29 de xaneiro de 2014

Fragmento de Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro.

Texto de Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931.


Gregorio era republicano. Iso era polo menos o que dicía o crego, don Xenaro. "Non pode ser outra cousa sendo, como é, un Xirandón. Lévano no sangue. Xente aguda e de boa madeira, pero as ideas fanos camiñar por onde non deben."
—¿Non dirá que Gregorio é unha mala persoa? -preguntábanlle cando tal afirmaba.
—Non -respondía-. Eu non digo iso. Eu só digo que as ideas o traicionan. E iso xa lle ocorría ó seu pai.

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario