
Trátase dun escritor exitoso e excepcionalmente prolífico coñecido polas súas obras de ciencia ficción, historia e divulgación científica.
-Querida, onde está Jimmy? -preguntou o señor Anderson.
-Fóra, no cráter -dixo a señora Anderson-. Non te preocupes por el. Está
con Robutt... Chegou xa?
-Si. Está a pasar as probas na estación de foguetes. Xúroche que me custou moito conterme e non ir velo. Non vin ningún desde que abandonei a Terra hai xa quince anos..., deixando aparte os das películas, claro.
-Jimmy nunca viu ningún -dixo a señora Anderson.
-Porque naceu na lúa e non pode visitar a Terra. Por iso fixen traer un aquí. Creo que é o primeiro que vén á Lúa.
-Si, o seu prezo demóstrao -dixo a señora Anderson lanzando un suave suspiro.
-Manter a Robutt tampouco resulta barato, querida -dixo o señor Anderson.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.