Sabía que se estaba volvendo tolo.
Balanceouse de adiante atrás coa
cabeza entre as mans, pero a cousa non mellorou. Probablemente non ía mellorar con nada.
Na pantalla de 3D, o Coronel Gains volvía á Terra, Pasaran
dez días, e a súa nave -ese pequeno e dourado punto brillante que se vía no
ceo e que chegaba no momento predeterminado- acababa de atravesar
as nubes.
Cramer estaba no outro lado da sala de recreación cando sentiu algo -algo que lle fixo virar como movido por un imán- e a revista que estaba a mirar caéuselle das mans. Sentía atraído irresistiblemente
cara ao 3D, sen ningunha razón, como un peixe atrapado por un anzol
invisible. E alguén estaba a recoller a liña.
As caras ao redor del
se desdebuxaban, e os sons que enchían o salón fundíanse nun
só e longo aullido con eco. Os paneis luminosos do tedio prendíanse e
apagaban coma se transmitisen unha mensaxe en clave, e logo alargábanse
formando saetas de luz que viraban e cruzaban a habitación.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.