María Santos pechou os ollos, afrouxou o corpo, acomodou as costas contra o brando tronco da árbore. Estábase ben alí, á sombra daquelas follas transparentes que filtraban a luz avermellada do sol.
Carlos, o xenro, non podía facerlle un agasallo mellor para o seu aniversario. Todo o día anterior traballara Carlos, limpando de malezas o lugar onde crecía a árbore. E fixera o sacrificio de madrugar aínda máis temperán que de costume para que, cando ela levantara, atopase instalado o banco ao pé da árbore.
María Santos sorriu agradecida; o tronco parecía rugoso e áspero, pero era suave, cedía á menor presión coma se estivese recheo de plumas.
Carlos tivera unha gran idea cando se lle ocorreu plantalo alí, ao bordo do sementado.
...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.