17 de xaneiro de 2014

FERNÁN VELHO [B 1504]

FERNÁN VELHO [B 1504]

María Pérez se maenfestou
noutro día, ca por mui pecador
se sentiu, e log'a Nostro Senhor
pormeteu, polo mal en que andou,
que tevess'un clérig'a seu poder,
polos pecados que lhi faz fazer
o Demo, con que x'ela sempr'andou.

Maenfestou-se, ca diz que s'achou
pecador muit', e por én rogador
foi log'a Deus, ca teve por melhor
de guardar a el ca o que aguardou;
e, mentre viva, diz que quer teer
un clérigo con que se defender
possa do Demo, que sempre guardou.

E pois que ben seus pecados catou,
de sa morte houv'ela gran pavor
e d'esmolnar houv'ela gran sabor;
e logu'entón un clérigo filhou
e deu-lh'a cama en que sol jazer,
e diz que o terrá, mentre viver;
e est'afán todo por Deus filhou!

E pois que s'este preito começou
antr'eles ambos, houve grand'amor
antr'ela sempr'e o Demo maior,
ata que se Balteira confessou;
mais, pois que viu o clérigo caer
antr'eles ambos, houvi-a perder
o Demo, des que s'ela confessou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario