27 de setembro de 2024

A cultura e os gastos

Canto máis inculta é unha persoa, máis cartos necesita para gastar as fins de semana, xa que como non fabrica nada, non produce nada, ten que mercar todo, mentres que unha persoa cun certo nivel de cultura, con conversación, non fai nada. un libro ou unha música poden pasar o tempo dun xeito enriquecedor, a riqueza que nos dan os libros é unha auténtica riqueza máis duradeira e limpa que as que temos.

—Fernando Savater.

26 de setembro de 2024

Aforismos de Leonardo

610.- Así acontece aos que, afastándose da vida solitaria e contemplativa, veñen vivir nas cidades e entre xentes cheas de infinitos vicios. 

25 de setembro de 2024

25 de setembro

1875: Nace Fernando Álvarez de Sotomayor, artista, político e director do Museo do Prado.

24 de setembro de 2024

23 de setembro de 2024

23 de setembro

1702: Fronte Redondela hai grande batalla na que españois e franceses loitan contra ingleses e holandeses.

21 de setembro de 2024

21 de setembro

1866: Nace H. G. Wells, escritor británico.
1947: Nace Stephen King, escritor estadounidense.

20 de setembro de 2024

20 de setembro

1286: Sancho IV manda desfacer O Burgo, xa que a súa existencia provoca problemas na Coruña.

19 de setembro de 2024

Aforismos de Leonardo

609.- A pedra.- Unha pedra de bo tamaño, cuberta pola auga até facía pouco, mostrábase sobre un lugar elevado, no límite dun bosqueciño deleitoso e xunto a un áspero camiño. Rodeábanla herbas e diversas flores de belas cores, pero ao ver as moitas pedras que debaixo dela estaban espalladas no camiño, entroulle o desexo de deixarse caer sobre elas, dicíndose a si mesma: 

-Que fago eu aquí con estas herbas? É en compañía destas irmás miñas onde desexo instalarme. 

E, deixándose caer en efecto, foi terminar no medio delas a súa caprichosa traxectoria. Pasado algún tempo, as rodas dos carros, os pés dos viandantes, as patas ferradas dos cabalos, empezaron a darlle continuo traballo, e revolcada no lodo e pisada, cuberta de esterco, dirixía vanamente a súa mirada cara ao lugar de solitaria e tranquila paz que abandonara. 

18 de setembro de 2024

17 de setembro de 2024

Martes de Xadrez

Martes de Xadrez
Curso 2024-2025

Neste espazo recollemos a actividade dos "Martes de Xadrez", actividade gratuíta grazas á axuda da Deputación da Coruña e do Centro Comercial Los Rosales.

En calquera caso agradecemos aos asistentes que se fagan socios de Palaestra (só 10 euros por curso). Os socios que gañen o torneo semanal levarán un pequeno agasallo e o mellor da serie levará un trofeo.

A actividade xeralmente terá dúas fases: 

Podes participar nas dúas accións ou só nunha delas.

Pequena explicación de finais. De 19,00 a 19,30. 
Para calquera idade. O temario de finais de Palaestra é o mesmo que en cursos anteriores. Así que para os que asistiran no pasado sería un reforzo das mesmas. Son finais básicos que valen para distintos niveis de xogo.

Torneo de partidas lóstrego. De 19,30 a 20,30. 
Cinco partidas a cinco minutos con reloxo analóxico.

Días de actividade ata finais de ano.

Setembro: 17 e 24
Outubro: 1, 8, 15, 22 e 29
Novembro: 5, 12, 19 e 26
Decembro: 3, 10 e 17

No 2025 seguiremos coa idea do curso pasado de que a xente adestre para a Liga con partidas lentas, polo que faremos dous torneos de ritmo standard.

Xaneiro: 7 e 14. Os dous primeiros días procederase igoal que nos días anteriores.

Torneo de Lentas
6 roldas. Unha partida diaria.
Días de xogo:
Xaneiro: 21 e 28
Febreiro: 4, 11, 18 e 25
Trofeo para o mellor xogador socio de Palaestra.

Marzo: 11. Este martes será de clase e torneo de blitz

Torneo de Lentas
6 roldas. Unha partida diaria.
Días de xogo:
Marzo: 18 e 25
Abril: 1, 8, 22 e 29
Trofeo para o mellor xogador socio de Palaestra.

No mes de maio retomaremos de novo ao sistema de clase e torneo posterior.
Días de xogo:6, 13, 20 e 27

Ademais destes martes de xadrez durante o curso teremos distintos torneos e outras actividades tamén sen custo, especialmente no nadal.

Para estar ao tanto destas actividades síguenos en Facebook, Instagram ou X (@scdpalaestra)

E lembramos que tamén temos algunhas actividades de pago que poden interesaros. 

16 de setembro de 2024

14 de setembro de 2024

13 de setembro de 2024

13 de setembro

No agosto a fariña e no setembro, a fouciña.

1923: Golpe de estado en España, dado polo xeneral Miguel Primo de Rivera.

12 de setembro de 2024

Aforismos de Leonardo

608.- O papel e a tinta.- Véndose o papel todo manchado da negrura da tinta, repróchallo; pero ela demóstralle que as palabras escritas sobre el serán motivo da súa perduración.

11 de setembro de 2024

11 de setembro

1869: Morre en Montevideo Antonio Díaz Hernández, que nacera na Coruña pero que loitara pola independencia das colonias, chegando a ser ministro e xeneral no Uruguay.


10 de setembro de 2024

Hoxe xornada previa ao inicio do curso

Hoxe realizaremos un torneo baixo o nome de "Almirante Lángara", que naceu tal día coma hoxe pero de 1735.

Pásate polo Centro Comercial Los Rosales ás 19.00.

9 de setembro de 2024

9 de setembro

1888: A armada de Chile finxe unha compra e posesiona as Illas de Pascua. Os nativos foran diezmados polos esclavistas peruanos entre 1859 e 1863.


7 de setembro de 2024

7 de setembro

1870: Na madrugada afunde en Fisterra o navio inglés HMS Captain. Os seus supervivintes chegarán a Corcubión.

5 de setembro de 2024

Aforismos de Leonardo

607.- A axitación.- O torrente arrastrou tanta terra e tantas pedras no seu leito que tivo que cambiar o seu curso. 

4 de setembro de 2024

4 de setembro

1495: Lopo Gómez de Marzoa funda o Estudio de Gramática no Convento de San Paio de Antealtares, xérmolo da Universidade de Santiago de Compostela.

3 de setembro de 2024

3 de setembro

1870: Nace Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, historiador e xeógrafo galego.

2 de setembro de 2024