase contra as mantas que penden en torno do Niño. Papá di que é natural que ás veces reaccionemos asi.
Cando recuperei o cubo e puiden volver mirar ao apartamento oposto tiven unha lixeira idea do que mamá podía sentir naqueles momentos, porque vin que non era unha moza en absoluto, senón unha luceciña que se movía de maneira furtiva de xanela en xanela coma se algunha das crueis estreliñas caera do ceo sen aire, para investigar por que a Terra se afastara do sol e quizá para cazar algo co que atormentala ou aterrorizaría agora que a Terra carecía da protecci6n solar.
4 de novembro de 2022
Idea
"Nouvelle Observateur", 3 de xaneiro de 1968
3 de novembro de 2022
Aforismos de Leonardo
2 de novembro de 2022
Inicio de A GRAVIDADE DESAPARECEU
Alexander Beliaev
I - Unha misteriosa quinta de verán
Durante os meus paseos polas aforas de Simeiz, en Crimea, a solitaria quinta de verán que se erguía na saia dunha montaña chamou a miña atención. Ningún camiño conducía até ela e estaba moi ben valada por todos os lados, co seu único enreixado sempre pechado. Por encima do valo non asomaba ningún arbusto nin a copa dunha soa árbore, e ao redor dela todo eran rocas amareladas, con algún ocasional enebro de aspecto enfermizo ou un retorto piñeiro aquí e alá.
A quen podía habérselle ocorrido vivir naquel deserto? Supondo que vivise alguén alí... Adoitaba preguntarmo mentres merodeaba ao redor da misteriosa quinta de verán.
Nunca vin saír a ninguén do lugar. A miña curiosidade foi en aumento, e debo confesar que tratei de botar unha mirada ao interior do valo rubindo ás rocas máis altas do contorno. Pero a quinta estaba situada de modo que, calquera que fose o meu observatorio, só podía divisar un recuncho do patio.
Con todo, ao cabo duns cantos días de observación, conseguín ver a unha anciá vestida de negro que cruzaba o patio.
Aquilo foi un novo estímulo para a miña curiosidade.
As persoas que vivían alí debían ter algunha conexión co mundo exterior.
Onde efectuaban as súas compras?
Realicei indagacións entre a xente que coñecía, e finalmente captei o rumor de que a quinta estaba habitada polo profesor Wagner.
O profesor Wagner!
1 de novembro de 2022
Inicio de Os Análogos
Un pensamento brillou na nube gris que era Alfie, formado a medias, pero inequívoco. E abriuse unha canle. Instantaneamente, o ollo introduciu por el un filamento de si mesmo.
Agora quedara libre. Xa podía actuar.