24 de xaneiro de 2014

Inicio de Un cheiro a mundo

José Luís Garci 
UN CHEIRO A MUNDO 

O estraño artefacto que, ás veces, daba a impresión de ser cadrado e que, un segundo máis tarde, parecía completamente redondo (cando non as dúas cousas á vez), foi descendendo suavemente, sen facer ningún ruído, nunha pequena meseta. Amencía lentamente. Xunto á raia do horizonte, un horizonte de cor indefinida - como todos os horizontes -, ducias de homes, que cubrían os seus corpos con peles de animais, traballaban, moi primariamente, a terra. Detrás deles, uns cans e uns asnos axudaban. 
E en todos, nos homes e nas bestas, reflectíase o aburrimento e a fatiga, e até unha certa tristeza. Iba calor. Unha calor que empezara había xa un bo número de días e de noites. Era a calor árida, pegañenta, que trituraba as gorxas ata que eran regadas mil veces, para volver logo a triturarlas; era a calor do verán. E o aíre do verán, co seu sabor morno e doce. E o sol do verán, un disco completamente branco, cos seus raios compactos, perfectamente paralelos e cegadores. E a claridade do verán, que penetraba nas paredes, e nas camas, e até no fondo dos ríos.
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.