10 de xaneiro de 2014

FERNÁN SOÁREZ DE QUINHONES [B 1553]

FERNÁN SOÁREZ DE QUINHONES [B 1553]

Ai, amor, amore de Pero Cantone,
que amor tan saboroso e sen tapone!

Que amor tan viçoso e tan são,
quen o podesse teer ata o verão!

Máis valría que amor de Chorrichão
nen de Martín Gonçálvez Zorzelhone.
Ai, amor, amore de Pero Cantone,
que amor tan saboroso e sen tapone!

Que amor tan delgado e tan frío,
mais non creo que dure ata o estío,
ca atal era outr'amor de meu tío,
que se botou ha pouca de sazone.

Ai, amor, amore de Pero Cantone,
que amor tan saboroso e sen tapone!

Que amor tan pontoso, se cuidades;
fazer-vos-á chorar, se o gostades,
e semelhar-vos-á, se o provades,
amor de Don Palaio de Gordone.

Ai, amor, amore de Pero Cantone,
que amor tan saboroso e sen tapone!

Que amor tan astroso e tan delgado;
quen o tevesse'un ano soterrado!
Aquel fora en bõo ponto nado
que depois houvesse del bõa bençone.

Ai, amor, amore de Pero Cantone,
que amor tan saboroso e sen tapone!

Que amor tan astros'e tan pungente,
quen o podess'haver en remordente!
Máis valría que amor dun meu parente,
que mora muito cerca de Leone.

Ai, amor, amore de Pero Cantone,
que amor tan saboroso e sen tapone!


Ningún comentario:

Publicar un comentario