Texto de Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) tal día como hoxe, 20 de xaneiro, de 1949.
Tiña 16 anos recén feitos cando coñecín a aquel por quen me paga a pena ter nacido. Acórdaseme ben, que era o día de San Roque. E cada vez que acode á miña mente o baile daquel día no adro da Capela, arreguízaseme o sangue e sinto que me toma todo o corpo un aire ou cousa leve que me deixa por dentro moito gozo e tamén moita tristeza.
Vai para catro anos que me puxeron a existencia mesmo ás beiras da morte, e hai xa tres que me meteron a servir neste convento de Belvís, non sei por qué motivo.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.