4 de outubro de 2013

Inicio de O DETALLE

Jack Weaver saía das entrañas de Multivac con aspecto rendido e desgustado.
Desde o taburete, onde continuaba co seu estólida vixilancia, Todd Nemerson preguntou:
- Nada?
- Nada -respondeu Weaver-. Nada, nada, nada. Ninguén pode achar a menor anormalidade.
- Salvo a de que non funciona, quererás dicir.
- De pouco sérvesnos, sentado aí!
- Estou a pensar.
- Pensando! -Weaver mostrou un cairo nun ángulo da boca.
Nemerson axitouse impaciente no taburete.
- Por que non? Hai seis equipos de técnicos en computadoras indo e vindo polos corredores de Multivac. E en tres días non conseguiron ningún resultado. Non podedes prescindir dunha persoa polo menos para que se dedique a pensar?
- Non é cuestión de pensar. Habemos de mirar. En algures haberá un relé atrancado.
- Non é tan sinxelo, Jack!
- Quen di que sexa sinxelo? Sabes cantos millóns de relés temos aí?
...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.