29 de febreiro de 2024
Aforismos de Leonardo
28 de febreiro de 2024
Historia da Coruña
Emilio González López
27 de febreiro de 2024
Martes de Xadrez
Lembra temos clase para socios ás 18,00 e actividade de balde a partires das 19,00 horas.
Estes días seguimos celebrando unha partida lenta, con anotación da mesma, para adestrar para a competición da Liga Galega de Xadrez.
Anímate a participar.
26 de febreiro de 2024
25 de febreiro de 2024
24 de febreiro de 2024
Pudríndome cos árabes
23 de febreiro de 2024
Sábado de xadrez
Tras o éxito do anterior, a semana pasada con 10 equipos xuntándose na sala do Centro Comercial Los Rosales.
De novo abriremos as portas ás 16,00 e ata que remate as últimas partidas.
En principio esta semana contamos con que os encontros a disputar sexan os seguintes:
ROLDA-2 24-02-2024
CIDU RIAZOR - CLUB XADREZ IRINDO
XDM - GRUPO OCA - E.L.X. ABSOLUTO
Aínda que poida sumarse algún equipo mais, segundo desexen vir a xogar ao noso espazo.
22 de febreiro de 2024
Aforismos de Leonardo
21 de febreiro de 2024
O pergamino
Pérgamo creou entón un material refinando coiro de ovella.
Este material aínda leva o nome desa cidade.
20 de febreiro de 2024
Novo torneo de lentas
TORNEO DE XADREZ DE LENTAS FEBREIRO - MARZO
Febreiro: 20, 28 / Marzo: 5, 12 e 19
Ademais queremos animarvos a ser socios de Palaestra (son só 10 euros por curso) de xeito que imos darlle un pequeno agasallo a todos os socios por cada punto que logren (ademais dos que xa damos ao facerse socio). O mellor socio nos torneos que celebremos no Centro Comercial Los Rosales ata o 31 de agosto recibirá tamén un trofeo.
19 de febreiro de 2024
Peinador
Onde foi parar?
Tes aqui unha foto actual do Aeroporto e si... está mais agochado lonxe dos avións.
18 de febreiro de 2024
17 de febreiro de 2024
Resultados Entroido de Xadrez
2 OLIVER SANCHEZ, S14 4 8.5 4 11.0 14.0
3 FRANCO FRANCO, S14 3.5 6.5 3 9.5 12.0
4 MARCO MARCOTE, S12 3 9.5 3 12.0 15.0
5 XOAN SANDE, S12 3 7.5 2 8.0 13.5
6 GABRIEL DEL RIO, S14 3 7.0 3 10.0 12.0
7 ANTON CASTRO, S12 3 7.0 2 7.5 11.0
8 MARTIN COUTO, S12 3 6.5 3 9.0 11.0
9 VICTOR MENDEZ, S14 2.5 6.5 2 7.0 10.5
10 XOAN REY, S12 2.5 5.5 2 6.5 9.5
11 NICOLAS BUDIÑO, S12 2 8.5 2 9.0 15.5
12 DIEGO GONZALEZ, S12 2 6.5 2 5.0 12.0
13 IAN QUEIJEIRO, S12 1 8.0 1 5.0 13.5
14 DIEGO REBOIRAS, S14 1 7.0 1 1.0 11.5
15 OSCAR XABIER LAGARES, S12 1 6.5 1 2.0 10.5
16 SERGIO RAMOS, S14 1 5.5 1 3.0 10.5
16 de febreiro de 2024
Sábados de xadrez
E xa empezamos este sábado, no que comeza a Liga Galega de Xadrez e varios encontros terán lugar no espazo de xadrez do centro.
En principio serán catro os encontros de Liga a celebrar alí, por tanto 32 xogadores que se darán cita na Sala de Xogo.
Así que dende as 16,00 teremos a sala aberta por se queres vir botar unhas partidas, ver como xogan as partidas de Liga.
Por outra banda a partires do martes comezará un novo Torneo de lentas, coas mesmas bases e horarios do recentemente rematado e que novamente suporá a posibilidade de adestrar durante cinco semanas nas partidas longas, mais axeitadas para os que estes meses están a disputar a Liga Galega.
15 de febreiro de 2024
Aforismos de Leonardo
14 de febreiro de 2024
Anticuarios de Sarria
...
Saían camións todas as semanas cargados de armarios e chineiros
Vendeuse unha porta por seis millóns e chegáronse a pedir 25 por unha mesa.
...
A Sarria foron chegando infinidade de pezas valiosas que tiveran acabado en cacharelas e camas de ferro destinadas a pechar leiras. Agora parece que na localidade vendéronse antigüidades toda a vida, pero a tradición só ten 50 anos.
Desde a década do setenta e até finais do noventa chegaron a instalarse entre os portais 12 e 50 da Porvir unha ducia de tendas do ramo que agora, despois de varias xubilacións sen substitución, son só cinco, aínda que se sumaron dous de venda a través de internet. Dicíase que Sarria, en proporción aos seus habitantes, era a cidade con máis anticuarios de España.
...
13 de febreiro de 2024
Tarde de xogos
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Como o martes foi festivo, invitamos aos interesados a acudir a unha actividade de xadrez e xogos:
12 de febreiro de 2024
Peinador
Como sempre algúns matices están mais a vista; como a imaxe do avión da desaparecida Aviaco.
11 de febreiro de 2024
10 de febreiro de 2024
Conan Doyle
Ao chegar tomou un taxi e o taxista díxolle que non lle cobraría se lle dedicaba un libro. Conan Doyle, sorprendido, preguntoulle ao taxista como sabía que era escritor, e o taxista respondeulle:
- Fácil, os seus zapatos están cubertos dun po que non é de aquí. Polo deseño dos zapatos, vexo que son ingleses. Logo, é po inglés. Ten unha mancha de tinta nos dedos, logo, é vostede escritor e escritor británico. Alucinado, Conan Doyle respondeulle:
- É vostede máis listo que Sherlock Holmes.
A isto o taxista contestoulle:
- Si señor, ademais nas súas maletas está escrito claramente Arthur Conan Doyle.
9 de febreiro de 2024
Entroido Lúdico
Ritmo: 15' + 3''
Categoría única.
Suízo a 5 roldas. Máximo 32 participantes.
Cota: 4 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Aínda que a actividade será na sala de xadrez, no Centro Comercial a partir das 17:30 horas haberá xogos de entroido con música, bailes e coreografías para prepararse para o desfile do luns 12, así que probablemente teremos algo de ruido.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Ritmo: 10' + 3''
Categorías: Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Suízo a 5 roldas.
Cota: 4 euros
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
O luns 18 será o día grande do entroido no Centro Comercial Los Rosales. A partir das 17:30 horas haberá talleres variados de caretas, antefaces, globoflexia, chapas e debuxo, xogos e Fotomatón especial de Entroido para aqueles nenos que acudan disfrazados.
Centro Comercial Los Rosales. Sala de Xadrez da primeira planta.
Como o martes é festivo, invitamos aos interesados a acudir o mércores a unha actividade de xadres e xogos:
8 de febreiro de 2024
Aforismos de Leonardo
7 de febreiro de 2024
Historia da Coruña
6 de febreiro de 2024
Hoxe, última rolda do torneo
Chega no primeiro posto Roberto Serrano, do CIDU.
Lembramos que poden participar todos os interesados, sendo unha actividade de balde que conta co apoio da Deputación da Coruña.
5 de febreiro de 2024
4 de febreiro de 2024
3 de febreiro de 2024
A biblioteca
"É unha tontería pensar que hai que ler todos os libros que compras, do mesmo xeito que é unha tontería criticar a quen compra máis libros dos que nunca poderá ler. Sería como dicir que deberías usar todos os cubertos ou vasos. ou un desaparafusador ou broca que mercara algunha vez.antes de mercar outros novos.
Hai cousas na vida que necesitamos para ter sempre suficientes materiais, aínda que só usemos unha pequena parte.
Se, por exemplo, consideramos os libros como medicina, entendemos que é bo ter moitos na casa e non poucos: cando queres sentirte mellor, vai ao 'botiquín' e escolles un libro. Non. un aleatorio, pero o libro axeitado para Por iso sempre debes ter unha opción de nutrición!
Os que só mercan un libro, le só ese e despois desfacense del. Simplemente aplican a mentalidade consumista aos libros, é dicir, considéranos un produto de consumo, un ben. Os que aman os libros saben que un libro é calquera cousa menos unha mercadoría".
2 de febreiro de 2024
Calendario Liga Galega de Xadrez
Xadrez Das Mariñas - Tall. Hércules - SPORTING CLUB CASINO
Rapazada EXC - SPORTING CLUB CASINO
SPORTING CLUB CASINO - Temible equipo B - EXC
SPORTING CLUB CASINO - SMYSLOV PROMOCION
SPORTING CLUB CASINO - CXB PORTO DE PAULA
MIRKO B - SPORTING CLUB CASINO
SPORTING CLUB CASINO - Mulleres do Xadrez - EXC
1 de febreiro de 2024
Aforismos de Leonardo
581.- (I). Un efecto de nubes sobre o Lago Maior. Vin xa tales condensacións de nubes na atmosfera; e sobre Milán, preto do Lago Maior, vin unha nube en forma de grandísima montaña, chea de peñascos incendiados, porque o sol, que xa tocaba o horizonte, tinguíaa da súa cor avermellada. E esta nube atraía a si todas as pequenas nubes que a rodeaban; e a nube grande non se movía do seu lugar; así a todo, conservou no seu cume a luz do sol até unha hora e media despois de anoitecer, tan inmensa era! E cara ás dúas horas da noite levantáronse grandes ventos dunha forza estupenda e inaudita.