25 de outubro de 2024

Carreira solidaria

Dende BALRIAL convidannos a participar e colaborar na X edición da Carreira Solidaria "5 KM Solidarios", organizada polo Banco de Alimentos Rías Altas e o equipo de voluntariado Hijos de Rivera. O acto terá lugar o 10 de novembro no Polígono da Grela.

Este ano, ademais de ser unha carreira e andaina solidaria, convértese nunha auténtica festa solidaria, onde todo o recadado irá destinado integramente ao Banco de Alimentos Rías Altas, axudando así a numerosas familias dos nosos queridos barrios.

Así que animádevos a participar!

https://www.5kmsolidarios.es/

24 de outubro de 2024

Aforismos de Leonardo

613.- O castiñeiro e a figueira.- 

Vendo o castiñeiro a un home que, rubido sobre unha figueira, dobraba as súas ramas cara a si e delas arrincaba os maduros froitos que ía metendo na aberta boca para rompelos e dilacerarlos cos duros dentes, empezou a sacudir as súas longas ramas e a dicir: 

-Oh, figueira, canto menos que eu debes ti á natureza! Observa como dispuxo ela, para mellor gardar aos meus doces fillos, vestilos primeiro dunha delgada camisa e envolvelos logo nunha pel espesa e resistente; e aínda, non satisfeita de tanto favorecerme, construíulles unha sólida habitación, defendida por espiñas abundantes e agudas, a fin de que as mans do home non poidan danala. 

A figueira entón botouse a rir xunto cos seus fillos, e cando concluíu de rirse, contestou así: 

-Ti ignoras que o home emprega pértegas, pedras e sarmientos, para facer baixar as túas ramas e privalas dos froitos, os cales, caídos ao chan e golpeados cos pés ou con pedras, saen estragados e maltreitos fóra da fortificada casa. A min, namentres, os homes trátanme con mans coidadosas e non -como a  ti-, con paus e pedras. 

23 de outubro de 2024

23 de outubro

1923: Fundación do Seminario de Estudos Galegos, en Santiago de Compostela.

22 de outubro de 2024

22 de outubro

1563: Filipe II ordea a Real Audiencia de Galicia pase a ter sé na Coruña.

19 de outubro de 2024

19 de outubro

1593: Morre en combate Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneira, político, diplomático e militar español, bisneto doutro afamado guerreiro de igoal nome.

17 de outubro de 2024

Aforismos de Leonardo

612.- Caeu, pois, do ceo e foi bebida pola seca terra, na cal por moito tempo encarcerada fixo penitencia do seu pecado. 

16 de outubro de 2024

15 de outubro de 2024

15 de outubro

1126: Alfonso VII doa a Pedro "o pelegrín" a igrexa de Santa María en Portomarín, como agradecemento das obras feitas na vila.

14 de outubro de 2024

Almirante Cadarso

Hai un mes facíamos unha xornada polo Almirante Lángara. Non moi lonxe entre as rúas da Coruña está a do Almirante Cadarso. Luis Cadarso, mariño (Noia, 1844 - Cavite, 1898). Ao mando do cruceiro Raíña Cristina, participou na batalla naval de Cavite, na que morreu, destruído por unha granada do acoirazado estadounidense Olympia.

12 de outubro de 2024

11 de outubro de 2024

11 de outubro

1582: Debido á implantación do Calendario gregoriano, este día non existe no ano 1582 en Italia, Polonia, Portugal e España

10 de outubro de 2024

Aforismos de Leonardo

611.- A auga.- Atopándose a auga no soberbio mar, que é o seu elemento, veulle o desexo de subir sobre o aire, e axudada polo lume elemental, elevándose en sutil vapor, parecía case tan lixeira como o aire mesmo. Subindo no alto, chegou onde a atmosfera é menos densa e máis fría, e alí foi abandonada do lume; e as pequenas partículas condensándose e uníndose, fixéronse pesadas. O seu descenso, converteu a soberbia en fuga. 

9 de outubro de 2024

8 de outubro de 2024

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro de 1920

Frank Herbert naceu o 8 de Outubro de 1920 en Tacoma, Washington, e estudou na Universidade de Washington, en Seattle. Traballou nunha ampla variedade de empregos -incluíndo operador de cámaras en TV, comentador radial, buscador de perlas, instrutor de supervivencia, profesor de escritura creativa, reporteiro e editor de varios xornais- antes de converterse en escritor a tempo completo. En 1952, comezou a publicar ciencia ficción con "Looking for something" na revista "Startling Stories", pero o seu verdadeiro xurdimento como escritor de maior envergadura non sucedeu ata 1965, coa publicación de Dune. Completando daquela unha saga que o "Chicago Tribune" chamaría "un dos monumentos da moderna ciencia ficción". Foi tambien autor de preto doutro vinte libros, incluíndo "The Jesus Incident" ; "The Dosadi Experiment"; e "Destination : Void". Frank Herbert faleceu o 11 de Febreiro de 1986 en Madison, Wisconsin.

FILLOS DE DUNE

Velaquí a crónica dun novo paso na evolución dun planeta e da raza humana. O planeta é Arrakis, coñecido tamén como Dune, lugar de proba dos indómitos Fremen, o pobo libre do deserto, e tamén berce da melange, a especia xeriátrica cuxo comercio domina todo o imperio. A raza humana áchase representada tan só por un neno de nove anos, que con todo non é únicámente un neno de nove anos, xa que a experiencia de miles de vidas aniña no seu interior. É Leto Atreides, o fillo de Paul Atreides, Muad'Dib, o Mahdi de todos os Fremen, o mesías dunha relixión que arrasou o universo, o home que se penetrou no deserto para salvar á humanidade. Leto Atreides e a súa irmá xemelga Ghanima saben que tras a morte do seu pai son a última esperanza de transformación e supervivencia do planeta. Pero, está realmente morto Paul Atreides? E se está realmente morto, quen é ese predicador cego que, procedente do deserto, fala coa boca de Muad'Dib para acusar con terribles palabras á sufocante burocracia que converteu a súa relixión nunha nova forma de escravitude?

7 de outubro de 2024

Martes de xadrez

Mañá martes temos, un novo martes de Xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Unha actividade de balde co apoio da Deputación da Coruña.

Pequena clase as 19,00 e partidas dende 19,30.

Ou simplemente para ir botar unhas partidas ata as 20,30.


5 de outubro de 2024

5 de outubro

1143: É recoñecida polo rei Afonso VII a independencia de Portugal a través do Tratado de Zamora.

3 de outubro de 2024

2 de outubro de 2024

1 de outubro de 2024