30 de abril de 2024

Martes de Xadrez

Hoxe temos un novo Martes de Xadrez. Será o último día do torneo do mes e o campión da proba levará o trofeo da Xornada de Beltaine.

O pasado sábado rematamos a actividade dos Sábados de Xadrez coa presenza de seis equipos da Liga Galega de Xadrez da Coruña, Cambre, Carballo e Narón.

En maio retomaremos os torneos de partidas rápidas que nos últimos meses aparcamos para que a xente xogase a un tempo mais tranquilo similar ao da Liga Galega de xadrez.

29 de abril de 2024

Beltaine

A noite anterior ao 1 de maio era Beltaine, en irlandés bo lume; a festa do Lume de Bel. 

Marca o inicio da metade iluminada do ano. Festividade dedicada ao deus Belenos, divindade da luz e o lume. Nesta festividade era coroada a raíña de maio. Acendíase unha gran fogata e brincabase sobre ela para lograr fertilidade, saúde e boa sorte durante o ano. Beltaine era o reinicio da actividade interrompida dende Samhain polo inverno. Para os pobos celtas as celebracións máis importantes eran as que se "cruzaban" entre os solsticios e os equinoccios. Tratábase de Samhain (novembro), Imbolc (febreiro), Beltaine (maio) e Lugnasad (agosto). Dentro destas, as dúas nas que "nacen" as dúas principais estacións eran as festas maiores: Samhain como comezo do inverno e Beltaine como comezo do verán. 

Pola mañá cedo levantábanse canto antes para lavarse co orballo, até fregábanse espidos coa herba para impregnarse deste. En Galicia -en San Xoán- a xente ía á fonte para ser a primeira en beber ese día e tomar “a flor da auga”. Ademais collíase o chamado “lume novo” para as casas. O rocío que se recollía nas mañás de Beltaine tamén se almacenaba, co fin de utilizalo en posteriores rituais. En Galicia asociada aos Maios, celebrabase unha recollida nocturna nos campos de cultivo con fachos chamados Fachucos, as cinzas dos cales eran esparcidas pola terra. Dise que foi nesta festividade cando os descendentes de Breogán embarcaron cara a Irlanda.  

En Alemaña reuníanse as bruxas. Na Galia era a festa dos druídas no Bosque dos Carnutos no centro do país, o mesmo que no embigo de Irlanda. Do mesmo xeito que na novela post-celtica "O Señor dos Aneis", o folklore ruso documenta unha "marcha das árbores" para esta noite máxica, pola que "todas as árbores, as flores, os arbustos e os seres verdes teñen a posibilidade de camiñar a condición de estar de regreso á mañá seguinte e no seu mesmo sitio".

En Europa Central e Norte celebran a Noite de Walpurgis, coñecida como a noite de bruxas, tamén prenden fogueiras para renovar co fume aos pobos e aos seus habitantes. Nesta época de transición equinoccial era costume que se xuntasen as bruxas e homes lobos, segundo lendas. Durante a Noite de Walpurgis de 1776 Adam Weishaupt creou nos bosques bávaros aos Illuminati. Nas novelas de Harry Potter (de J. K. Rowling) un grupo de feiticeiros escuros e antigos mortífagos, orixinalmente chamábanse os cabaleiros de Walpurgis (the knights of Walpurgis), (un obvio xogo de palabras con Walpurgis night), pero logo pasaron a chamarse “Mortífagos" (seguidores de Lord Voldemort).

27 de abril de 2024

26 de abril de 2024

Sábado de xadrez e resultados Xogade

Este sábado teremos o último dos Sábados de Liga de xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

A Liga Galega de Xadrez toca ao seu fin, con moitos dos xogadores que veñen pola escola de xadrez dos Rosales xogándose os primeiros postos.

Estaremos na sala dende as 16,00 horas.

Por outra banda o sábado pasado tivo lugar en Carballo a fase intercomarcal do Xogade, na que estiveron presentes moitos dos xogadores que participan nas actividades dos "Martes de Xadrez". Especialmente presentes nos equipos CIDU e XDM en categoría infantil pero tamén noutras categorías como no Smyslov e TDFC.

Noraboa a todos por estar presentes nesa fase e especialmente ao CIDU INFANTIL, que se clasificou para a fase provincial en Santiago, como campión.


25 de abril de 2024

Aforismos de Leonardo

592.- A envexa.- A envexa ofende con ficcións de infamia, é dicir con palabras calumniosas que atemorizan a virtude. 

24 de abril de 2024

24 de abril

1727: Chega á Coruña unha flota procedente de América cunha enorme fortuna en ouro, prata e mercadurías.


23 de abril de 2024

23 de abril

1834: Betanzos perde a capitalidade da provincia ao ser asimilada á da Coruña.

1846: Batalla de Cacheiras que remata co levantamento liberal e o fusilamento dos Mártires de Carral.

1898: Nace Valentín Paz-Andrade, político e escritor galego.

1899: Colócase a primeira pedra do monumento aos mártires de Carral. Nace Vladimir Nabokov, escritor estadounidense, en San Petersburgo.

1932: Nace Xosé Chao Rego, teólogo e escritor galego.

1975: Morre Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador

1990: Fúndase a Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia

22 de abril de 2024

22 de abril

1524: Finaliza o pleito entre a Igrexa Colexiata da Coruña e Fernán de Andrade e o seu fillo.


1909: A Garda Civil dispara sobre os veciños que intentaban impedir o derrubo do baldaquino do mosteiro de Oseira co resultado de 9 mortos e 12 feridos.

20 de abril de 2024

19 de abril de 2024

18 de abril de 2024

Aforismos de Leonardo

591.- O desesperado.- Representaraslle feríndose cun coitelo, e mostrando haberse desgarrado as roupas coas mans. Os seus pés estarán separados, as súas pernas un pouco dobradas, toda a súa persoa inclinada a terra e arrincándose e dispersando os seus cabelos. 

16 de abril de 2024

16 de abril

1581: Filipe II de España é proclamado rei de Portugal baixo o nome de Filipe I, no mosteiro de Tomar.


15 de abril de 2024

15 de abril

468: Morre san Toribio, galego e bispo de Astorga.

1846: Constitución en Compostela da Xunta Superior do Goberno de Galicia.



13 de abril de 2024

13 de abril

1815: Sinforiano López (que daba nome a rúa da segunda sede oficial de Palaestra) é executado. Fora un dos que iniciaron a revolta contra a invasión francesa na Coruña e caeu en desgraza ante o parvo rei Fernando VII.

12 de abril de 2024

Sábado de xadrez

Este sábado xuntaremos a varios equipos na Liga Galega de Xadrez na sala do Centro Comercial Los Rosales.

A competición será a partir das 17,00 horas, pero estaremos por alí dende as 16,00.

11 de abril de 2024

Aforismos de Leonardo

Figuras alegóricas 

590.- O colérico.- Á figura airada, farala collendo a un home polos cabelos, obrigándoo a volver a cabeza cara ao chan e apoiándolle un xeonllo ao costado. Elevará un puño no alto, terá os cabelos botados para arriba, as cellas baixas e engurradas, os dentes apertados e as proximidades de cada extremo da boca arqueados. O pescozo será groso e cheo de engurras por diante, debidas á postura inclinada sobre o inimigo. 


10 de abril de 2024

Foto de Coruña en 1907

Hoxe unha foto tomada na Coruña en 1907.

As cocheiras de entón parece que tiñan mellor arquitectura que hoxe.

9 de abril de 2024

Martes de Xadrez

Hoxe un novo Martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Será xa a segunda rolda do torneo de lentas do mes de abril.

Os interesados poden acudir en días soltos os martes ás 19,00.

8 de abril de 2024

Irlandeses e España

A principios do século XX, John MacErlean, indicaba sobre as relacións de España e Irlanda:

Único caso entre os non españois residentes en territorios da coroa española, durante o período 1500 a 1900, as elites nobres, militares, intelectuais e mercantís irlandesas gozaron do mesmo estatus e privilexios dos seus pares españois.

Dentro dos dominios da Monarquía Española, os comerciantes irlandeses non o estaban sometidos ás tarifas e impostos que se impoñan aos comerciantes estranxeiros; Os irlandeses tiñan os mesmos dereitos legais que os españois para comprar, posuír e vender propiedades. Os estudantes irlandeses foron admitidos nas universidades e academias nobres e se lles permitiu solicitar bolsas e bolsas. Os soldados e oficiais irlandeses foron admitidos nas forzas armadas. 


6 de abril de 2024

INICIO DE SANGUE DE TINTA

SANGUE DE TINTA
Cornelia Funke

Liña a liña 
O meu propio deserto 
Liña a liña 
O meu paraíso.
                            «Un poema»
 Marie Luise Kaschnitz,

Anoitecía e Orfeo aínda non chegara.
O corazón de Farid latexou máis rápido, como sempre que o día deixábao a soas coa escuridade. Conndeado Testa de Queixo! Onde se meteu? Nas árbores enmudecían xa os paxaros, afogados pola noite que se aveciñaba, e as próximas montañas tinguíanse de negro, queimadas polo sol poñente. Pronto o mundo estaría tan negro como á de corvo, incluso a herba baixo os pés espidos de Farid, e os espíritos rumorearían de novo. Farid só coñecía un lugar no que sentía seguro ante eles: detrás e moi pegado a Dedo Porento, tan pegado que sentía a súa calor. Dedo Porento non temía á noite: é máis a amaba...

5 de abril de 2024

COPLAS A LA MUERTE DE SU PADRE

COPLAS A LA MUERTE 
DE SU PADRE 
Jorge Manrique 
(1440-1478) 

33.- Después de puesta la vida 
tantas veces por su ley 
al tablero; 
después de tan bien servida 
la corona de su rey 
verdadero; 
después de tanta hazaña 
a que no pudo bastar 
cuenta cierta, 
en la su villa de Ocaña 
vino la muerte a llamar 
a su puerta, 

4 de abril de 2024

Aforismos de Leonardo

589.- E a medida que descendas cara á base dos montes, as plantas serán máis vigorosas e mellor provistas de ramos e follas, e o seu verdor diferirá dunha a outra das especies que forman a selva; sendo ademais diversa dunha a outra especie, a ramificación, tanto na ordenación dos ramos como no seu frondosidade. As follas estarán a diferentes alturas e afectarán contornos diferentes; certas árbores terán ramos rectos, como o ciprés; outros ramos esparexidos e dilatados, como o castiñeiro, a aciñeira e os seus semellantes. Algúns teñen pequenísimas as súas follas; ou escasas, como o enebro e o plátano. En fin, hai plantas que nacen separadas unhas doutras; pero hainas tamén que crecen unidas, sen espazos intermedios. 

3 de abril de 2024

Historia da Coruña

...Estas comunicacións marítimas entre Galicia e as Illas Británicas comezaron nos máis remotos tempos da Prehistoria que se coñecen co nome do Paleolítico. continuaron con maior actividade no Neolítico e proseguiron aínda con maior intensidade na Idade dos metais; e a antiga cidade Brigantia dos ártabros ou arrotebras, no corazón do Gran Golfo dos Ártabros, na costa de Galicia ao Norte do Cabo Fisterra, o máis temido cabo polas tormentas, xogou un papel extraordinario nesas comunicacións, coma se fose a dovela das comunicacións marítimas de Galicia co Norte de Europa, sobre todo coas Illas Británicas...

2 de abril de 2024

Martes de xadrez e abril

Hoxe é martes, polo que empezamos un novo mes cos "martes de xadrez" no Centro Comercial Los Rosales.

Como sabedes é unha actividade de balde que conta co apoio da Deputación da Couruña.

Tamén realizaremos algún sábado de xadrez pero isto irá en función das necesidades dos equipos cos que colaboramos na Liga Galega de Xadrez. O sábado 6 en principio non teremos actividade pero si o 13 no que voltaremos a xuntar alí a varios equipos.

No mes de abril seguiremos coa realización de torneo de lentas, que será de novo a cinco roldas:

Datas das roldas: 2 de abril, 9 de abril, 16 de abril, 23 de abril e 30 de abril.

O 30 de abril é a noite de Beltaine. O campión deste torneo levará un trofeo con esta data, unha das catro festividades do calendario celta tradicional.

No mes de maio, rematada a Liga galega para os equipos de terceira retomaremos os torneos de rápidas.


1 de abril de 2024

1 de abril

Hoxe en celébrase o Día das Artes de Galicia, conmemorando o aniversario de finalización do Pórtico da Gloria polo Mestre Mateo.

Este ano está adicado a un dos mellore escultures do século pasado, autor do conxulto escultórico en honra a Curros Enríquez. Sabes de quen falamos?

Por outra banda tradicionalmente en Galicia, como segue a acontecer en varios países de Europa e menormente fora dela, este era un día de bromas.

En Galicia as bromas non tiñan tradición de facerse o 28 de decembro e eran mais ben polo Entroido (facer entroidadas ou antroidadas) e tamén o 1 de decembro, motivo polo que quedou o dito de: O un de abril van os burros onde non deben ir.

Mais info en: https://www.palaestra.info/2020/04/1-de-abril.html