13 de xaneiro de 2014

Fragmento de Pensa Nao, de Anxo Angueira

Fragmento de Pensa Nao, de Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961.

-Os pobres de Cais comen pantrigo, Camoiras.
-Comerán. Pero non beben viño, meu amigo Somociña. Anda, pasa e bótalle un chopo connosco.
-Correr ha de correr ben, pero, digo eu, ¿el non correría mellor aínda que nada máis fora con algo de broa?
O Somociña vén de facer o serán no Souto con outros vellos e entra na galería. Sentados arredor da mesa están con Camoiras o da Pedra e o Lampaio, que veñen de mirar pola malladora e que lle contan a Roiz, de pé, fumando un xaruto e tusindo, cómo lles foi na viaxe. Ilduara anda remexendo no gramófono, nos discos novos que seu irmán trougo de Santiago.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.