14 de xaneiro de 2014

Fragmento de "Anagnórise" de María Victoria Moreno

María Victoria Moreno, nada en 1941 en Valencia de Alcántara (Cáceres) e finada en Pontevedra no 2005, foi unha mestra e escritora.

Ás veces, e non dou entendido por que pasa iso, ti sabes onde estás, ou que horas son, ou quen fala contigo, pero vaiche outra idea pola cabeza e desde esa idea vas interpretando todo o que ves. Ou sexa, é coma se estiveses noutro sitio, coma se fosen outras as horas ou coma se falases con outra persoa. E isto era o que me ocorría a min desde que me vin lonxe do mosteiro e comprendín que xa non habería máis oportunidades de parar e botar un tempo fóra do coche. Sabía, non ía saber, que iamos a Madrid, que fixeramos xa moitos quilómetros, que de cada pouco estabamos máis arredados da casa... Sabía todo isto, pero os meus pensamentos ían por outro lado e ó ver avanza-lo coche, que agora ía mangado, eu tiña a sensación de que voltabamos para a casa. E tódalas cousas nas que reparaba, tanto as que imaxinaba neste engano teimoso coma as que osmaba ó acordar, eran incertas, cambiantes no seu ser e fuxidías. Eu mesmo me convertera nun descoñecido. Era xa un novelista, despois de ter pasado tantas follas do libro da vida nun só día?

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.