1 de xaneiro de 2014
Fragmento de TEMPOS NOVOS de Ricardo Carballo Calero (A Xente na Barreira)
Moito cambearan os tempos e moito cambearan as xentes e moito reveran as distancias. Os que nacerán na casa petrucial da Barreira a baixar, e os outros a medrar. Namentres os muros da casa de don Ramón Frade moureaban, erguíanse casas caleadas, e xuntaban as terriñas os que sempre traballaran as alleas. A carreteira deixara bos cartos a todos os que nila traballaran. De Cuba ou de Bos Ares tamén chegaban os froitos do traballo e da fame, ou homes que viñan co desexo de montar un tratiño e non volver a cavar na térra. A Barreira, pechada nos invernos, enchíase no vran cos moitos fillos de don Alvaro e os convidados que traguían con iles; mais as goteiras podrían os faiados, e as térras lonxanas que outrora foran da casa ían pasando a outros donos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.