29 de xuño de 2024

29 de xuño

67: Morre San Pedro, o primeiro Papa.

1900: Nace Antoine de Saint-Exupéry, escritor francés e aviador.

1929: Alexander Fleming descobre a penicilina.

28 de xuño de 2024

Hoxe, Torneo de Rápidas

Dentro das tardes de xadrez que estamos a levar a cabo esta semana hoxe toca o último, que será cun ritmo máis calmado.

Lembramos de novo que a próxima semana temos no Sporting Club Casino a Copa González March de xadrez standard.

27 de xuño de 2024

Aforismos de Leonardo

600.- O lume, contento de atopar madeiros no fogar, achegouse a eles e deu en divertirse, tecéndolles un veo de pequenas chamas por entre os ocos que deixaban. E así, gozoso e festivo, aparecía aquí e alá, seguindo o seu camiño polas alegres xanelas que el mesmo se abría. 

26 de xuño de 2024

Tardes de xadrez

Lembramos que estas tardes seguimos con xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Como non todo vai ser fútbol como amosan os nosos "clicks", todos os interesados poden vir de 18,00 a 21,00 a sala a botar unhas partidas (temos torneos lóstrego ás 19,00).

O venres o torneo será un pouco mais longo e lembramos que a próxima semana temos un torneo de lentas no Spoting Club Casino.

25 de xuño de 2024

5.000 ENTRADAS

Coa publicación de hoxe chegamos a 5000 publicacións.

O espazo, tal cual coñecemos hoxe, naceu o 18 de outubro de 2010 como herdeiro dun anterior que durou uns meses e a día de hoxe levamos unhas 250.000 visitas.

Grazas por seguir as nosas publicacións!

24 de xuño de 2024

24 de xuño

1894: Creación do Comité Olímpico Internacional en París, polo barón Pierre de Coubertin.

1907: Nace Xaquín Lorenzo, na cidade de Ourense.

1927: Joaquín Loriga Taboada aterra co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), sendo a primeira aeronave que o fai en Galiza.



22 de xuño de 2024

22 de xuño

1808: Sae o primeiro número do xornal Diario de La Coruña por iniciativa da Junta Suprema de Galicia e dirixido por Manuel Pardo de Andrade.

1872: Morre Juana de Vega.

1956: En Buenos Aires créase a Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (AGUEA). En 2021 fúndase unha entidade de igoal nome na Coruña.


21 de xuño de 2024

Actividade pola semana de San Pedro

Como xa fixemos o ano pasado despois de San Xoan imos facer unhas actividades polo San Pedro.

E para os curiosos sobre porque celebramos este día, aínda que actualmente só en poucas localidades teñan estas festas, foron das máis populares de Galicia, un pouco como continuación de San Xoan; acendíanse fogueiras nas romarías. Como no caso de San Xoan, unha vez feita a cacharela habia que saltar por riba dela. Na Coruña perviviu como actividade importante durante a primeira metade do século XX, pero desapareceron logo. Os coruñeses tiñan dous sitios principais para ir de romaría; a Nos ou a Visma (ambos sitios con San Pedro como patrón).

Actividades para estes días de balde e no Centro Comercial Los Rosales co apoio da Deputación da Coruña:

MARTES 25, MÉRCORES 26 E XOVES 27 DE XUÑO

Estaremos de 18,00 en adiante para que a xente bote partidas de xadrez libremente e realizaremos torneo lóstrego ás 19,00. 

Ademais cada día teremos algún xogo de mesa distinto e montaremos algún mobiliario novo.

VENRES 28 DE XUÑO

Torneo a ritmo mais lento... 15 minutos finish. Partidas a 18,00, 18,30, 19,00, 19,30 e 20,00.

Para o gañador deste torneo, si que teremos como premio un trofeo.

Nos próximos días iremos dando mais datos.

20 de xuño de 2024

Aforismos de Leonardo

599.- Habendo así convertido os intersticios por onde introducía o seu alento en alegres xanelas para o seu uso, iluminaba, co brillo das rutilantes faíscas que iluminaba, co brillo das rutilantes faíscas que despedía o espazo da pechada cociña, disipando a escuridade que a entenebrecía. As chamas, desbordando ao fin, mesturábanse co aire circundante e mostraban o seu xúbilo cantando con doces murmurios de suaves sons... 

19 de xuño de 2024

Relacións coas illas británicas

...Xesús Taboada Chivite, na Addenda et Corrigenda que puxo ao volume da Prehistoria de Florentino López Cuevillas, o III da Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo, ao tratar das relacións de Galicia coas illas Británicas no Paleolítico afirma a existencia desas comunicacións: "Ó seu tempo falamos dá investigación aitual encol dunha posibel navegación oceánica xa non Paleolítico. As probas das relacións marítimas non Megalítico acrecentase a cotío. Estudos modernos proban con abondosa documentación a espansión cultural certa todo ó longo do oucidente europeo dende Escandinavia ó Norte de África. O mesmo Cuevillas ó combater a Gordon Childe, quen, advertindo as semellanzas dos vasos eneolíticos portugueses coa cerámica A2 de Inglaterra, a escocesa de Beacharra e cos adornos de paxaros de auga de Cournall e Gales, matinaba en infruencias armoricáns. Insiste en contaitos direitos antre ou Suroeste británico e o noroeste peninsular. O achádego de mazas, aixadas de pedra con perforacións centraes da Serra Faladoira, Mariñas e Parada de Alperiz; machado ou arma de Monte Córdoba, puñal de sílex tipo nórdico, como o de Cela, semellanza dous testes cerámicos e outras similitudes ás que fai pouco referíase H. Breuil, apoian istas relacións...

18 de xuño de 2024

Torneo Merino

Hoxe non temos actividade, pero publicaremos este xoves as diferentes accións para a vindeira semana.

Lembramos que o venres acolleremos o Torneo Ludo - Merino, celebrado na data na que naceron tanto o xogador como o club.


17 de xuño de 2024

Unha foto da cidade

O entorno da torre cambiou moito nos últimos anos.

A foto é de 1955.

Sabes para que servía o edificio xusto ao lado da Torre?


15 de xuño de 2024

Copa González March

Tras o cambio realizado a principio da presente temporada 2023-2024 coa reforma da Copa González March, seguimos a facer algúns cambios nesta proba, mantendo o proxecto de facer no futuro torneos maiores no Sporting Club Casino.

Copa González March, organizada polo Sporting Club Casino e Palaestra con cargo aos seus propios orzamentos, segue na liña de recuperar torneos de lentas, lembrando aos torneos Cidade da Coruña, Teresa Herrera ou Open Provincial que se celebraron no último tercio do século XX nas nosas instalacións.

O torneo pasa a celebrarse no mes de xullo, o tradicional nas probas indicadas, e no mes de setembro coordinaremos cunha nova proba de lentas realizada pola Universidade.

BASES COPA GONZALEZ MARCH 2024

Organizan: Sporting Club Casino e SCD Palaestra.

Datas: Do luns 1 ao venres 5 de xullo de 2024.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 18,30. Horario das partidas: 19,00 horas.

Local de xogo: Sporting Club Casino. Real 83 – A Coruña. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: Venres 5 de xullo as 21,30 horas aproximadamente. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

1. Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

2. Haberá un máximo de 32 participantes.

3. Reservado a xogadores con ELO inferior a 2400.

Inscricións:

A cota será de 20 euros (para aqueles que participen no torneo da Universidade a cota do segundo torneo será bonificada nun 10%). 

Os socios do Sporting Club Casino e de Palaestra terán bonificada a cota nun 50%.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 30 de xuño ou ata que se complete o aforo previsto.

Ata o día 15 terán preferencia na inscrición os xogadores federados polo Sporting Club Casino.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Desempates: a sortear tras a derradeira rolda entre criterios escollidos na primeira rolda. 

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado socio do Sporting Club Casino: Trofeo e 20 euros.

E obrigatoria a presencia na clausura para recoller o premio. 

Director do torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: As decisións arbitrais tomadas polo árbitro principal ou polo director do torneo como auxiliar poderán ser reclamadas ante o Comité de Competición formado polo director, o árbitro e tres xogadores escollidos por sorteo, dos cales un será membro do equipo federado do Sporting Club Casino.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades para as horas previas en cada unha das roldas.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou ben abandoen o torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito a modificar as bases do torneo sen outro requisito que a súa publicación na web.


14 de xuño de 2024

Torneo Merino

Dentro dunha semana no Centro Comercial Los Rosales imos acoller un torneo valedeiro para ELO FIDE, será o Torneo Merino, organizado polo Club Ludo e que este ano realizará o torneo no noso espazo.

Como normalmente nosn organizamos torneos válidos para ELO FIDE pode ser una boa oportunidade para algúns de xogar un torneo "serio".

Información en: www.clubludo.com www.clubludo.com 

13 de xuño de 2024

Aforismos de Leonardo

598.- E ocorreu entón que o lume, invadindo os secos madeiros postos sobre el, comezou a elevarse, desaloxando o aire dos intervalos que os separaban e deslizándose por estes con alegres e juguetones movementos. 

12 de xuño de 2024

Historia da Coruña

...será o porto de Brigantia, máis tarde o Burgo de Faro e máis adiante o Vello Burgo de Faro, para terminar chamándose A Coruña, o porto por excelencia das relacións marítimas de España coas Illas Británicas; e non hai razón algunha para pensar que, se empezaron estas comunicacións nos lonxanos tempos da Prehistoria, non o fose tamén nos da Historia, pois foi entón cando iniciaron esas comunicacións das que temos algunha noticia pola Arqueoloxía e a Antropoloxía máis que pola Historia propiamente dita...


11 de xuño de 2024

Xadrez nos Rosales

Nesta semana estaremos de descanso de xadrez, os nosos martes retornarán o 10 de setembro, o día anterior ao inicio do curso escolar.

Pero como xa vimos advertindo durante o verán non baixamos as actividades; mais ao contrario son incrementadas pero concentradas en menos días.

Permancede atentos as nosas webs ou redes sociais.

E aqui traemos os resultados do torneo do último martes:

1 GONZALO, 4 4 14.0 13.5 7.5
2 ETHAN, 4 4 10.0 11.5 7.5
3 MARCO, 4 3 11.0 14.5 8.5
4 MANUEL, 3 2 7.0 9.5 6.0
5 NUNO, 2 2 9.0 12.0 8.0
6 ALEX, 2 2 6.0 12.5 8.5
7 SERGIO, 1 1 3.0 14.0 10.0
8 GABRIEL, 0 0 0.0 12.5 6.5

10 de xuño de 2024

Foto da Coruña

Se es da Coruña seguro sabes onde é este sitio.
Pero...
Botas algo en falta?
Sabes que negocios estiveron nas dúas esquinas moito tempo?
E... sabes que o nome que lle damos non aparece no rueiro?

8 de xuño de 2024

Resultados Torneo de Primavera

Ao final tivemos 61 xogadores, un por riba do máximo que tíñamos estipulado.
O próximo torneo de tanta participación será xa o de Nadal e previamente o Centro Comercial Los Rosales acollería en novembro o Torneo de Outono do CIDU.
Ata entón, os torneos que realicemos en Los Rosales estarán limitados a 32 xogadores.
Aqui tedes as clasificacións, destacados os que levaron trofeos: 

CATEGORIA SUB 8

1 Nuno Moro 5 puntos
2 Jorge Abellán 4 puntos
3 Pedro Trabado 2,5 puntos
4 Adrián Álvarez 2 puntos
5. Mario Costa 1 punto
6. Liam Albor 0,5 puntos



CATEGORIA SUB10
1    HUGO BOQUETE,          1516     5        15.0         5     8.0  14.0
2    DENYS DEMIDOV,                  4        10.0         4     6.0  11.0
3    EMMA ETTERBEEK,        1438     3        11.0         3    10.0  15.0
4    ARIADNA LOPEZ,         1454     3         9.0         3     8.0  14.0
5    IKER LANDEIRA,                  3         8.0         3     7.0  12.0
6    MAR RODRIGUEZ,                  2         7.0         2     8.0  14.0
7    SABELA CASTELO,                 2         6.0         2     6.0  11.0
8    YAGO,                           2         5.0         2     6.0  11.0
9    HUGO BURGOS,                    1         4.0         1     7.0  11.0
10   TELMO,                          0         0.0         0     7.0  12.0



CATEGORÍA SUB 12

1    MARCO MARCOTE,           1507     5        15.0         5     7.5  13.0
2    XABIER CAÑÁS,            1525     3.5      10.0         3     7.0  12.0
3    ZOE RODRIGUEZ,           1448     3         9.5         2     7.5  11.0
4    ADRIAN FERNANDEZ,                 3         9.0         3     7.5  14.5
5    ANTONIO TRABADO,                  2.5       5.5         2     8.0  13.0
6    XAN BOUZA,                        2         8.0         2     7.0  14.0
7    DIEGO GONZALEZ,          1474     2         7.0         2     7.0  12.5
8    IKER ALBOR,                       2         6.0         2     7.5  12.5
9    LUCIA CASTELO,                    2         5.0         2     6.5   9.5
10   ALEX ESPERON,                     0         0.0         0     7.5  13.0


CATEGORIA ABSOLUTA E SUB14

1    ANDREA HERNANDEZ,             1750     5        15.0         5     8.5  14.0
2    JOSE FERNANDEZ OTERO,         1872     4        14.0         4     9.5  16.5
3    JORGE RODRIGUEZ,              2117     4        13.0         4     9.5  17.0
4    GONZALO LÓPEZ,          S14   1630     4        13.0         4     8.0  14.0
5    ALEX LOPEZ,             S14   1618     4        11.0         4     8.5  13.5
6    DANIEL CODESIDO,              1781     3.5      11.5         3     7.5  13.5
7    JOSE LUIS CASTELO,            1587     3.5      11.0         3     8.0  12.0
8    ALBERTO SÁNCHEZ,              1762     3.5      10.0         3     8.0  12.5
9    ESTEBAN FIDALGO,              1771     3        10.0         3     9.5  14.5
10   DAVID PÉREZ,                  1759     3         9.0         3     9.0  15.0
11   JOSÉ MANUEL ANDIÓN,           1530     3         9.0         3     8.0  13.0
12   FÉLIX GONZÁLEZ,                        3         9.0         3     8.0  12.5
13   PABLO ESPÁRRAGO,              1546     3         8.5         2     5.5   8.5
14   RAMIRO DEL VALLE,             1624     3         8.0         3     6.5  11.5
15   FERNANDO ANIDO,                        3         8.0         2     8.0  14.0
16   DAVID NOVO,                   1447     3         6.0         3     5.0   8.5
17   LUIS MIGUEL SINEIRO,          1718     2.5      10.0         2    10.0  17.0
18   JULIO TRAVESO,                1570     2.5       9.0         2     8.5  13.0
19   SERGIO RAMOS,           S14            2         9.0         1     8.0  15.5
20   CARLOS ALBERTO OSORIO,        1657     2         8.0         2     8.0  13.5
21   OLIVER SANCHEZ,         S14   1498     2         6.5         1     9.5  14.5
22   ADRIÁN QUEVEDO,                        2         6.0         2     7.0  10.0
23   ROBERTO SERRANO,              1684     2         6.0         2     2.5   6.5
24   JUAN CARLOS BANDE,                     2         5.0         2     8.0  11.0
25   LUIS MIGUEL BURGOS,           1510     2         5.0         2     7.0  12.5
26   FÉLIX GARCÍA,                          2         4.0         2     4.0   9.5
27   ADOLFO DE LA PEÑA,            1596     2         3.0         2     5.5   9.5
28   MARIO COUTO,                           2         3.0         2     4.0   8.5
29   JACINTO FERNANDEZ,                     1.5       5.5         1     7.5  13.0
30   JULIO CAÑÁS,                  1490     1         4.0         1     7.0  12.0
31   NICOLÁS CAAMAÑO,        S14            1         4.0         1     6.5  11.5
32   GABRIEL GUNTÍN,                        1         3.0         1     7.5  12.5
33   SERGIO FERNANDEZ,       S14            1         1.0         0     7.5  12.5
34   ERIC YÁÑEZ,             S14            0         0.0         0     7.0  12.5
35   MIGUEL CINTADO,               1695     0         0.0         0     2.5   2.5

Grazas a todos por participar e ata a próxima!

7 de xuño de 2024

7 de xuño

1640: Morre na Coruña o gran xeneral Antonio de Oquendo, que nos desvarios previos non paraba de gritar como se estivese nunha guerra.


6 de xuño de 2024

6 de xuño

1944: A Batalla da Normandia comeza, na Segunda Guerra Mundial, co desembarco de tropas aliadas

4 de xuño de 2024

4 de xuño

1940: Segunda Guerra Mundial: forzas alemás entran en París.

1944: Tropas aliadas entran en Roma, primeira capital do Eixe en ser tomada.


3 de xuño de 2024

3 de xuño

1806: O buque Centella cerca de Viveiro aborda a un dos barcos corsarios ingleses que estaban acosando mercantes.

1 de xuño de 2024

Luis Seoane

Hoxe Luis Seoane tería cumpridos 114 anos. 
Foi un dos grandes artistas e intelectuais de Galicia.
Unha boa excusa para achegarse ao Museo Carlos Maside (se hai sorte) ou a Fundación que leva o seu nome.

Para alguén que teorizou sobre a museoloxía, non tivo moita sorte coas institucións que deberan lembralo.