7 de novembro de 2014

Inicio de Pingüins e parafina

Pingüíns e Parafina

O outro día deixou de funcionar a caldeira de gasóleo. Doce baixo cero. Un frío de collóns. Nin auga quente, nin calefacción, nin nada. Siberia en versión doméstica, e eu clavadiño ao doutor Zhivago, con carámbanos nas pestanas. Así que chamei a Ramón, o fontaneiro. Ramón é un amigo, e acudiu presto coa súa caixa de ferramentas e o seu mono azul -Ramón é un clásico- disposto a rescatarme do Gulag.
Hai gasóleo no depósito?, preguntou ao chegar. Mil litros, respondín. Pois vai ser o filtro, diagnosticou mentres afrouxaba porcas e xuntas. Despois ensinoume o filtro, cheo dunha substancia xelatinosa. Parafina, sentenciou. O gasóleo ten parafina, o frío a espesa, o filtro se obstrúe e a caldeira párase. E que fan en Finlandia?, preguntei. Ramón recollía os seus bártulos. Isto non é Finlandia, comentou. Aquilo é un sitio serio. Cuamo ao distribuidor local de gasóleo.
Que pasa coa parafina, digo, tirándome o pegote en plan experto en hidrocarburos. Que teño media ducia de pingüíns xogando ao mus no tresillo. Pois mire, infórmame unha señora ou señorita. Nós somos axentes e servimos o gasóleo tal e como vén. Seguro?, pregunto. Palabriña do neno xesús, responde. A cantidade de parafina non é cousa nosa. Información de Telefónica. Ring, ring. Distribuidor nacional. Atención ao cliente. Ring, ring. Non, dinme. Aquí é para o butano. Chame a tal. Máis ring, ring. Contestan en tal. Non, mire, aquí atendemos aos do propano. Chame ao teléfono cal. Ring, ring. Teléfono cal.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.