VERSOS LUMINOSOS
Ninguén imaxinaría que a señora Avis Lardner fose capaz de cometer un
asasinato. Viúva do gran mártir astronauta, era filántropa, coleccionista de arte,
magnífica anfitrioa e -todos conviñan niso- un xenio artístico. Pero
ante todo era o ser humano máis tenro e xentil que un podía imaxinar.
O seu esposo William J. Lardner pereceu, como todos sabemos, polos efectos da
radiación dunha explosión solar, despois de quedarse no espazo para que
unha nave de pasaxeiros puidese chegar á Estación Espacial 5.
A señora Lardner recibiu unha xenerosa pensión por iso e investiuna con prudencia
e bo tino. Na súa madurez amasara unha gran fortuna.
A súa casa era unha exposición, un auténtico museo que contiña unha pequena, pero
moi selecta colección de bellísimas xemas.
Obtivera reliquias procedentes
de diversas culturas, toda clase de obxectos enxoiados que pertenceron á
aristocracia desas culturas. Posuía un dos primeiros reloxos de pulseira
manufacturados en Estados Unidos, unha daga enxoiada de Cambodia, un par
de lentes de Italia, e un longo etcétera case interminable.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.