9 de novembro de 2014

Inicio de Delirios e certezas

Delirios e certezas
Chiquita Barreto Burgos

Escribo, porque ao facelo recoñézome, perdóome e acompáñome.      
Ana Chassini      

A nena do violín

Teresa traballaba coa familia León desde o dezaoito anos. Había vinte. Pagábanlle ben. Tratábanlle ben.

Até lle compraron un terreo e axudáronlle a construír unha casiña, para que tivese un teito onde gorecerse do orballo do outono dos anos e non se humedecese de congoxa as súas hábiles mans nin se nublara polo desamparo a súa eficiencia doméstica.
           
Era como da familia.

Con todo, Teresa gardáballe á súa patroa un profundo rancor, como un río subterráneo, hábilmente disimulado en comidiñas de enfermos e tes preparados con veneración case amorosa á señora eternamente indisposta e irrealmente fermosa.
           
A dous anos de traballar na casa, Teresa tivo un amante, o único da súa vida: foi un romance ás escuras, porque o home chegaba e íase na penumbra, e só lle deixaba o rumoreo da súa voz nas telarañas do soño, o seu cheiro vagando no cuarto e o manancial leitoso entre as pernas.
           
A patroa albiscou algo no andar durmido de Teresa e unha madrugada, cando o visitante nocturno saía sixiloso polo longo corredor escuro, a señora disparou un tiro ao aire e as visitas terminaron para sempre.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.